Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A canción do verán galega

Máis de 1.300 persoas visitaron cada día a web de A Polo Ghit

Tamén aumentaron as descargas dos temas presentados ao concurso, con máis de 2.000 baixadas diarias.

Redacción - 09:30 01/09/2007

A Polo Ghit, o concurso na procura da canción do verán galega, non só medrou en participantes este ano, senón que tamén o interese dos internautas por entrar na páxina aumentou considerabelmente. As guerras -aínda que cordiais, esperamos- de comentarios entre os seguidores duns grupos contra outros fixeron que a web tivese unha media de 1.300 visitantes diarios, con picos de até 2.400 nos días máis fortes do mes de xullo.

Unha novidade desta segunda edición do concurso foi a posibilidade de descargar melodías dos dez temas finalistas para empregar como tons de chamada dos teléfonos móbiles. Mais xa dende o primeiro momento se puideron escoitar as músicas de A Polo Ghit en moitos mancontros do país e saíndo dos vidros baixados de moitos automóbiles.

Deste xeito, houbo unha media de 2.035 descargas diarias, cun máximo de 5.728. Por suposto, as cancións aínda seguen ao dispor do público na web.


5/5 (1 votos)


Comentarios (1)

merla #1 1/Setembro/2007 merla

o que se di "canción de vrao",a gañadora non é:demasiado politicamente correcta e pouco defendible no directo.A que máis se achegaba a esr "conceto" era a dos Mordecans.Logo habíaas boas,aínda que lonxe do meu gusto,pero recoñezo que se hai que abrir a novas músicas.Preferín non escoitar ao xurado o día da resolución,e non me preguntar o poeque

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: