A lei inclúe un artigo que estende o alcance da polémica disposición adicional 17ª.
Alcaldes, presidentes de deputacións ou institucións equivalentes, senadores, deputados de Congreso ou Parlamento... "Como mínimo, estes funcionarios recibirán o mesmo tratamento na consolidación do grao e no conxunto de complementos que o que se estabeleza para os que fosen directores xerais e outros cargos equivalentes ou superiores da correspondente administración pública".
Así o fixa o 23º punto da reforma da Lei de Función Pública, unha engádega que amplía o artigo 53 da vella norma e que estende o alcance de, por exemplo, a disposición adicional 17ª, aumentando o desembolso previsto para os petos dos cidadáns. Unha cláusula presuntamente estabelecida para que "non haxa menoscabo no dereito á carreira profesional dosfuncionarios públicos que fosen nomeados altos cargos, membros do poder xudicial ou doutros órganos".
O descubrimento deste novo privilexio que pasara inicialmente desapercibido serviu para que este martes e desde o Movemento pola Igualdade no Emprego Público cualificasen unha vez máis de "cacicada" a reforma e criticasen un privilexio que concede "un sobresoldo de por vida por un traballo que non van exercer". "É impropio dunha sociedade democrática avanzada", láianse.
Duras críticas dende a CIG
Tamén dende o sector sindical choven as críticas. Bautista Vega Tato, secretario confederal de Relacións Institucionais da CIG, reclama "un xiro á esquerda do Goberno", para segundo afirma "satisfacer as necesidades socias" de Galiza "que son moitas e de calado", e entre as que non se atopa a de "poñerse unha gratificación millonaria para toda a vida".
Neste senso, gaba a "valentía e compromiso de Encarna Otero", e esíxelle ao bipartito "a revogación deste privilexio como primeira medida do xiro á esquerda", un bipartito que segundo Vega Tato "até agora só nos deu continuidade e máis do mesmo que tiñamos co Partido Popular".
Poden consultar aquí o artigo completo (.pdf) de Bautista Vega Tato.
Si ya se decía ayer por estos lares, que al final entrarán todos...Cuantas menos administraciones y menos intervención del Estado mejor para todos. Centralización de las administraciones y reducción masiva de altos cargos YA!!!
!Viva a chupandaina masiva¡ Pero como non lles cae a cara de vergoña? Non podo crer que só Encarna Otero criticara tan escandaloso repato de privilexios. Cousas veredes: agora entérome que a un meu ex alcalde, que é médico de profesión,tamén lle van caer os 15.000 euros anuais. A posición de PSOE, Bloque e PP neste asunto deixa moi poucas esperanzas nos políticos actuais. Que vos aproveite, que como dicía Castelao, algún semella que leva Galiza no bandullo
Se esta reforma da lei da funçao pública se figesse com o PP no poder, estaríamos a ver, e com razão, uma mobilizaçao sem precedentes nas ruas. São 30 milhões de euros anuais que a administraçao vai ter que gastar para manter uns privilégios caciquís decimonónicos. Deveríamos levar as protestas à rua.
Tomad gaviotas:
saltaban a millóns
dos carteles publiçitarios
saltaban dos mecheros
camisetas calendarios
salíanse dos pins
i levantaban o vuelo
caghaban sobre min
caghaban sobre o meu abuelo
enchían de bostas
o interior i as costas
limpiaban o cu co diñeiro
de empresarios i banqueiros
a invasión das ghaviotas
xa cheghou ás nosas costas
redençión!
da infecçión!
treide aghua!
i xabón
levaban polo mundo
a súa inmensa cagharría
caghaban pola xente
a xente ençima se reía
feliçes polo esturro
feliçes entre a broça
colghaban nas escuelas
un retrato da ghaviota
i eramos ghaliçia
o çentro da inmundiçia
entraban a çentos
polo parlamento adentro
ghaliçia ocupada
polos novos alieníghenas
quedaba sin ghalleghos
quedaba sen indíghenas
eramos escravos
do planeta demoscopia
estabamos perdidos
estabamos na inopia
i eu non aghuantaba
entre tanta caghada
íbaseme o coraçón
i caín do colchón
berrando non!
á invasión das ghaviotas
que xa cheghara ás nosas costas
redençión!
da infecçión!
treide aghua!
i xabón
foi entón
dixen non
ghritei non!
http://arremecaghona.blogspot....
Lambóns!
Chegará o día en que ninguén vaia a votar...
Larpeiros, caciques, vividores corruptos etc.
Se esto era o que nos ina traer o Psoe e mailo BNG, manda carallo!!
Haberá que sair a rúa, para que non sigan roubándonos.
Con este tipo de actitudes dos partidos políticos actuais no parlamento reafírmome na miña idea de que é preciso que outros partidos nacionalistas cheguen ao parlamento, e incluso ao goberno.
Hai que darlles unha oportunidade a Frente Popular Galega, Nós UP... porque estou seguro que non o poden facer peor que o partido ´´nacionalista`` que se atopa agora no goberno.
Dos partidos españois xa non teño nada que dicir porque ao fin e ao cabo confirman a miña crenza de que este tipo de partidos só están aquí para roubar.
NOM VOTAR. NOM LEGITIMAR O ROUBO E O SAQUEIO POR PARTE DOS LAMBÓNS
Ser deputado, en democracia, é un servizo público, retribuido, non unha profesión. Unha vez rematado, volve ao seu traballo e deixa de cobrar por ese servizo público.
Como teñamos que elixir os que van cobrar, van terminar "cobrando" de verdade.
República galega constituínte xa!
Que vaia tomar polo cú todos e todas (agás Encarna Otero), e un aplauso para os da CIG por non ser un sindicato seguidista dun partido político como fan outros.
ENCARNA PRESIDENTA DA XUNTA, XA!!!!
Se por fin fora abaixo a mandanga, moitos da Perturbación Popular ían sentilo, eran a maioría dsos afectados tras do século Fraga!
Votei BNG pensando que era umha organizaçom política nom corrupta, já sabia que nom era revolucionaria, por muito que berrassem o dia 25 de Julho. Agora sei que é igoal aos dous grandes partidos do capitalismo, porque talvez quera ser ela parte do grande cortelho.
Nunca pensei que diria esto: SOM TODOS IGUAIS, SÓ PROCURAM A SUA CONVENENÇA, O LIVRE SAQUEIO AOS DINHEIROS PUBLICOS, QUE SOM NOSSOS E NOM DE ELES.
Votei BNG pensando que era umha organizaçom política nom corrupta, já sabia que nom era revolucionaria, por muito que berrassem o dia 25 de Julho. Agora sei que é igoal aos dous grandes partidos do capitalismo, porque talvez quera ser ela parte do grande cortelho.
Nunca pensei que diria esto: SOM TODOS IGUAIS, SÓ PROCURAM A SUA COMECHADA, O LIVRE SAQUEIO AOS DINHEIROS PUBLICOS, QUE SOM NOSSOS E NOM DE ELES. LADRONS É O QUE SOM TODOS ELES
http://www.lavozdegalicia.es/g...
"La Consellería de Presidencia asegura que esta disposición (que se corresponde al artículo 23 en la reforma de la ley) es una reproducción exacta de uno de los párrafos del Estatuto Básico del Empleado Público, una norma estatal aprobada en el mes de abril y de aplicación obligatoria en todo el Estado."
Se o fan en Madrid porque non o iban a facer aquí.
Sólo un comentario, guillerme, en relación a los partidos que nombras.
Comprendo tus simpatías por ellos, pero obviamente su mensaje no debe ser muy interesante cuando apenas logran apoyo electoral.
No obstante, hay uno en particular, el del ínclito Méndez Ferrín, la FPG, que no merece desde mi punto de vista ningún apoyo.
Un partido que se dedicó a ensuciar toda la ciudad de Vigo poniendo cientos de carteles y pegatinas en el mobiliario urbano, en sitios donde no está permitido poner carteles, etc. ensuciando toda la ciudad. Es obvio que a estos señoritos no les preocupa NADA el medio ambiente.
Como a los vigueses tampoco nos preocuparon nada sus "propuestas", si es que se le puede llamar propuesta al programa soviético propuesto por el señor Méndez Ferrín...
549 votos es todo lo que obtuvieron.
Por lo demás, el Conselleiro de Presidencia es un embustero.
NiNHaDa de RaaaaaToS!!!!!!!!!!
Gaviotero o único que podo dicirche é que só se poderá saber como o fai se chega ao parlamento, aínda que comprendo que ti non o votes porque non aceptas a independencia.
O feito de que teñan que pegar tantos carteis é debido a que a actual democracia intenta facer desaparecer aqueles partidos minoritarios (sobre todo os que non están no parlamento) e iso non é democracia porque a xente debería saber o que defenden todos os partidos para poder votar en situación de democracia.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral