O deputado Xosé Manuel Lage di no seu blog que un apoio dos socialistas ao PPdeG sería imposíbel.
O parlamentario do PSdeG Xosé Manuel Lage coida que en Galiza non se podería producir unha situación como a vivida nas últimas semanas en Navarra. Alí o PSN facilitou a investidura dun presidente de UPN, por ordes expresas da dirección estatal do PSOE, cando había posibilidade de pactar con Nafarroa Bai.
Nun artigo no seu blog afirma que “Sen caer excesivamente na política-ficción, do que sí estou seguro é de dúas cousas: Primeiro, en Galicia sería imposible defender que as decisións sobre o goberno de Galicia se tomaran dende Madrid e segundo, o cambio foi posible pola recuperación do PSdeG como segunda forza e alternativa ao PP, xa que unha parte moi ampla do electorado non ve ao BNG como unnha forza de goberno senón máis ben de oposición.”
¡Pues claro que sí se podría dar! Pero si aquí todos están a lo que diga Pepiño...
O problema nao é se os votantes do PSdG/PSOE o admiten senao que passaria se o decide/impom a direcçao estatal. Cantos dirigentes do PSdG se ateven a dizer que romperiam a disciplina de partido?
vermevermelho tes razón seguramente, eu non sei si habería algún disposto a romper a disciplina de partido, non o creo.
Coñezo a algúns do psoe e por desgraza nese partido hai poucos con sensibilidade nacional, ó mais o Xocas (de recente entrada, non sei canto durará...) e algúns novos como o deputado Lage Tuñas, a presidenta das Xuventudes Socialistas ou o novo alcalde de Fene, Iván Puentes... pouca tropa para lidiar co españolismo do psoe na Galiza.
Que deus nos colla confesados que din os vellos!
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral