Iolanda Díaz (Fene, 1971) milita no PCG e é coordinadora nacional de Esquerda Unida. Forma parte, como tenente de alcalde, do goberno local ferrolán. Unha entrevista de Diego Ameixeiras.
Tenente Díaz: tomou vostede posesión do seu cargo envolta nunha bandeira republicana. Espera pendurala algunha vez do balcón do concello e co puño en alto?
A República é unha ferramenta útil para mellorar as condicións de vida da cidadanía e os símbolos teñen un valor que cómpre non esquecer. A cultura política europea é inintelixible sen as bandeiras de tres cores e a achega do movemento obreiro organizado como suxeito protagonista do devir histórico.
Que lle pareceu o secuestro de El Jueves por presuntas inxurias a Felipe de Borbón e Letizia Ortiz?
Indicativo dos restos aínda insepultos dun tabú, como aínda resulta ser a monarquía nos medios de comunicación. A elección admite poucas dúbidas: entre os príncipes e liberdade de expresión, quedámonos con esta última.
Cre que o e PSdeG e o BNG defenden os valores da esquerda?
Aglutinan gran parte dese voto, pero acostuman moito a sacrificar os valores de esquerdas por políticas económicas e sociais compracentes coas da dereita.
Isabel San Sebastián dixo nunha tertulia televisiva que "hai que deixarse de relativismos" e convencerse de que a civilización occidental "é mellor" que o mundo islámico.
Baixo esa lóxica implacable morren milleiros de seres humanos nas guerras de agresión que desencadea o imperialismo en Iraq, Palestina, Afganistán... Esa pretendida civilización asina a barbarie de que morran de fame 30.000 e 50.000 seres humanos cada día por enfermidades asociadas á miseria.
O anarquismo defende a disolución automática do estado e abolición da propiedade privada como un primeiro paso para que todos nos sintamos mellor. Non lle apetece ser un pouco máis de esquerdas?
Marxistas e anarquistas han retornar ao pouso común que xa nos uniu na I Internacional. Julio Anguita fala desa necesaria mestura do libertario e o marxista. Compartimos moito máis do que discutimos, a vontade de superación desta orde social de barbarie, do capitalismo.
Que música escoita?
Toda a que podo, menos da que debería: Shostakovich, Haydn, Miles Davis, Joâo Afonso...
Prometeu deixar Ferrol sen simboloxía franquista. Como van as labores de limpeza?
Van ben. Está aprobado substituír a vidreira co escudo da ditadura que hai aínda no Concello e mais o escudo que resta na Biblioteca Central. Máis adiante -é unha obra máis complexa - retiraremos a cruz que resta en Amboaxe. A dignidade democrática da miña cidade vai permitir acabar co insulto que supuñan estes emblemas, que teñen que ser retirados de acordo coa legalidade democrática vixente.
Entrevista publicada na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 123, agosto de 2007)
si, existen. e con máis votos que outros partidos que teñen representación e si os tes en conta.
e por culpa de lei d'hont, que beneficia sobre todo ao pp e ao psoe. si, así é. e se non se cre, a botar contas...
Iolanda: república desde logo, pero GALEGA, e o choio chega ben de abondo, o resto é inabarcavel e intromisivo, por eso o internacionalismo proletario.
república desde logo, pero GALEGA, e o choio chega ben de abondo, o resto é inabarcavel e intromisivo, por eso o internacionalismo proletario.
Hai moitos tabús neste país. Os "monos-arcas" non son os únicos intocables. Hai moito cacique ao que non se lle pode criticar, aínda que estea máis corrupto que unha fosa común.
Tamén é tabú a ordenación territorial de España, que nin recoñece as nacións sen Estado que contén nin é nación-estado.
Alguén sabe dunha constitución que lle atribúa papel semellante ao que ten encomendado o exército español? Entendo, polo pouco de filosofía política que sei, que na fundación dunha nación non se define e garante a súa unidade, é da propia unidade nacional da que dimana a súa fundación.
É precisamente nese artigo constitucional (no que se lle delega ao exército o papel de salvaguarda da unidade nacional) onde se recoñece implicitamente o carácter plurinacional do Estado español, pois, se a súa realidade orixinaria fose unitaria, os contituíntes obviarían este mandado aos militares por ser absolutamente innecesario.
Para estas realidades inventáronse hai séculos as repúblicas federais, federativas ou confederais. Pero aquí conformámonos cun poti-poti autonómico, incapaz de lle negar dereito xurídico ao golpe franquista e que o único que consegue é duplicar estruturas, aumentar gastos administrativos, ralentizar o desenvolvemento socioeconómico, ademais de confundir a propios e estraños. Claro que, tal como van as cousas, algún crerá que iso nos distingue como os máis modernos do mundo mundial... a forza de negar o evidente: falamos da federación ou deixamos o debate para o século XXV?
