Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Precísanse 15.000

A CIG recollerá sinaturas entre a cidadanía para a revisión da Lei da Función Pública

O sindicato nacionalista promove unha iniciativa lexislativa popular para solicitar no Parlamento unha reforma da disposición adicional 17ª, que estabelece un sobresoldo para os altos cargos da Administración.

Redacción - 11:26 30/08/2007

O sindicato nacionalista CIG informou esta quinta feira da súa intención de realizar unha campaña de recollida de sinaturas entre a cidadanía, co fin de presentar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento.

Esta esixirá a revisión da Lei da Función Pública, concretamente da disposición adicional 17ª, que estabelece un sobresoldo anual vitalicio aos altos cargos da Xunta, incluídos os directores xerais, despois de deixaren a política e volver aos seus postos de funcionarios.

A campaña será presentada publicamente a vindeira semana. A CIG xa está a recoller sinaturas de xeito informal entre os traballadores da Administración, que están a responder satisfactoriamente, segundo informaron fontes da CIG.

Porén, estas mesmas fontes informaron que aínda non teñen constancia de que a proposta fose asinada por algún parlamentario ou alto cargo.


4,82/5 (11 votos)

Comentarios (2)

Rosamna #1 31/Agosto/2007 Rosamna

Alguén sabe se podemos asinar os que estamos fóra de Galiza???

Graciñas

ecoe #2 31/Agosto/2007 ecoe

Non só se zampan 1 millón de ouros anualmente, co apoio DESCARADO E A GHETA PRESENTE do Sr. Torito, anunciándonos que outras corruptelas iguais xa estaban instituídas antes tanto aquí desde o ano 1998 como noutros lugares, noutras "cortes".

O enfangamento capitalista das institucións mediante a corrupción non pode quedar máis en evidencia, mais o pláceme do presidente do parlamentiño dá ideia da talla ética de entrambos TRIPARTITOS (BNG inclusive, señores, salvo individualidades ou unha só).

Toma os cartos e corre ten unha nova versión nos pomposamente (auto)denominados "representantes" do pobo galego.

Para min que a dignidade hai tempo que fuxíu das institucións con que nos di representar o caduco e decadente capitalismo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: