Para estender estas redes públicas a outros municipios, a Consellería de Industria deberá vencer a desconfianza de Telefónica e do Estado
Fernando Blanco aposta polas redes públicas
Un importante revulsivo está a impulsar o lento despregamento do acceso a internet de alta velocidade na Galiza rural. Co convenio asinado o martes entre a Consellaría de Industria e os municipios de Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e Mondoñedo xa son catorce os concellos que disporán dunha rede pública sen fíos de banda larga. E o que é máis importante, no caso de resultar un éxito, a Xunta non descarta espallar esta infraestrutura noutras areas de difícil acceso.
Ademais, segundo anunciou o conselleiro Fernando Blanco o martes, estas redes serán gratuítas durante os seis primeiros meses, nos que estarán de proba.
Os municipios escollidos para a primeira fase piloto son -ademais dos xa citados en Lugo- Calvos de Randín, Castrelo de Miño e Manzaneda en Ourense; Ponteareas, Tomiño, Cuntis en Pontevedra; Curtis, Muxía e San Sadurniño na Coruña.
Como reaccionará Telefónica?
Haberá agora que observar como reaccionan Telefónica e o Ministerio de Industria. En principio, o programa da Xunta é complementario co Plano de Extensión da Banda Larga (PEBA) que promove o Estado mediante subvencións e préstamos ás operadoras, que no caso galego é Telefónica.
O problema é que, tanto o Estado como as operadoras, ven con desconfianza as redes públicas porque consideran que poden distorsionar a competencia. É dicir, que poden frear o investimento privado.
Para as zonas máis ailladas
Polo tanto, a aposta da Consellería de Industria polas redes wimax públicas (o departamento de Fernando Blanco dispón doutro proxecto na área do Courel) deberá centrarse en áreas non rendíbeis para as operadoras -as zonas máis despoboadas e de difícil acceso.
O obxectivo da Xunta é non suscitar críticas dende as operadoras así lograr espallar a banda larga por outros municipios rurais do país. Polo de agora, os convenios xa asinados supoñen un investimento dun millón de euros.
Estas redes únicamente se pueden extender allí donde no es posible la competencia de operadores privados.
Pois eu sería máis partidario de eliminar a competencia directamente e nacionalizar o sector. Dende que se privatizou Telefónica todo son problemas para @s usuari@s: desde darse de baixa dos teléfonos ata, simplemente, conseguir un servizo "non rendibel", certamente a compañía seguro que aumentou os seus beneficios. Eu vivo en Ames, nunha parroquia rural,a 6 quilometros da capital de Galiza, e non teño liña de teléfonos. Teléfonica, en principio, non a nega, ven un operario pola casa, me informa que hai que poñer un poste e ... nunca máis se sabe nada, e levo un ano e medio así. Chamo reiteradamente a telefonica, e sempre me sae un operad@r diferente que non sabe de que vai a cousa, e me ofrecen un servicio inalambrico e me din que non me queixe que en moitos lugares de Madrid tampouco teñen cable.Mentras tanto accedo a internet cunha tarxeta do PC(que finalmente tiven que mercar, pero a velocidade da conexión nesta area é desesperante, e boto toda a mañá para acceder a un par de páxinas (por suposto de descargas, nada).¿E posibel pensar, no século XXI, que teñamos que depender da "competencia" para estar no mundo?.