IU, como aparentar ser de esquerdas, e facer parte dun goberno neoliberal e monarquico.
Ista dela frase o define todo:
"Indicativo dos restos aínda insepultos dun tabú"
"restos insepultos" dun rexime que o que temos, o que pactou o PCE co Movimento Nacional de Adolf Suarez e Manuel Fraga?.
O que temos, e El Jueves nón é una excepcion, non son os restos insepultos, senon a herencia maldita do franquismo, que segue na xudicatura (carcel de de Juana por delitos de opinión ou denuncias a Dionisio Pereira), no exercito (as ameazas golpistas do ano pasado do xeneral Mena), e arriba de todo, na xefatura do Estado, que foi posto por Franco (recomendolle a rapaza que vexa o recopilatorio do NO DO, e vexa ao "resto insepulto" de Juan Carlos sempre a dereita do dictador -ou JC é un actor incredible, que enganou a todos, ou o seu ideario democrático non pasa da "democracia orgánica" do franquismo).
Estos son os "restos insepultos".
IU é experta en saúdos a bandeira: fala de republica, pero non fala da monarquía -que sospeito son incompatibeis-, fala de federacion, mais non fala de autodeterminacion -sospeito para que chegar a unha federacion de nacions e rexions, nalgun momento habera que exercer o dereito a autodeterminacion, fala de barbarie do capitalismo polas matanzas, mais IU apoia o exercito español no Afganistan e o Libano -onde estan para protexer a Israel do pobo libanés cos derrotou, se estivera para protexer aos libaneses, tentarian de desarmar a Israel, que foi que atacou, a non a Hezbolla.
É a arte de falar, e facer o contrario do que se fala; polos buracos co seu discurso deixa.
Esta pregunta gústame moito,
agardo que teñades oportunidade de lla facer a QUIN (o amigo de MAS e JOSU JON), a Beiras ou a Ferrín.
"O anarquismo defende a disolución automática do estado e abolición da propiedade privada como un primeiro paso para que todos nos sintamos mellor. Non lle apetece ser un pouco máis de esquerdas?"
Y también es un tabú las concesiones eternas a los nacionalistas, cuando en España existe una mayoría de ciudadanos que apostamos porque el Estado recupera las competencias de educación y empiece a hacer transferencias pero en sentido contrario al de ahora.
Respecto a los votos que tiene Izquierda Unida, más que otros partidos que sí tengo en cuenta, según dice atoladomonte...¿podrías indicarme cuáles son esos partidos?
Porque el PP, por ejemplo, tiene como 20 veces más votos que IU...Con quien sí se ve perjudicado es, en general, con los nacionalistas. Pero no debe molestarle mucho eso a IU, pues al fin y al cabo se pasa el día pactando con ellos...
non, gaviotero.
todos os partidos políticos teñen representación bastante proporcional ao seu número de votos, agás o psoe e o pp, que se ven beneficiadas e iu que se ve perxudicada.
a comparación que se fai de votos con iu e partidos nacionalistas non é real, porque parece que se ven beneficiados os partidos nacionalistas cando non é certo. a comparación hai que facela coa representación que teñen e a que deberían ter.
imos aos números e vemos a representación que teñen de votos e de escaños cada partido.
PSOE: 43,27% de votos e 46,86% de escaños.
PP: 38,31% de votos e 42,28% de escaños.
CiU: 3,28% de votos e 2,86% de escaños.
ERC: 2,56% de votos e 2,29% de escaños.
PNV: 1,65% de votos e 2,00% de escaños.
IU: 4,56% de votos e 1,43% de escaños.
CC: 0,92% de votos e 0,86% de escaños.
BNG: 0,82% de votos e 0,57% de escaños.
EA: 0,32% de votos e 0,29% de escaños.
CHA: 0,37% de votos e 0,29% de escaños.
NA-BAI: 0,24% de votos e o,29% de escaños.
Partido Andalucista: 0.70% de votos e 0% de escaños
e agora vese perfectamente quen sae beneficiado e quen sae perxudicado.
hai mentiras que por moito que se repitan non serán verdade nunca, aínda que todo o mundo as crea.
El gaviotero este es un símbolo de la democracia eh!
Como hay una mayoría en España que quiere retirar competencias en las comunidades autónomas pues ale! a quitarlas. Esa mayoría no debería cumplirse en la propia comunidad, independientemente de lo que piense el resto de España, eso sería lo ideal.
Fijaos un momento que fácil es liar la mente del gaviotero este: qué pasaría si España no quiere transferir a Europa las competencias sobre sanidad, pq todos los españoles se han puesto de acuerdo y quieren decidir ellos el futuro de su sanidad. Sin embargo, como estamos en la Unión Europea y el resto de Europa dice que las tenemos que ceder pues las cedemos.