Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Afirma a voceira do goberno vasco

"A principal eiva para debater sobre a independencia de Euskal Herria é a ETA"

Miren Azkarate fixo esta reflexión en Montreal, no seminario 'Pequenas nacións: nacionalismo, recoñecemento e autonomía'.

Redacción - 11:21 27/08/2007

A portavoz do goberno vasco e conselleira de Cultura, Miren Azkarate, considera "evidente" que a ETA, "coa súa persistencia na violencia é un obstáculo para que a sociedade vasca decida en paz e liberdade o seu futuro". "Falar de soberanía, autogoberno e mesmo de independencia é lexítimo e democrático, e está presente en diversas nacións e sociedades de occidente", afirmou.

Azkarate fixo estas reflexións en Montreal, onde participou como relatora no seminario Pequenas nacións: nacionalismo, recoñecemento e autonomía, organizado polo Grupo de Investigación sobre sociedades plurinacionais (GRSP, Groupe de recherche sur les sociétés plurinationales) e organizado no marco dos Cursos de Verán de Montreal do Institut du Nouveau Monde na Universidade de Quebec.

A conselleira disertou, entre outros temas, sobre o lugar e encaixe das pequenas nacións nun mundo globalizado, a denominada "adaptación razoábel" da nova emigración no contexto do Quebec, a relación desta provincia con Canadá e "as experiencias de Euskal Herria, Escocia, Cataluña e as nacións de Bélxica".

Dereitos históricos preexistentes á Constitución
Neste senso, dixo que era "evidente" que a ETA, "coa súa persistencia na violencia, é un obstáculo para que a sociedade vasca decida en paz e liberdade o seu futuro". "Dito doutro xeito, a ETA, unha organización que practica a violencia, é unha rémora de tempos pasados, e politicamente constitúese en inimigo da capacidade de decisión de Euskal Herria", precisou.

"En Euskadi hai un problema político derivado do non recoñecemento da existencia dunha nación diferenciada", sinalou e manifestou que se trata dun "suxeito político ao que lle corresponden uns dereitos históricos preexistentes á propia Constitución".

Ademais de Miren Azkarate, acudiron a Montreal a ministra-presidenta da comunidade francesa de Bélxica, Marie Area; o ex parlamentario do SNP e ex presidente do parlamento de Escocia, George Reid; e o presidente do Centro UNESCO de Cataluña, Félix Martí, así como os máximos dirixentes do Partido Quebecois e da Alianza Democrática de Québec.


4,5/5 (4 votos)

Comentarios (13)

guillerme #1 27/Agosto/2007 guillerme

O goberno vasco non pode botarlle a culpa a ETA (iso é o que fan os españois), se queren facer un referendo pola independencia poden, teñen o goberno e son capaces de asegurarse unhas eleccións democráticas.

Ademais ETA perdería toda lexitimidade se o goberno vasco levara a cabo un referendo pola independencia porque este suporía que existe realmente a democracia, pero... realmente alguén cre que se pode levar a cabo un referendo sen a intervención española (exército, policía...)?

xacataca #2 27/Agosto/2007 xacataca

A diferenza residiría en que de producirse un referendo sobre a independencia de Euskadi a lexitimidade do mesmo non sería a mesma de estares a ETA operativa ou de teres renunciado á violencia.

No primeiro caso fose o resultado afirmativo ou negativo, sempre habería quen lle puxese pegas ben por un lado ben polo outro.

No segundo caso non habería dúbida algunha da vontade popular, e gozaría de maior respaldo internacional.

Coido que é, polo menos para min, bastante evidente que o abandono das armas por parte da ETA sería o primeiro e o máis grande chanzo cara a creación do Estado vasco (e xa que logo a apertura do camiño para Galiza, que é o que a min me importa por outra banda)

PD. Até os collóns estou eu do "problema vasco" e dos catro niñatos que integran a puta ETA (e do rol-monicreque que teima en facer Batasuna).

Gaviotero #3 28/Agosto/2007 Gaviotero

En el País Vasco las elecciones no son democráticas. Mientras no desaparezca la violencia etarra y las decenas de miles de exiliados no puedan volver a su tierra, cualquier votación no se estará realizando en ausencia de libertad.

¿Quién va a votar al PP o al PSOE en Hernani con toda una mesa electoral (y los que no son la mesa) informando de tu voto a los del tiro en la nuca?

Además, los vascos no tienen soberanía alguna para convocar votaciones sin la aprobación de las Cortes.

A ver si yo voy a convocar también una votación en mi casa para dejar de pagar impuestos a la Xunta...La legitimidad sería exactamente la misma.

teixugo #4 28/Agosto/2007 teixugo

Ninhada de Ratos!!!!!!

OBSERVADOR #6 28/Agosto/2007 OBSERVADOR

Por que nesses mapas, Sara Mago, aparece a Catalunha e Valência unidas e Galiza e Portugal separadas???

ai, ai, ai...

O_Castrexo #7 31/Agosto/2007 O_Castrexo

Porque son dous proxectos nacionais distintos e porque non existe ningún movemento que queira ou esixa o contrario? Que parvada! A este cada vez lle chove máis e máis e máis...

Algúns nin saben o que é ser galego.

Pregúntome eu por que aparecen Alemaña e Austria separadas ou Italia e Córcega ou os países balcáns falantes de Serbo-Croata separados.

Ese mapa é fiel aos movementos nacionaistas REAIS e ás identidades europeas.

ai, ai, ai, ai...

O_Castrexo #8 31/Agosto/2007 O_Castrexo

Hahahahaha.

Eu xa non sei se rir ou chorar convosco lusistas. Hahaha. Podedes comigo. Eu non sei de parte de quen estades nin o que pretendedes facer coa identidade galega nin si sodes nacionalistas galegos ou non.

Aaaargh. Paso de vós!

djpetrallo #9 4/Setembro/2007 djpetrallo

O unico bo que fixo a ETA foi matar a Blanco, o que indudavelmente ocuparia o lugar de Franco. Apoio o obxeetivo da ETA pero non os medios

BonKarallan #10 4/Setembro/2007 BonKarallan

¡Manda carallo! Os dianteiros. Os que meten os goles.

BonKarallan #11 4/Setembro/2007 BonKarallan

Supoño que che refires a Carrero Branco. Seguramente se el vivise a historia de España fose distinta.

Pero en todo caso, os que ían con el no coche non tiñan a culpa e eu nisos momentos podía estar facendo a "mili".

eugalego #12 6/Setembro/2007 eugalego

ETA é um grupo de assassinos, e sempre digo que é o primeiro obstáculo da lexítima independência de Euscal Herria.

Que dicir da nena valenciana assassinada em 2001, dos dous proletários ecuatorianos de decembro de 2006. Tanto, tanto e tanto sangue inocente derramado. E em Durango poderiam ter matado, o outro dia, tambem máis nenos. E tamem seria intoleravel o assassinato dos guardias civiles.

Paréce-me patético o trato que fam os abertzales dos "presos", coma se fosem heroes cando som assassinos, covardes, escória.

ecoe #13 11/Setembro/2007 ecoe

Só resta probar o que debera ser o principio, que é deixar falar libremente ás poblacións de Euskal Herria. Si o Estado €spañol, que é o ente máis poderoso e determinante (xunto co francés)na situación vasca permitiran a DEMOCRACIA, hoxe e onte -cando a
TRA(NS)ICIÓN (caso de Nafarroa,inconstitucionalidade dos dereitos como o de autodeterminación, que ata o 1977 defendía ata os pesoístas e o Mr. X, Gonzalez, etc, etc, e habería moito aquí que dicir -, o encirramento político e social non existiría.

Agora non vexo outro remedio que voltar a deixar falar ós vascos. Elo fará o principio da fin das VIOLENCIAS!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: