Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Case mil millóns de unidades en todo o planeta

Tres cuartas partes das armas de fogo no mundo están en mans de civís

EUA é o país máis armado do mundo, con 90 armas por cada 100 cidadáns. Por outra banda, The Washington Post alerta da escaseza de balas no país por mor das actuais guerras.

Redacción - 11:45 29/08/2007
Tags: armas EUA HEI
EUA lidera a lista de países

EUA lidera a lista de países

A poboación civil posúe as tres cuartas partes das armas de fogo existentes no mundo, segundo anunciou este martes o Institut universitaire de hautes études internationales (Instituto Universitario de Altos Estudos Internacionais, HEI), de Xenebra (Suíza).

Dos 875 millóns de armas en circulación, 650 millóns, é dicir o 75%, están en mans de civís, salientan os responsábeis do estudo, que vinculan este fenómeno coa urbanización a gran escala e sen control, especialmente o incremento en África, sudeste asiático e África.

Os Estados Unidos, con 270 millóns de armas, ostenta o primeiro lugar da lista, seguido da India (46 millóns de armas), China (40 millóns), Alemaña (25 millóns) e Francia (19 millóns). EUA conta igualmente coa maior concentración de armas respecto da súa poboación, con 90 armas por cada 100 persoas. Tras destes veñen Iemen, Finlandia e Suíza.

En Brasil, o número de vítimas por armas de fogo triplicouse entre 1982 e 2002, até alcanzar 21 mortes por 100.000 habitantes, e xa excede o índice dalgúns países en guerra, sinala o informe.

A posesión de armas por parte dos civís "excede amplamente as nosas estimacións precedentes, cun crecemento considerable desde hai cinco anos", sinalou Keith Krause, director do programa Small arms survey do Instituto.

Escaseza de balas en EUA
Por outra banda, o diario The Washington Post informa de que os anos de guerra en Afganistán e en Iraq así como o abastecemento militar de unidades policiais en todo o país están a provocar unha escaseza de balas en EUA, malia o aumento da produción.

O xornal, que recolleu entrevistas a funcionarios policiais de diferentes estados, indicou que as forzas de seguridade xa comezaron a racionar as prácticas de tiro dos seus axentes ante a dificultade que teñen as policías locais para reabastecerse de munición, debido á alta demanda polas guerras en Afganistán e Iraq.

"Antes da guerra, o tempo entre o pedido e a entrega era de tres a catro meses; agora é de seis meses a un ano", declaroulle ao diario James Gutshall, supervisor de subministro na Xefatura de Policía de Loudon, en Virxinia.


Ligazóns

1/5 (2 votos)

Comentarios (2)

BonKarallan #1 29/Agosto/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois que se vaian preparando os militares, que só teñen unha cuarta parte.

Mágoa que eles teñen os mísiles e nós só coitelos de cociña, tesoiras e pedras.

OBSERVADOR #2 30/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Karallan, deixa-te de brincadeiras: levas razão! Não no das tesoiras, senão no de que os militares têm só uma quarta parte.

Só um 25% e o 75% está em mãos de civis!! E que fazemos os civis aguentando as caralhadas (com perdão) dos governos e dos militares????

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete