Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rol en vivo

Os Irmandiños preparan a toma do Castelo de Monterrei

Unha iniciativa para afondar na historia a través do xogo. Non perdan o espectacular vídeo que argallaron os organizadores a partir das imaxes da última edición.

Redacción - 12:00 31/08/2007



"Hai que achegarse á nosa historia sen complexos e sen prexuízos, sen ningún tipo de sentimento de inferioridade como se nos quixo inculcar durante moito tempo, hai que achegarse coa mente aberta, a mellor actitude para aprender", afirmou Anxo Quintana durante a presentación do xogo de rol en vivo Irmandiños: A Revolta, organizado pola Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude. "É un dos xogos de rol máis grandes do mundo", destacou Rubén Cela, director xeral de Xuventude, confiando no "éxito" da convocatoria en que se completarán as 500 prazas ofertadas para o xogo.

Escrito e planificado por 13Negativo, está ambientando na Galiza medieval do século XV, durante a Segunda Revolta Irmandiña, cando "milleiros de homes e mulleres se levantaron en armas contra os señores feudais debido aos múltiples abusos que contra a poboación se estaban a cometer". Vaise desenvolver entre o 5 e o 7 de outubro no Castelo de Monterrei.

Toda a información na web Irmandinhos.com.


5/5 (9 votos)


Comentarios (5)

Gaias #1 31/Agosto/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora o que hai que tomar e o Pazo de Meirás.

sozinho #2 1/Setembro/2007 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mente aberta? Fai falta. Sobre todo a un historiador. Os xogos están moi ben, pero sobre algo mínimamente divulgado. Se todo é misterio a trapallada resultante é esta especie de parchís co desganado e mozalbete de líder que teñen. Así e todo antes no bloque eran uns idealistas: non-violencia, pacifismo,... Claro que o pragmatismo do goberno esixe venderse!

Manuelaldao #3 1/Setembro/2007 Manuelaldao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Habría que facer as cousas un pouco mellor. O xogo é cutre, faltalle ritmo e posibilidades, é fácil demaís. E cuidar os detalles tampouco viría mal; no propio trailer, ao final, un dos irmándiños leva unhas gafas desas de miope. !Así non!

JohnLocke #4 1/Setembro/2007 JohnLocke
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Então, os míopes não podem participar?

sozinho #5 2/Setembro/2007 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coincido en que nun trailer hai que coidar eses detalles. Se non coincidise e me puxese tontorrón, diría que o festival non se celebra porque supón unha vantaxe inxusta da maioría dos participantes sobre os minusválidos.
Por certo, o cartel coa espada ao Brave-Heart é de gomitar...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: