Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Coas negociacións co BNG paralizadas

O PSOE insta a Orozco a acelerar os contactos para o acordo

O propio secretario de Organización, Xosé Blanco, pronunciouse publicamente a prol de chegar canto antes a un pacto.

Redacción - 09:30 28/08/2007

Tres meses despois do paso polas urnas Lugo aínda segue agardando o pacto posíbel entre PSdeG e BNG. A inercia da caída da era Cacharro na Deputación de Lugo estimulou os contactos entre socialistas e nacionalistas e adiou momentaneamente os tirapuxas a conta do escenario municipal. Pero unha vez que o novo goberno provincial botou a rodar, a necesidade do goberno estábel no Concello de Lugo regresa a primeiro plano e as posicións de partida non prognostican optimismo a curto prazo.

En entrevista nos micrófonos da RNE, o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, opinou recentemente que sería bo que Lugo "teña garantida a estabilidade para que as súas xentes aproveiten este momento histórico e lle dean un impulso á cidade nun momento no que hai unha disposición magnífica desde as diferentes administracións". Así, Blanco chamou a pechar canto antes un pacto do PSdeG lugués co Bloque e dixo agardar que "o tempo consiga facer cicatrizar as feridas abertas" entre as dúas formacións políticas.

Desde o BNG lugués amarrábanse este mesmo luns ás declaracións de Xosé Blanco, lembrando pronunciamentos no mesmo sentido do propio secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, chamando a conseguir o pacto canto antes. Os nacionalistas insisten en que a dirección dos socialistas é partidaria "dun goberno de coalición en Lugo que é Orozco quen rexeita". O voceiro nacionalista no Concello, Xosé Anxo Lage, queixouse de que o rexedor lugués "vai por libre" respecto ás recomendacións do seu partido e pediulle que faga por chegar a un acordo que lle "daría estabilidade á cidade". "Lugo é a única cidade de Galiza sen goberno de coalición, a non ser que Orozco queira seguir gobernando cun goberno de centro dereita, como xa ensaiou", laiouse o voceiro do Bloque.


4,4/5 (5 votos)


Comentarios (7)

xansenmedo #1 28/Agosto/2007 xansenmedo

Non quero, non.

Pepiño Blanco que facilite primeiro a democracia interna e logo falamos.

Gaviotero #2 28/Agosto/2007 Gaviotero

Llamar "momento histórico" a un pacto de gobierno municipal demuestra bien a las claras el concepto de la Historia que tiene este iletrado incapaz de terminar la carrera que es Pepiño.

Por otro lado, los partidos no practican la democracia interna, por naturaleza. Y cuando lo hacen, suelen irse al carajo...

teixugo #3 28/Agosto/2007 teixugo

Ninhada de ratos!!!

Cuñaaao :-)

xansenmedo #4 28/Agosto/2007 xansenmedo

No partido que eu coñezo/coñecía practicábase a democracia até que chegou Pepiño Blanco.

Non quero ser presuntuoso pero Gaviotero ¿ti es do PP non? Pois aí moita democracia non hai.

¡Cómo está el patio en Vieiros! Que conste que a mi no me molesta la bandera.

BonKarallan #5 28/Agosto/2007 BonKarallan

Así que a democracia interna nos partidos é mala.

E como elixen o cabeza de turco?.

O primeiro dá un golpe de estado e os demais a dedo polo primeiro. Asi non se van "al carajo". Ímonos todos os demais.

É que mo pos a WEB...O

BonKarallan #6 28/Agosto/2007 BonKarallan

A min se non me dá na cara e déixame ver, tampouco me molesta ningunha bandeira.

ecoe #7 29/Agosto/2007 ecoe

O cura Orozco anda bravo, hoi!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: