Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O FUTURO DE CATALUÑA

Os sectores máis soberanistas de Convergència Democrática esixen unha alianza con ERC

Propoñen unha moción de censura contra Montilla e un referendo sobre a autodeterminación en 2009

Redacción - 16:50 28/08/2007

Unha nova corrente interna dentro de Convergència Democrática de Catalunya (CDC) vén de publicar un manifesto en clave soberanista. Os militantes da Plataforma per la Sobirania pídelle a Artur Mas que comece a negociar con ERC para crear unha alternativa a Montilla. O obxectivo é ter un goberno CiU-ERC na Generalitat en 2008 que leve a cabo un ano máis tarde un referendo de autodeterminación.

Na nova plataforma están destacados dirixentes de CDC, como é o caso de Víctor Terradellas ou Ignasi Planas. Por último, o colectivo propón que se forme un grupo nacionalista único nas cortes españolas.


4/5 (3 votos)


Comentarios (11)

eugalego #1 28/Agosto/2007 eugalego

A boas horas dan-se de conta. Isso é o que tenhem que facer dumha vez, unir-se e botar a Espanha.

Indepenência e socialismo!!

Gaviotero #2 28/Agosto/2007 Gaviotero

Pues lo tienen claro...con sus votos pusieron a Zapatero y con su apoyo Zapatero puso al cordobés Montilla presidiendo la Generalidad.

Pues ahora, que apechuguen...

teixugo #3 28/Agosto/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!

Gaviotero #4 28/Agosto/2007 Gaviotero

¿Esa es toda tu argumentación, teixugo? ¡Intenta razonar un poco, hombre!

xacataca #5 28/Agosto/2007 xacataca

NINHADA DE RATOS!!!!!!!

O_Castrexo #6 28/Agosto/2007 O_Castrexo

Agora queren a alianza con Esquerra? Pero non lla ofreceran nas eleccións? Mmm... non estou seguro. Se cadra estou equivocado pero das últimas eleccións de Cataluña existía a posibilidade dun goberno plenamente nacionalista sen partidos constitucionalistas. Ao mellor recordo mal!
Non sei a qué vén ese cambio agora!

Bravo por eles! Todo sexa pola nación!

esquio #7 28/Agosto/2007 esquio

A ver ho! Non sexades tan malos cos de Convergencia. CDC é un partido moi amplo con xente independentista e xente máis autonomista con xente máis conservadora e outra máis socialdemocrata. O interesante é a reactivación independentista en Catalunya, lembrade as declaracións de Carod do outro día (para contentar as bases máis radicais de ERC) e este movimento no seo de CDC, que por certo nin son poucos, nin son só xente da base.

Vieiros publicaba onte unhas declaracións de Miren Azkarate nuns encontros no Quebec falando da independencia de Euskadi e dentro do PNV están discutindo como enfrontar o referendum sobre o tema. O goberno basco en bloque defende esta consulta.

O que está a pasar é que despois da aposta do SNP en Escocia, cataláns e bascos están reactivando, reavivando o debate de como avanzar cara a indepencia. Aquí parece non haber ninguén que sexa quen de plantear en serio este debate. Que podemos facer?

guillerme #8 28/Agosto/2007 guillerme

A min este tema non é que me importe demasiado porque pouca relación ten con Galiza (aínda que sempre é bo que as nacións se independicen), pero creo que pode servir para ver cal é o camiño a non seguir. Digo isto porque tanto Euskadi como Catalunya levan moitísimos anos cun movemento independentista moi forte e aínda así... son demasiado cobardes para presentar un referendo.

Haber se é certo que desta vez ambas nacións presentan un referendo (que aínda o dubido) e mostran aos galegos que tamén debemos independizarnos.

Galiza debe comezar a reflexionar sobre a independencia, pero para iso é necesario que un verdadeiro partido nacionalista chegue ao parlamento porque dubido moito que algún día o BNG presente o proxecto de independencia, así que o nacionalismo galego debe por fin mirarse un pouco para si mesmo e pensar que quizais non toda a culpa é de España nin dos votantes.

Gaviotero #9 29/Agosto/2007 Gaviotero

La única fuerza independentista en Cataluña y con representación parlamentaria es ERC. Sus expectativas electorales, ya algo mermadas en las últimas autonómicas, son bastante menos halagüeñas de cara a las próximas generales, debido en gran medida a su apoyo al gobierno de José Montilla.

Precisamente por esa visión de acomodamiento y aburguesamiento de ERC (de sus dirigentes) que les podría conducir a una cierta debacle electoral, surgen ahora estos exabruptos (por otro lado habituales en el personaje) de Carod-Rovira.

La cuestión es que la mayor parte de la sociedad catalana pasa del personaje, más si cabe cuando al mismo tiempo que habla de independencia sostiene a un tipo como José Montilla en el gobierno.

xacataca #10 29/Agosto/2007 xacataca

Treme a Ninhada de Ratos con Cataluña!

Xa podedes espabilar en Madrid porque marchan, e tras deles imos NÓS.

Escoce saber que España se rompe, non si?

maraghota #11 29/Agosto/2007 maraghota

NINHADA DE RATOS!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: