Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Iago, dos Mordecáns

“A gañadora non a vimos como unha canción do verán”

Foron o segundo grupo clasificado da segunda edición de A Polo Ghit co tema O son do Son.

Redacción - 10:53 25/08/2007

Son do Son e así se chama precisamente o tema co que conseguiron o segundo posto do A Polo Ghit 2007. Os Mordecáns presentaron ao concurso unha canción que xa levaba case un ano de rodaxe en Porto do Son, de onde proceden os seus integrantes, Víctor e Iago. Este último falou para Vieiros sobre a súa participación no certame.

Vieiros: Como vos sentistes ao saber que erades os segundos clasificados?

Iago: Ben. Sempre é unha alegría quedar de segundos, que se valore o noso traballo. Custounos bastante gravar, por algúns problemas que houbo. Estamos contentos, pero non estamos de acordo coa clasificación final, que nos soou un pouco raro.

V: En que senso?

I: A canción gañadora pareceunos un pouco fóra do que se buscaba para a canción do verán. Tanto nós coma outros grupos pensamos o mesmo. Tiña bastante carga política. É unha boa canción, pero non a vemos como para unha canción do verán. Pero é o que hai.

V: Contabades con quedar de segundos?

I: Para nós, o feito de entrar nos dez finalistas, xa foi un logro, porque nos presentamos a última hora. Non sabiamos se ía dar tempo a entregala. E, quedar de segundos, xa nin o soñabamos.

V: Como valorades o nivel musical das cancións que se presentaron este ano?

I: Houbo de todo. Cancións moi boas e moita trapallada, o que lle quita un pouco de prestixio á cousa. Por exemplo, sorprendeume que non pasasen algúns candidatos, como O socorrista. Hai grupos que utilizan o concurso para promocionarse sen teren en conta que hai que facer unha canción do verán.

V: A canción que presentastes xa a crearades hai un ano, non?

I: O son do Son xa a fixemos a finais do verán pasado, cunha gravación moi caseira. Testámola aquí (no Son) e deu resultado. Así que decidimos enviala ao concurso.

V: Tedes máis temas?

I: O grupo comezou con esta canción. Estamos traballando a ver se o ano que vén podemos sacar un disquiño, pero en plan caseiro, non unha gravación profesional. E esperamos volvernos presentar.


3,38/5 (8 votos)


Comentarios (2)

teixugo #1 27/Agosto/2007 teixugo

Canção aflamencada de muito mau gosto.

galeguzo #2 27/Agosto/2007 galeguzo

100% de acordo no que dizem aqui: "Hai grupos que utilizan o concurso para promocionarse sen teren en conta que hai que facer unha canción do verán".

Para promocionar grupos deveria haver outras iniciativas, cuido. Mas, seja como for, o certo é que o A Polo Ghit está-nos servindo para conhecermos grupos que, na sua maioria, nem sabíamos que existiam.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: