Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA REDE

Nace Euskaltube, unha web en éuscaro que se inspira no Youtube

O proxecto quere ser o principal referente vasco de videocración en internet.

Redacción - 12:54 04/09/2007

O famoso Youtube xa ten o seu irmán pequeno en Euskadi. O creador da iniciativa é o xornalista Haritz Rodríguez que sinala que o proxecto xorde da necesidade de dotar á sociedade vasca de ferramentas web 2.0 propias e que estas sexan na súa propia lingua.

Rodríguez sinala que “o propósito de Euskaltube non é facerlle competencia a Youtube, algo que é impensábel tendo en conta o potencial e o número de usuarios cos que conta esta ferramenta pioneira para compartir vídeos. Porén, dende Euskaltube cremos que en paralelo ás ferramentas globais da rede, as ferramentas locais poden ter tamén o seu espazo”.

Aínda que o funcionamento da páxina estará en éuscaro, os vídeos poden estar editados noutras linguas. Haritz Rodríguez fala da satisfacción de poder desenvolver as mesmas funcionalidades que ofrece Youtube, pero esta vez en lingua propia, xa que o contido fixo (menús e notificacións) está integramente en euskera”.

Pode ampliar esta información en Deia e Gara


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: