O goberno municipal retirará das rúas os símbolos franquistas. Queda por consensuar o novo nome da vía adicada a Primo de Rivera: BNG, PSdeG e PPdeG teñen cadansúa proposta.
O concello de Salceda de Caselas, gobernado polos nacionalistas en coalición cos socialistas, vai retirar das súas rúas os símbolos franquistas. O pleno da Corporación Municipal tiña previsto aprobar este venres á noite unha proposta do equipo de goberno, na que se pide a supresión destes elementos no termo municipal.
Segundo explicou a concelleira de Cultura, a nacionalista Teresa Pérez, son obras "de escaso valor artístico", entre as que salienta un escudo da Falange gravado nunha fonte do centro da poboación, que "é a que máis nos preocupa, e queremos suprimir de forma inminente", asegurou a edil.
Ademais, destas, Pérez destacou que a iniciativa tamén instará os párrocos a que eliminen os símbolos das igrexas" xa que é nestes inmóbeis "onde se concentra o maior número" de referencias á ditadura de Francisco Franco, e tamén á de Miguel Primo de Rivera.
BNG: Galiza; PSdeG: Galicia
Dentro da orde do día tamén se contemplaba o debate sobre as diversas propostas para o cambio do nome da Rúa José Antonio, en alusión ao fundador da Falange e fillo do dictador, José Antonio Primo de Rivera, que pasará a levar o nome do país.
O problema xurde cando hai que decidir cal dos nomes do país é o elixido. Nunha comisión informativa previa ao pleno, os nacionalistas propuxeron a denominación Avenida de Galiza namentres que os socialistas avogan por Galicia.
Segundo a voceira do PSdeG, Marina Cabaleiro, "Galicia é o nome oficial da autonomía e o que se incluía no anterior acordo plenario de 1999", aínda que o seu grupo recoñece que a denominación Galiza "tamén está admitida" na lingua galega.
Os socialistas amosáronse optimistas para chegar a unha postura común ante este "matiz", que será debatido no pleno. Cabaleiro garantiu que en todo caso se cambiará o nome da rúa, aínda que se non se chega a un acordo "buscarase outro método, por exemplo, que sexan os veciños os que elixan".
PPdeG: Rúa José Antonio
Pola súa banda, o PPdeG, que xa en 1999 estivera a favor do cambio de denominación da citada rúa polo de Avenida de Galicia -que finalmente decidiu non executar polo desacordo veciñal- aínda non fixo pública a postura que defenderá.
Porén, todo apunta a que se posicionará pola opción actual, é dicir, Rúa José Antonio, porque segundo o voceiro popular e ex alcalde, Xosé Manuel Fernández, o cambio producirá "trastornos" aos empresarios da zona, "que teñen que actualizar os seus datos na alta da auga ou da luz".
O concello vigués de Salceda? ;) lol
— Que son galgos!
— Non, son podencos.
— Que che digo que son galgos.
— Pero se teñen traza de podencos...
Avenida de los Sobresueldos, que seguro que hay consenso político para ese nombre...(se acepta igualmente la versión en gallego)
Que pasa Gaviotero? moléstache que quiten os nomes dos teus ídolos? Eu son de Salceda e, por exemplo, o escudo de Falange da fonte do centro de Salceda era restituído cada vez que era desfigurado. Eso si que era unha vergoña, ver a uns obreiros facendo con masilla un escudo de Falange, do mesmo xeito que tamén asistín á vergoña de ver como restituían a cabeza de Calvo Sotelo (que fora cortada días antes) na cidade de Tui.
Vaia medo que lles entra ós do PSdeG cada vez que escoitan Galiza, se esta admitido oficialmente no galego non sei porque tanta polémica. Este é o bilingüismo que queren??, que os termos sexan iguais en galego que en castelán???
Galiza NO es una denominación OFICIAL. Es una denominación válida en gallego, al igual que Galicia. Pero una cosa es el idioma y otra la toponimia oficial. De la misma forma que en castellano la única forma válida para "A Coruña" es La Coruña, mientras que en la toponimia oficial únicamente se acepta "A Coruña".
No te confundas Albert. Aquí, el que tiene como ídolo a Franco o a Hitler, pues son los más parecidos a tus líderes, eres tú.
Mellor que Rua de Jose Antonio "primo de Rivera", Rua de Fillos de Rivera: "A Estrela de Galiza".
Boa cervexa. Xa ma coñecen uns cantos vascos.
Gaviotero, fillo, a lei (buscarei o artige exacto) di que os nomes oficiais en terreo español debe estar na lingua da rexión; como Galiza está políticamente dentro de España, esa lei aféctanos, igual que é Vilanova i la Geltrú e non "villanueva y la Geltrú" éche A Coruña e non "La Coruña". Igual que debemos dicir El Puerto de Santa María e non "porto de santa maria" porque é o toponimo oficial. Pasa cos nomes de lugares e cos propios (pois pódese cambiar polo correspondente galego), aínda que non sexa obligatorio.
Mira, xa encontrei non unha, senón tres leis que fan referencia ó dito. Podes buscalas. Agora non me veñas con que están aprobadas no Parlamento Galego, non no Español, porque, como saberás, as leis das C. Autónomas non pode contradicir ou superar ás do Estado...
- Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Artigo 10. Establece que a única forma oficial dos topónimos é a galega, que lle corresponde fixar á Xunta e que será a que se utilice de maneira oficial a todos os efectos e na rotulación.
-Decreto 132/1984, do 6 de setembro. Establece o procedemento para a fixación ou recuperación dos topónimos galegos.
- Decreto 174/1998, do 5 de xuño, que modifica outro anterior (43/1984, do 23 de marzo). Regula as funcións e composición da Comisión de Toponimia.
Ahí as tes.
- Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Artigo 10. Establece que a única forma oficial dos topónimos é a galega, que lle corresponde fixar á Xunta e que será a que se utilice de maneira oficial a todos os efectos e na rotulación.
-Decreto 132/1984, do 6 de setembro. Establece o procedemento para a fixación ou recuperación dos topónimos galegos.
- Decreto 174/1998, do 5 de xuño, que modifica outro anterior (43/1984, do 23 de marzo). Regula as funcións e composición da Comisión de Toponimia.
Ahí as tes.
Tamén podes ver aquí
http://www.xunta.es/linguagale...
é o lugar onde saquei a información.
Sabes, eu busquei antes de che dicir nada, faino ti pra non quedares como un ignorantiño. Non fales sen saber, porque xa ves, pásalle o teu partido, votan a lingua ó aire, e sáelles o tiro pola culata.
De feito aquí hai unha lei aprobada polo ex-presidente Manuel Fraga que trata o artigo e o Real Decreto que fai referencia á provincia de Ourense, pero ti le o parágrafo onde di 26664.
http://www.boe.es/boe/dias/199...
Parece que os "peperos" moito lles amola que se retiren os símbolos da represión,¿será porque eles non tiveron a coraxe de retiralos en todolos anos que mandaron?, ou ¿as súas propias raices non lles deixan?.
Ademáis xa está tardando moito Tello en A Coruña en rotular correctamente as rúas (Avda. Arteixo por exemplo).
Que eu saiba não há toponímias oficiais nem nada semelhante, porque no Estado-Reino não há legislação que OFICIALIZE nada a respeito da língua. Só há uma RAE (e na Galiza o seu sucedâneo, a RAG) que fazem e desfazem a prazer ou conveniência.
Pois, que eu saiba, que podo estar equivocado na lei de Normalización Lingüística http://www.boe.es/boe/dias/199... indícase que os topónimos teñen como ÚNICA FORMA OFICIAL a Galega. Liña 2 e 3 do parágrafo 2º da lei publicada no DOG e no BOE [link arriba]. Iso é polo menos o que eu lin.
A parte diso, estou dacordo sobre o pseudo-órgano reguladore da lingua [es que chaman RAE] e o seu apéndice RAG que, como ben dis Obsevador, tan só xogan coas conveniencias políticas.
lth, tu razonamiento tiene un fallo y no es del todo correcto, aunque está bien encaminado (se agradece que, más allá del insulto, se pretende convencer que no vencer, mediante argumentos).
La razón puedes encontrarla en la Wikipedia, que te incluyo a continuación (tu argumentación está contenida en el primer párrafo y la razón por la que falla está en el segundo párrafo):
Existen posturas que defienden que Galiza es también un topónimo oficial, ya que dado que la Ley de Normalización Lingüística gallega establece que los topónimos oficiales serán los topónimos en gallego, y que Galiza ha sido reconocida como topónimo correcto en gallego, es ya de hecho un topónimo oficial, al mismo nivel que Galicia.
Sin embargo, las denominaciones de las comunidades autónomas no se definen mediante leyes de rango autonómico, sino mediante leyes orgánicas (los estatutos de autonomía), que deben ser aprobadas por las Cortes Generales españolas (la Constitución española determina, en su artículo 147.2, que «Los Estatutos de autonomía deberán contener ... la denominación de la Comunidad que mejor corresponda a su identidad histórica»), por lo que, en tanto que no se reforme el Estatuto de Autonomía de Galicia y éste incluya explícitamente esta denominación, el topónimo Galiza no designa oficialmente a la comunidad autónoma de Galicia, en ningún idioma (adicionalmente, el propio texto de la reforma normativa establece una distinción entre ambos topónimos, aludiendo únicamente como oficial a Galicia: «Se mantiene Galicia como voz legítima gallega, denominación oficial del país y forma mayoritaria en la expresión oral y escrita moderna. Galiza se considera también una forma legítimamente gallega, ampliamente documentada en la época medieval, que fue recuperada en el gallego contemporáneo»).
http://es.wikipedia.org/wiki/G...
Aunque tal y como dices es muy probable que sea un ignorantiño, también es cierto que en este asunto me manejo un poco mejor que tú, que sin duda eres una persona mucho más ilustrada e inteligente que yo.
Procuro que los tiros no me salgan por la culata...aunque no siempre lo logre, claro.
A ver, non dixen que foras un ignorantiño, senón que teñas coidado de non quedares como tal, porque as poucas veces que argumentas (outras moitas insultas ou usas o sarcasmo) pódenche sair mal.
Nin por asomo teño a "experienmcia" na vida que ti tes, pois con tan só 17 anos, creo ser o primeiro por aquí que lle da a volta a un argumento teu, e seguro que ti tiveches bastante máis tempo para ilustrate e voltarte intelixente.
Outra, eu non falaba do topónimo Galiza/Galicia, xa que ate Rosalía usaba "gallegos" cun pleno significado nacionalista, i é un termo castelán. Eu falaba do nome "La Coruña" que defendes como oficial no territorio galego i español.
Está claro que o nome do país ten dúas variantes (Galiza ou Galicia) que son cooficiais, pero non sucede así cos demáis que están aprobados polo Estatuto de Autonomía coa única forma válida en galego. E seica correxidos nuntreal decreto posterior.
Por outra banda, no de "más allá del insulto, se pretende convencer que no vencer, mediante argumentos". Por suposto que uso os argumentos, somentes cando ilegalizan o noso dereito de libre expresión (recordemos a ilegalización de Batasuna, p. ex.) temos xa non o dereito, senón a obligación de expresarnos como o fan ETA ou Resistencia Galega... pero iso é tema doutras noticias.
En resumo, que a toponimia oficial debe ser en galego (así foi como o entendín, se tes algunha obxección, adiante, quero lela) e que o insulto fácil e o sarcasmo non son as vías para rebatiren nada. Xa sabes que nun futuro, só che contestarei un post se tratas os nacionalistas co respeto que merecemos, e co mesmo que debemos tratarvos os que non o sodes.
"A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate."
A Coruña segue tendo rúas con nomes dedicadas a fascistas como Primo de Rivera, Calvo Sotelo, General Sanjurjo, General Mola, Juan Canalejo, Francisco Vázquez...
Meteorolóxicamente falando, este foi un verán moi raro. Con tanta rega,un Consello piou que o do panteón fora todo un ladroízo. Entón, o diario de maior tirada do país preguntou a opinión dalgúns coñecidos marmoristas. As respostas foron contundentes: a sepultura seguramente sairía por moito mais do escotado, 600 millóns de euros botando polo baixo, e ademais non tiña xeito ningún. Daquela, o Presidente declarou que os que encargaran a obra eran uns caralavadas, uns baldreus… etc., pero que de todas formas había que rematala, e que xa se encargaba el diso. Os de enfronte pediron que lle botara peito e falara coa fiscalía. El respondeu que mellor deixar a cousa así, non se fora mancar alguén. Os sindicalistas, tan brutos como sempre, chamaron pola lei, que dixo que alomenos habería que investiga-la cousa. E co can de San Roque chegou a andisía. Uns cívicos cidadáns pensaron que era mellor dedica-lo panteón a oficinas.Contestoulles unha concelleira nacionalista, que non tiña ningunha vela no enterro, pero que estaba de garda en agosto, que para nichos mellor falar co párroco de Duízo de Fisterra, pois podía conseguirlles uns tipo Le Courboisier. Foi entón cando o vello rebuliu e dixo que el quería Reganosa e o Panteón, que llo amañaran dunha vez e completo como pedira, que tiñan que caber cinco mil gaiteiros, con instrumento marcial e monteira picona. O diario seguiu enredando. Fixo unha enquisa a varios intelectuais. O presidente do aconsello, que viña de San Alberte de Parga, avogado da fala, dixo laconicamente: “Tarde piaches”. Diante do estrago, un asesor foi xunto a cega de Miranda, que lle contou onde estaba a gabardina de Carlos Casares e a camilla de Ramón Piñeiro, con tapete e todo, pero o mandado do think tank non quixo saber nada, pois non era tanto cousa de encher como de aquelar. Un periódico da capital, que tiña como único mérito o de ser acantazado polas sucesivas xeracións de estudiantes, fixo que o seu especialista en túmulos dedicara alomenos dúas páxinas ó asunto. Tamén en fascículos e plana enteira, o ex conselleiro responsable da desfeita proclamou que se o patrón era o Faraón el era o casto José, e que todo o da pirámide estaba claro como o diamante de Bishapur. Iso xa o veremos, dixo o presidente e montou unha comisión parlamentaria. Todo cheiraba a defunto. De novo o vello bateu co caxato no chan berrando: ¡Paghade, carallo! O alcalde da capital, por medo a que lle quitaran o bingo, clamou desde o campanario: ¡Viva Lalín con razón ou sen ela! E alá foron todos: os empresarios da cámara, os de turismo, os da zona vella e os do polígono, alcaldes dos arredores e o presidente dunha asociación de veciños, ademais dos consabidos plumíferos do periódico, que descubriron como amigo dos terroristas a un detractor do sepulcro. Tamén os concelleiros nacionalistas, cambiaron a chaqueta e chamaron a rebato os cidadáns: ¡Agora toca ir polo rego!. Namentres na feira da Fonsagrada cantaba Firme de Batribán: “Unha vella pariu outra/ e outra pariu un arado/ a que pariu o arado/ quedoulle o cu descansado”. Definitivamente, este verán foi moi raro.