Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VELOCIDADES CINCO VECES MÁIS RÁPIDAS CÁS ACTUAIS

Telefónica di que a metade das casas terá conexión de 50 megas en 2009

A optimista previsión da operadora contrasta coa fenda dixital de Galiza, onde só o 20% dos fogares ten banda larga

Redacción - 10:20 04/09/2007
A fibra óptica sera clave no aumento das velocidades

A fibra óptica sera clave no aumento das velocidades

En 2009 máis do 50% dos fogares do Estado conectaranse a internet con banda larga de 50 megas por segundo. Este é a optimista previsión lanzada polo director xeral de Desenvolvemento de Negocio de Telefónica, Julián Linares, na inauguración do XXI Encontro de Telecomunicacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

As previsións de Telefónica parecen difíciles de cumplir, pois na actualidade só un de cada tres fogares no Estado ten 'alta velocidade'. Este termo emprégase para as conexións superiores a 512 kbps, medio mega por segundo aproximadamente. En Galiza o crecemento debería ser realmente espectacular nos dous vindeiros anos, pois hoxe unicamente o 20% dos fogares ten acceso de banda ancha.

Multiplicar por cinco a velocidade

Malia todo, o directivo adiantou que Telefónica está a renovar a súa rede para poder ofrecer conexións de ata 50 Mbps, o que significa multipilcar por cinco as velocidades actuais. Para os portátiles, Linares prevé conexións móbiles de ata 7 Mbps.

Segundo os datos da compañía, o volume de tráfico de datos aumentou un 34% nos últimos seis anos no Estado. Ante este crecemento, o principal operador da Península di que vai investir 8.000 millóns en mellorar a súa rede.


0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

cuppido #1 4/Setembro/2007 cuppido

Pois pareceme moita subida de ancho de banda xunta a menos que suban 49 MB de golpe, eu todavía sigo coa miña conexión de 1MB.
De todalas maneiras non me importa que teña 1MB porque me chega e me sobra. O que non vexo xusto e que os señoritos da cidade pagan o mesmo ou incluso menos que min por unha conexión moi superior á miña.
Saúdos

bandua83 #2 4/Setembro/2007 bandua83

'tamos dacordo, cuppido. Impórtame ben máis a velocidade/prezo ou calidade/prezo ca velocidade en si.

Eu creo que antes me pasa R por diante da casa que me aumente Telefónica a 50MB .

BonKarallan #3 4/Setembro/2007 BonKarallan

Prometedes moita banda ancha. Miúdos "bandidos"...

Albert #4 4/Setembro/2007 Albert

Hahaha! Se tardaron xa un ano e pico en poñernos liña telefónica...

Ith #5 4/Setembro/2007 Ith

Dacordo co comentario de Albert
Hahahaha e ha
Na miña casa fai tan so tres anos que teño conexión de bada ancha, estou a 1km da estación de telefonica que está mais preto e o pobo (Cangas) estavos en fronte de Vigo, dende fai moi pouquiño a Telefonica ofrece 1Mb real na zona, pero resulta que me opoño a eles e tiven que esperar ate que Orange, Jazztel, Ono... chegasen a un acordo para ofrece-lño servizo a traves da Telefonica, o final foi Orange a elexida, pero pago liña a Telefonica, que por certo ten unha cacho denuncia polos prezos que lles impón ás demais compañias... Pois a ver se chegan os 50Mb (nin soñalo) pero cunha compañía diferente...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: