Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTABA DESTINADA AOS MÁIS PEQUENOS DA CASA

A Garda Civil forzada a borrar da súa web unha advertencia contra o p2p

A Asociación de Internautas publicou unha carta na que advertía ao ministro de Interior de que o uso das redes de intercambio de arquivos non é delito

Redacción - 10:40 31/08/2007

Non descargues películas nin música. Aínda que coñezas a amigos que o fan, estarás cometendo un delito”. Esta é a 'advertencia' que se podía ler na web da Guardia Civil e que onte foi denunciada pola Asociación de Internautas (AI) ante o Ministerio de Interior.

Tras a a alerta, a Garda Civil cambiou o texto. Agora pode lerse “se descargas películas ou música, asegúrate de non estar infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual, poderías incorrer nun delito. Que moitos o fagan non significa que sexa legal”.

Sorprende, en todo caso, a complexidade da redacción, tendo en conta que figura nun apartado titulado “Consellos para internautas cativos”.


A rectificación da Garda Civil prodúciuse inmediatamente despois de que a AI publicase unha carta que lle mandara ao ministro Alfredo Pérez Rubalcaba advertíndoo do erro na web. “Baixar arquivos ou intercambialos nas redes P2P non é un delito en ningún caso. Cómpre dicir, alto e claro, que é totalmente falso, salvo que exista ánimo de lucro en sentido de lucro comercial estrito, e non obter unha simple vantaxe, segundo dixo a Fiscalía Xeral tras estudar este asunto”, argumentaba a misiva da Asociación de Internautas.


5/5 (8 votos)

Comentarios (2)

BonKarallan #1 5/Setembro/2007 BonKarallan

A min paréceme incrible intentar ir contra os usuarios de programas de descarga.

É como dicir que está prohibido ler determinadas páxinas de internet.

Se se pode, é que che deixa e en todo caso non seremos nós os culpables senón o sistema.

Tamén imos ser nós os culpables de marcar certos números de teléfono que nos cobran unha animalada?

Por que non van contra Telefónica ou contra as empresas de telecomunicación que permiten a existencia deses números?

BonKarallan #2 5/Setembro/2007 BonKarallan

Doutra banda, eu creo que son libre de prestar os meus discos e os meus libros a quen queira.

O da propiedade intelectual paréceme unha "cacicada".

A ver se Deus inos a cobrar a patente. Demasiada vaidade hai neste mundo. Aquí ninguén inventa nada. Só descóbreo, pero xa estaba alí.

Colón descubriu América? Serás "caradura". E os indios que estaban alí, que? Eses non teñen mérito?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: