Mentres, o titular de Economía español, Pedro Solbes, admite que comeza a haber “incerteza”.
O globo inmobiliario comeza a desinflarse. Se hai xa tempo que moitos analistas anuncian a chegada dunha crise, agora incluso os propios profesionais do sector falan abertamente dela. Un exemplo ben explícito podémolo atopar na rede. A Inmobiliaria Barreras que traballa fundamentalmente en Madrid e no sur de Galiza analiza este mes, nun artigo moi interesante, a situación do mercado da vivenda no noso país.
A empresa recoñece abertamente que “a crise inmobiliaria chega a Galiza deixándose notar en que xa non é fácil vender aos prezos actuais”. Aínda que Inmobiliaria Barreras ten a súa principal actividade nos pisos de segunda man afirma rotundamente que “o volume de vendas de vivendas en Galiza baixou de xeito espectacular, tanto cando nos referimos a pisos de segunda man como a casas de obra nova”.
Futuro do mercado a curto prazo
Na análise insístese en que é moi previsíbel unha baixada de prezos no que resta de ano e que será especialmente intensa ao longo de 2008. O artigo non anda con voltas: “A explicación é tan obvia como fácil de manipular se non se quere ver só a punta do iceberg e non todo o bloque de xeo que semella ter conxelado o mercado inmobiliario, xa que a situación real é que nos prezos que vemos nos anuncios non se producen vendas”.
Solbes recoñece agora que hai “incerteza económica”
O vicepresidente do goberno español e titular de Economía, Pedro Solbes admitiu este venres na cadea Ser que “estamos nunha situación de incerteza e indefinición, que en economía é mala”. Solbes recoñecía que os últimos datos do paro non son bos. Asegurou que o goberno español traballa para buscar alteranativas á excesiva dependencia da construción, un sector que comeza a dar claras mostras de esgotamento.
Ben, ben, caída de prezos. ¿E caída dalgunha urbanización ilegal destas que tanto proliferan ao longo da costa non vai haber ningunha? Pois a ver se caen unhas cantas aínda que só sexa para que os constructores saiban que as ilegalidades non lle van sair de balde.
Sr. Solbes (Touriños, Quintanas e Losadas), cando Jove vendeu Fadesa era por algo: xa no lle daba os lucros que pensaba, e pasouse a outros sectores (o BBVA, enerxia, etc.). É máis ningun dixo nada do que ía acontecer, e agora esta a darse, a perda de postos de traballo.
Porque, o problema non é que xa non lle dera lucros; senon que coa venda, vendía 800 postos de traballo directos na Coruña -e cos indirectos, moitos máis-. Moitos deles xa estan facendo as maletas para emigrar a Madrid.
E todos os politicos mirando para outro lado, ou alguns, como o alcalde da Coruña decindo parvadas como que era bó que se fixaran, dende Madrid, na Coruña. Si para emigar máis, sr Losada, si.
Ha outra alternativa, mais iso significar facer algo que nin o PP, nin o BNG, nin, loxicamente, o PSOE fan, PLANIFICAR A ECONOMIA.
O mercado, "a man oscura" de Adam Smith é máis dictatorial que existe, só mira para os lucros empresariais, non para os dereitos dos traballadores a escoller onde queren viver e traballar.
Jove, coa súa decision de capitalista de vender antes da crise, decidiu por 800 persoas, sen consultalas. Iso é dictadura, a dictadura do capital.
Planifiquen o servizo das necesidades reais da proboacion traballadora e non dos lucros; senon, cada certo tempo teremos que escoitar as mesmas letanías: pechase o ciclo, polo tanto reconvertiremos a economia.
A ultima vez que escoitamos falar deso, pecharonse estaleiros, siderurxicas e fábricas químicas, co coste social de miles de traballadores "os luns o sol".
E o sr. Solbes sabe moito deso, porque estivo nos gobernos de Felipe Gonzalez, que foron os que a fixeron daquela.
Asi que, se eles falan de que se "pecha o ciclo", os traballadores xa sabemos a que nos toca, comenzar a loita polos nosos postos de traballo.
Poñamos por caso que un traballador medio gañe en Galiza 900-1000 euros ( a moitos xa lles gustaría). Como se pode pedir 140.000 euros por un piso normaliño nunha vila e ben máis nunha cidade? Cos salarios que hai a vivenda ten que baixar, cando menos un 30 ou un 40%. O peor é que dende a época de Aznar apuntámonos ao cabalo do cemento e ladrillo, algo que non se corrixiu tampouco con ZP. Agora aquel cabalo convértese en burro. Non lle falta razón a ulo. E que ninguén se dou conta cando o ano pasado os grandes oligarcas do estado comezaron a deixar as construtoras para investir en eléctricas e outros sectores considerados "seguros"?
Que é o peor? que aquí primeiro animan a empeñarse ata o pescozo e agora sálvese quen poida. Os que teñen cartos para asesores seguro que están ben tranquilos. Os demais a apretar o cinto. Máis do mesmo...
¡Que ben! Os pisos o ano que vén, en lugar de custar 500.000? só custarannos 499.000?. Agora só falta que conseguir ser un "alto cargo" para poder compralos.
Para o ladrón, non poder seguir roubando cada vez máis, significa estar en crise.
¡Que ben! Os pisos o ano que vén, en lugar de custar 500.000€ só custarannos 499.000€. Agora só falta que conseguir ser un "alto cargo" para poder compralos.
Para o ladrón, non poder seguir roubando cada vez máis, significa estar en crise.
Perdón. A máquina queríame roubar os euros e cambioumos por interrogantes.
Parece un paradoxo, pero que baixen os prezos dos pisos é malo para a economía.
Será para a "econotúa", pero para a miña non.
Falaba Ulo, moi ben falado, da ditadura do capital na nazón do Mercado, e como Jove (e outras familias de constructores a nivel estatal) andivo listo e deixou marchar a súa Fadesa do corazón, a empresa que él montou, que o fixo rico rico; a empresa que había de herdar a filla que lle morreu... pois nada de sentimentos e a facer caixa. E é que pra isto das valoracións de activos os constructores son moi espabilados.
Isto é como o da bolsa, os primeiros en mover ficha sempre son os poderosos, os pequenos imos sempre atrás perdendo cartos. O que ocorre é que neste tema o goberno estatal sabía e sabe o que argallaban ises poderosos e sabía e sabe que o problema de foder ós pequenos, a nós, é foder ó país, nunha crise que se chega a darse non vai quedar só en menos beneficios pros especuladores habituais.
Se a crise se da e provoca a caída dos prezos, todas as economías do país, as pequenas e as máis grandes van padecer moito. Pensade en cántos postos de traballo dependen do ladrillo: en primeira instancia os que constrúen (albaneis, arquitectos, xefes de obra, gruistas, palistas, electricistas, parquets, pintores...), tamén os proveedores (almacenistas, camioneiros...), os fabricantes (ladrillo, prefabricados formigón, areeiros, cementeiras, escaiolistas, aserradeiros...), despois os que enchen as vivendas (venta e fabricación de móveis, telas, carpinteiros, electrodomésticos...) os que venden (inmobiliarias) e os que deben "cobrar" (os bancos). Iso na parte "laboral".
¿E na parte financeira? A morosidade provocaría a inestabilidade, as crises de liquidez nas institucións financeiras, a falla de recursos e a fuga de capitais.
De verdade, non nos convén nadiña a crise inmobiliaria. Quen poida facelo ten que tomar medidas para que os prezos da vivenda se manteñan, que se acade un equilibrio lonxe das explosións pra riba dos precios e máis lonxe todavía das caídas dos mesmos.
Vivo nunha vila chamada Portosín que non chega aos 1.000 veciños e nunha soa rúa ten seis inmobiliarias, ¿algúen segue pensando que isto é sostíbel?, ¿algúen pensaba que se podía manter o frenético ritmo constructor que estaba a deixar Galicia totalmente esnaquizada?
Vivo nun concello (Porto do Son) no que nos últimos anos se construiron varios miles de viviendas ao tempo que non deixou de perder veciños ano tras ano que se ven obrigados a emigrar por que non teñen traballo en Galicia. Como podemos ver, este urbanismo salvaxe non crea riqueza máis que para uns poucos e enriba está a desfacer o medio no que vivimos.
Isto é como o timo da pirámide. Gaña o primeiro e maricón (con perdón) o derradeiro.
O que non se pode é fodernos a costa, fodernos as terras e enchelas de casas e que todo o mundo, que poida pagalas, teña dúas casas.
Créase un traballo falso. O pan de hoxe, pero o fame de mañá.
Eu non sei como, pero isto ten que rematar dalgún xeito e que non sexan os traballadores nin a xente honrada a que teña que pagar.
O Sr. Jove, que é un dos homes máis millonarios do mundo, terá que ser un dos que pague.
traballando honradamente mentres non se demostre o contrario