Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Segundo un diario madrileño

Rosa Díez deixa o PSOE para liderar o novo partido de Fernando Savater

A militante no Partido Socialista de Euskadi fará publica a súa decisión o 7 de setembro. O día 29 dese mesmo mes preséntase a formación do filósofo vasco.

Redacción - 12:30 29/08/2007
Rosa Díez

Rosa Díez

Rosa Díez decidiu abandonar o PSOE, partido en que militaba dende había varas décadas. O vindeiro 7 de setembro fará oficial a súa decisión e se incorporará ao novo partido impulsado polo filósofo vasco Fernando Savater, segundo informa o diario español ABC na súa edición desta cuarta feira.

O diario afirma que a dirixente socialista selará o seu compromiso oficial coa nova formación, que polo momento recibe o nome de Plataforma Pro, nunha cea á que asistirán tamén o propio Savater e o profesor da UPV, Carlos Gorriarán, outro dos impulsores do proxecto.

Ademais, este novo partido presentarase en sociedade o 29 de setembro en Madrid, momento en que dará a coñecer as súas bases programáticas de cara ás futuras eleccións xerais de 2008.

Traxectoria política
Rosa Díez pon fin á súa traxectoria política como militante socialista na que foi conselleira de Comercio, Consumo e Turismo do goberno vasco baixo a presidencia de José Antonio Ardanza (PNV) dende 1991 até 1998. Foi deputada do parlamento vasco e dende 1999, eurodeputada. Ademais é membro da plataforma política ¡Basta Ya! contra o nacionalismo vasco e o terrorismo de ETA.

En 1998 foi derrotada por Nicolás Redondo nas eleccións primarias do PSE para elixir candidato a lehendakari, e tamén foi derrotada por José Luís Rodríguez Zapatero dous anos despois nas primarias do PSOE para elixir ao novo secretario xeral do partido tras a dimisión de Joaquín Almunia.

Nos últimos anos, Rosa Díez mantivo unha posición moi crítica con algunhas das políticas levadas a cabo polo goberno socialista de Zapatero, fundamentalmente a relacionada cos partidos nacionalistas e coa política antiterrorista.


2,4/5 (5 votos)


Comentarios (10)

IgnacioMargall #1 29/Agosto/2007 IgnacioMargall

Un nuevo partido nacionalista espanyol que nace como bisagra del PP, que se ha quedado solo a base de escorar hacia la ultra-derecha. El objetivo es reformar la constitucion espanyola para garantizar el bipartidismo de los dos partidos nacionalistas mayoritarios en Espanya (el PP y el PSOE). Aunque mucho me temo que esto lo que va a suponer van a ser otros cuarenta anos de dictadura filo-franquista.

pikolote #2 29/Agosto/2007 pikolote

O PSOE será mellor sen Rosa Diez, e desde logo será máis socialista.

BonKarallan #3 29/Agosto/2007 BonKarallan

Divide e vencerán... os outros.

Entendo ao que dimite e lárgase. Non entendo ao que cambia de partido. Parécenme uns adoradores do "ego".

Xabi1 #4 30/Agosto/2007 Xabi1

Este chico, Fernando Savater, que non é o pai de Leticia Sabater, era cando mozo un arrepiante anarquista como-todo, incluidos os mesmos anarquistas, especialmente se eran da CNT ou da FAI. A letura do seu libro "Panfleto contra el todo" ilustra aínda hoxe do radicalismo de don Fernando naqueles tempos. Nós, como éramos e continuamos a ser idiotas, tiña-mos a don Fernando en algo así como un alto pedestal e a policia, que non é tonta, xa sabía de qué pé coxeaba o futuro parlamentar e na súa ficha policial estaba clasificado como "anarquista moderado".
Agora que este home vai montar un partidillo político para chupar da canoa e concerter-se en vixiante da praia da loita antiterrorista, convén repasar o folleto da súa autoría, "Panfleto contra el todo", que acabou por ser Panfleto contra Nada co subtítulo de "Todo por la pasta".
Ai, estos radicais que sempre andiveron por libre.
Ai, estos elementos que saben todo e están en todas as merendas.
Ai, este Savater que ía ás merendolas de "La Bodeguilla".
Ai, este Savater que defendía a ETA.
Aí, esta Savater. Non sei a vostedes, pero este home, a súa traxectoria política, a cara que ten e que gasta, lembra-me a Pedro Arias e a Miguel Cancio, os esquerdosos, coiristas e hoxe patriotas de dereitas e de palleiro por la angosta vía de "La Coz de Galicia".
Ven-me a memoria o que me dixo un maquinista de RENFE anarquista cando falábamos de Savater, eu, que si molaba cacho, que si tal, e o maquinista que me dixo: "Ese tipo es idiota"". Elixan.

Gaviotero #5 30/Agosto/2007 Gaviotero

Enhorabuena a Rosa Díez por su valentía. Ella sigue siendo socialista. Lástima que su partido dejó de serlo hace tiempo...

teixugo #6 30/Agosto/2007 teixugo

NINHADA DE RaaaaaaaTOOOOOOOOOOHHHS!!!!!!!!

BonKarallan #7 30/Agosto/2007 BonKarallan

"sucia e lista" non socialista

Gaviotero #8 31/Agosto/2007 Gaviotero

SOCIALISTA, con mayúsculas. No como la banda de aprovechados y antiespañoles que ha tomado el PSOE provisionalmente. Hasta el próximo 9 de marzo, exactamente...

teixugo #9 31/Agosto/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!

"¡¡¡¡¡SUCIOS Y LISTOS!!!!!"

BonKarallan #10 2/Setembro/2007 BonKarallan

Roldán e certos socialistas implicados no GAL como Galindo, Barrionuevo e tamén o "Home X", o da Bodeguilla, tampouco se pode dicir que sexan SOCIALISTAS con maiúsculas.

Se cadra "o listo" quérenos facer crer que é o verdadeiro SOCIALISTA e pásanos a súa bandeira polos nosos fociños.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: