Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALA O WEBMASTER DE NUNCAMAIS.ORG

"Cómpre promover outro Nunca Máis contra o espolio do país”

O promotor da recollida de sinaturas contra o sobresoldo dos altos cargos nega calquera vínculo coa Plataforma, partidos ou sindicatos.

Manuel Vilas - 11:50 05/09/2007
Logotipo da campaña contra o 'plus' aos altos cargos

Logotipo da campaña contra o 'plus' aos altos cargos

Luis Villaverde, o cidadán que lanzou a recollida de firmas contra o sobresoldo dos altos cargos a través da web nuncamais.org, decidiu dar a cara para clarexar os obxectivos da iniciativa e, ademais, desvincularse de calquera filiación política e sindical.

600 sinaturas nun día
O webmaster aclara que a súa iniciativa xurdiu “espontaneamente” por “carraxe” ante a aprobación do sobresoldo para os altos cargos. O activista cre que o sobresoldo foi aprobado “en pleno agosto, cando ninguén le a prensa” nun intento de ocultalo a opinión pública.

Villaverde inidica que a recollida de firmas comezou a raíz dos comentarios en foros en contra do sobresoldo e móstrase sorprendido do éxito alcanzado grazas ao “marketing viral”. E é que xa logrou apañar máis de 700 sinaturas, con 600 novas adhesións no último día.

Sen vínculos coa Plataforma

Sobre o uso do dominio “nuncamais.org” o activista insiste que non ten que ver coa Plataforma que se mobilizou contra a administración de Fraga. Iso si, Villaverde explica que, nos tempos do Prestige, empregou a mesma web para publicar fotos enviadas polos cidadáns sobre a catástrofe “mentres o Goberno dicía que non pasada nada”.

Hai que informar á xente”
Despois de ter parado o sitio web un tempo e “vista esta burrada, non me queda máis remedio que informar á xente, e promover outro Nunca Máis; pero esta vez contra o espolio do país”, indica o promotor da recollida de sinaturas.

Son unha soa persoa, non hai promotores, nin agrupacións, nin nada, aínda que ás veces fale en plural, penso que o fago porque penso que hai moita máis xente que pensa igual ca min” reitera o webmaster nun esforzo de marcar distancias con sindicatos e partidos políticos.


4,21/5 (14 votos)

Comentarios (5)

maeloc_gz #1 5/Setembro/2007 maeloc_gz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o lazo verde nom é mui ageitado: já o ussam os ecologistas.

galeguzo #2 5/Setembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sobre o uso que o cidadão diz que deu à web, pode dizer missa. O certo é que em boa medida serviu também para propagar a desinformação pepeiera, como se pode comprovar aqui: http://web.archive.org/web/*/h...

galeguzo #3 5/Setembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por outra parte, tanto naquela altura como nesta parece-me totalmente desprezível utilizar as palavras "Nunca Mais" (assim sós) para referir-se a qualquer plataforma ou iniciativa, por justa que for.

NM foi algo que surgiu num momento determinado, cumpriu e desapareceu. Ponto. NM é história, forma parte da esquisita história do associacionismo civil no nosso país, e nos seus primeiros dous anos de vida canalizou a indignação desta terra.

O senhor Villaverde o que fez no seu momento foi registar um domínio similar para APROVEITAR-SE do que estávamos fazendo outras pessoas (no meu caso, fora das siglas de NM, como o voluntariado; mas noutras dentro, como nas concentrações) para propagar as suas próprias ideias.

Se as suas motivações fossem nobres não teria usurpado com má fé o nome "Nunca Mais", e se bem acho que o artigo aqui publicado é de interesse (ajuda a esclarecer a iniciativa), cuido que é demasiado condescendente com este sujeito.

emigrado #4 5/Setembro/2007 emigrado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min paréceme que o importante é o expolio do país do que fala o tal Villaverde. A min que a plataforma se chame Nunca Mais paréceme unha anécdota menor. O importante e o que debería criticar a xente é o comportamento da clase política. Este señor Villaverde, que eu saiba non aprobou un aumento salarial de 15.000 euros anuais a cargo dos impostos dos galegos. Non perdamos a perspectiva. Cantos galegos marcharían hoxe do país? 75.000/365= 205?

outrolector #5 6/Setembro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que a modificación da lei de función pública que aplica os sobresoldos a altos cargos funcionarios é inxusta, inmerecida e vergoñenta para os que a aprobaron. Que o fixeran como o fixeron, antes do verán e sen divulgalo nin explicalo, parécese a unha burla ao pobo galego.

Agardo que algunha das organizacións que se posicionaron en contra desta decisión pase a acción, recolla apoios, proteste pública e enerxicamente baseandose neses apoios, e esixa, como mínimo, explicacións polo miúdo por parte dos que a propuxeron e dos que a aprobaron.

Respeto a iniciativa deste cidadán, pero que non conte coa miña sinatura: o logotipo non me dí nada, e o dominio web que usa, e a súa historia anterior, non me cheira nada ben.

Sigo esperando, impaciente !!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: