Investigarán a situación a través de dous robots. Os resultados das análises non se terán até finais de ano.
Co verán a piques de rematar ponse en marcha por fin a reiteradamente solicitada campaña de inspección dos restos do Prestige, afundido a 200 millas da costa galega. Durante este tempo, e malia confirmarse que as manchas de fuel detectadas no mar nesa zona procedían do buque afundido, desde Fomento insistiron en que "non supoñen risco nin prexuízo algún para o medio ambiente mariño nin para o litoral". Así e todo, o executivo recoñece que cando menos quedan no Prestige arredor de 1.400 toneladas de fuel, entre proa e popa.
Este mércores sae do porto de Aberdeen o buque noruegués Siem Danis. O barco chegará o próximo domingo á zona do afundimento e non é até o martes 4 de setembro para cando está previsto que comecen a traballar os dous robots que transporta, Fugro e Argus, que descenderán até unha profundidade de 3.500 metros. A inspección durará dez días, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan as mellores. O goberno español agarda ter o informe final, resultado da análise das mostras e a avaliación da situación, antes de fin de ano.
Custo de 7,2 millóns de euros
O consello de Ministros aprobou recentemente o investimento necesario para os labores de inspección, unha operación que o goberno español lle encargou á empresa Repsol e na que participarán o Centro de Prevención e Loita Contra a Contaminación Marítima (CEPRECO), o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e Salvamento Marítimo (SASEMAR). O financiamento é de 7.242.000 euros.
No, siempre tan rápidos...la cuestión es sacar a relucir el Prestige y armar bulla ahora de cara a las elecciones generales. Lo mismo que harán con Irak, etc...Al YAK-42 ya no lo nombro porque ya dejó claro la Justicia que no había responsabilidades penales algunas por parte del Ministerio de Defensa, en contra de lo que afirmó el embustero Zapatero y su lacayuelo Bono.
Que alguien le diga al Gobierno que donde sí hay fuel es en las playas de Ibiza, más de un mes después de haberse producido las fugas...
http://actualidad.terra.es/suc...
FUGAS: Fuxiuse un tolo que se meteu na autoestrada de Vieiros e conduce en sentido contrario e pensa que os que van mal son todos os demais. Non é bilingüe pero ten a lingua bífida.