Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Os tres voceiros municipais reuníronse este xoves

Unanimidade no concello compostelán para defender a Cidade da Cultura

A defensa quedará reflectida nunha declaración institucional que se asinará nun pleno extraordinario o próximo 12 de setembro.

Redacción - 12:50 06/09/2007
Néstor Rego, Xosé Sánchez Bugallo e Xerardo Conde Roa no Concello

Néstor Rego, Xosé Sánchez Bugallo e Xerardo Conde Roa no Concello

No concello compostelán, o alcalde socialista, Xosé Sánchez Bugallo, o tenente de alcalde, o nacionalista Néstor Rego, e o líder da oposición, o popular Xerardo Conde Roa decidiron tamén convocar a outros órganos consultivos, o Consello Económico e Social (CES) e o de Relacións Veciñais, para unha xuntanza o 17 de setembro, ademais de apoiaren todas as iniciativas cívicas que se acheguen.

Segundo Bugallo, os obxectivos prioritarios atenden á finalización do proxecto arquitectónico nos prazos previstos, a inauguración dos catro primeiros edificios, a posta en marcha para o primeiro semestre do 2009, e o remate definitivo das obras para o 2012.

Os comerciantes apóiana, a cidadanía non


Por outra banda, esta mesma semana constituíuse a Plataforma en Defensa da Cidade da Cultura. Intégrana a Cámara de Comercio, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a Asociación de Hostalaría e a Agrupación de Comerciantes (ACOTES). Buscan a adhesión de asociacións, colexios profesionais e a Universidade de Santiago, amais do apoio dos concellos da Mancomunidade compostelá.

Entre os seus obxectivos están fixaren os prazos para o remate da obra, e acelerar a finalización das obras pendentes e os contidos dos edificios. Xa puxo a disposición da xente interesada o teléfono 981 596 800, o fax 981 590 322 e o correo electrónico camara@camaracompostela.com.

Na outra banda, a plataforma cidadá Cultura Si, Mausoleo Non defende a paralización do proxecto e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega, a depuración de responsabilidades penais "ante o cúmulo de irregularidades desde o inicio do proxecto", e a anulación dos orzamentos destinados a este proxecto e o seu reinvestimento en Sanidade Educación e Servizos Sociais.

Comisión de investigación


Ademais, este martes no Parlamento puxéronse de acordo os tres grupos para crearen unha Comisión de Investigación, malia diferiren nos obxectivos: mentres o grupo socialista e o nacionalista queren tomar como referencia o informe fiscal do 2005, o PP quere incidir nos dous últimos anos de xestión. Será o pleno da Cámara quen decida sobre a comisión, o seu título e o seu ámbito de investigación na sesión plenaria do próximo martes.


5/5 (2 votos)


Comentarios (40)

charino #1 6/Setembro/2007 charino

Meteorolóxicamente falando, este foi un verán moi raro. Con tanta rega,un Consello piou que o do panteón fora todo un ladroízo. Entón, o diario de maior tirada do país preguntou a opinión dalgúns coñecidos marmoristas. As respostas foron contundentes: a sepultura seguramente sairía por moito mais do escotado, 600 millóns de euros botando polo baixo, e ademais non tiña xeito ningún. Daquela, o Presidente declarou que os que encargaran a obra eran uns caralavadas, uns baldreus… etc., pero que de todas formas había que rematala, e que xa se encargaba el diso. Os de enfronte pediron que lle botara peito e falara coa fiscalía. El respondeu que mellor deixar a cousa así, non se fora mancar alguén. Os sindicalistas, tan brutos como sempre, chamaron pola lei, que dixo que alomenos habería que investiga-la cousa. E co can de San Roque chegou a andisía. Uns cívicos cidadáns pensaron que era mellor dedica-lo panteón a oficinas.Contestoulles unha concelleira nacionalista, que non tiña ningunha vela no enterro, pero que estaba de garda en agosto, que para nichos mellor falar co párroco de Duízo de Fisterra, pois podía conseguirlles uns tipo Le Courboisier. Foi entón cando o vello rebuliu e dixo que el quería Reganosa e o Panteón, que llo amañaran dunha vez e completo como pedira, que tiñan que caber cinco mil gaiteiros, con instrumento marcial e monteira picona. O diario seguiu enredando. Fixo unha enquisa a varios intelectuais. O presidente do aconsello, que viña de San Alberte de Parga, avogado da fala, dixo laconicamente: “Tarde piaches”. Diante do estrago, un asesor foi xunto a cega de Miranda, que lle contou onde estaba a gabardina de Carlos Casares e a camilla de Ramón Piñeiro, con tapete e todo, pero o mandado do think tank non quixo saber nada, pois non era tanto cousa de encher como de aquelar. Un periódico da capital, que tiña como único mérito o de ser acantazado polas sucesivas xeracións de estudiantes, fixo que o seu especialista en túmulos dedicara alomenos dúas páxinas ó asunto. Tamén en fascículos e plana enteira, o ex conselleiro responsable da desfeita proclamou que se o patrón era o Faraón el era o casto José, e que todo o da pirámide estaba claro como o diamante de Bishapur. Iso xa o veremos, dixo o presidente e montou unha comisión parlamentaria. Todo cheiraba a defunto. De novo o vello bateu co caxato no chan berrando: ¡Paghade, carallo! O alcalde da capital, por medo a que lle quitaran o bingo, clamou desde o campanario: ¡Viva Lalín con razón ou sen ela! E alá foron todos: os empresarios da cámara, os de turismo, os da zona vella e os do polígono, alcaldes dos arredores, enxeñeiros, avogados e o presidente dunha asociación de veciños, ademais dos consabidos plumíferos do periódico, que descubriron a un detractor do sepulcro como amigo dos terroristas. Tamén os concelleiros nacionalistas, cambiaron a chaqueta e chamaron a rebato os cidadáns: ¡Agora toca ir polo Rego!. Namentres, na feira da Fonsagrada cantaba Firme de Batribán: “Unha vella pariu outra/ e outra pariu un arado/ a que pariu o arado/ quedoulle o cu descansado”. Definitivamente, este verán foi moi raro.

compostelanio #2 6/Setembro/2007 compostelanio

¿Cales son as "instalacións útiles para a sociedade galega" que propón a plataforma esta... academias para opositar a funcionario?

O_Castrexo #3 6/Setembro/2007 O_Castrexo

Houbo en València tanto carallo pola Ciutat de les Artes i les Ciències? Ben agradecidos están os valencianos da construción desa cidade. Eu estou co concello e cos comerciantes.

E espero que as obras as rematen ben, porque nesta merda de país sempre se ten que facer todo enfozado. Para un edificio minimalista que temos, como pode ser a facultade de Xornalismo, está mal rematado! Os outros dous, o Pazo de Congresos e o Centro de Arte Contemporánea, aínda se pode mirar para eles pero o da facultade de Xornalismo é un lixo! Esa facultade tiña que estar recuberta de mármore e non pintada de branco... ¬¬ Iso non pasa nin en París, nin en Barcelona, nin en Bilbao, nin en Tokyo, nin en Roma... pasa en Stgo de Compostela. País de paletos sen gusto pola arquitectura.

charino #4 6/Setembro/2007 charino

Non. Primeiro, propoñen un panteón para Fraga. Segundo, o redor deste panteón principal, outros secundarios, con Touriño, Quintana, Anxela Bugallo, Villares, etc..., pis xa dixo Castelao, que no de Galegos Ilustres non os quería, que xa fixera unha Alba de Gloria e lle fodían a coreografía.

O_Castrexo #5 6/Setembro/2007 O_Castrexo

A Cidade da Cultura é unha xoia mundial do deconstrutivismo. É a ópera de Sidney ou o Guggenheim de Bilbao no medio e medio de Galicia. É unha maravilla. Por min que tarden o tempo que lles dea a gana. Mira para a Sagrada Familia... non se lles ocorre aos cataláns parar as obras agora. Pero claro, os cataláns son os cataláns, os bascos son os bascos e os galegos son galiñas que cacarexan. Que se faga todo apresa e mal.

charino #6 6/Setembro/2007 charino

Galicia é unha das autonomías españolas con menor renda per cápita, pero podemos gastar 100.000.000.000 de pesetas nunha tumba. Imos sobrados Madia leva. Faite ver ese problema de autoodio.

O_Castrexo #7 6/Setembro/2007 O_Castrexo

Paleto

charino #8 6/Setembro/2007 charino

Home, poderiasme contestar co argumento da nova Catedral. E mais sólido, e o xa o usaron Perez Varela e Fraga. Por certo, recoméndoche o libro de Deyan Sudjic, A Arquitectura do poder, de Ariel recén saidiño do forno, tamén ten algunhas páxinas sobre o sepulcro da cultura. Cosmopolita

ecoe #9 6/Setembro/2007 ecoe

paleto é un buraco sen fundo, económico nin artístico, de panteón familiar para a politicada, disfrazado de gugenheims cuio valor é sí mesmo, porque nada dentro ten ningún.

En arte as paletadas estanche á beira, e máis vale argumentar e mesmo razonar, entre outtras cousas porque hoxe ó millor, salvo moi raras excepcións, o arte é MERDA!

Anxo #10 6/Setembro/2007 Anxo

Castrexo a Cidades das Artes e as Ciencias de Valencia, tiñan proxecto se foron facendo os edificios sabendo o que iba a ir neles o Planetario, o Acuario e mailo Auditorio, e máis viñeron a Coruña, para copiar o modelo dos nosos museos, para exportalo, alí os museos de Valencia son unha copia dos da Coruña.
A Opera de Sidney, o Gugui de Bilbo, e a Sagrada Familia de Barcelona, os edificios emblemáticos en si, e teñén as suas funcions definidas o de Sidney un Pazo da Musica, o Gugui un Museo de índole privada, e a Sagrada Familia e unha catedral, e por si non o sabias nela cobran por todo, por entrar, por subir no ascensor ata a torre, e na tenda, polo menos ata lle sacan rendemento. Os edificios de aquí estarán case soterrados, non teñen ningunha función específica.

Compostelaino, os edificios podense utilizar como dependencias da Xunta ou mesmo do Concellos os cales teñen repartidas por varios edificios da cidade e estan a pagar custosos alugueres que se poderían aforrar e gastar noutras necesidades.

emigrado #11 6/Setembro/2007 emigrado

O_Castrexa, falas con entusiasmo do minimalismo. En cidades como Compostela, por min que morra o minimalismo. O CGAC non pinta nada diante de San Domingos de Bonaval, obra dun sr como Siza Vieira que destrozou, literalmente, o centro dunha cidade como Porto (por non falar do que quería facer no Paseo do Prado). Déixoche un link para que vexas como se converte o salón de estar do Porto (Avenida dos Aliados) nunha especie de pista de aterraxe. A arte pola arte para quen lle guste, a min non. E co meu diñeiro tampouco. Manía de asfaltar todo...

http://avenida-dos-aliados-por...

http://www.sargacal.com/2007/0...

http://kontratempos.blogspot.c...

emigrado #12 6/Setembro/2007 emigrado

recomendo especialmente ollar a marabilla minimalista que aparece na imaxe da entrada do 24.11.06 (Vistas do alto)

O_Castrexo #13 6/Setembro/2007 O_Castrexo

Pois que lle dean utilidades a eses edificios e que cobren ata por respirar pero iso é unha maravilla.

Emigrado, eu adoro o minimalismo. A arquitectura do CGAC responde ás necesidades excéntricas da arte contemporánea. Non podes expor as obras dos creadores actuais no Museo do Pobo Galego... hahaha. Menudo churro! Churro é a facultade de Xornalismo de Santiago tamén (xa o dixen máis arriba pero nunca me cansarei repetilo)

Santiago de Compostela é capital mundial da arte e debe ter os seus edificios minimalistas e deconstrutivistas e estar sempre á vangarda da arquitectura sexan bonitos ou non. Iso non importa. Somos a París ibérica e hai que dar a talla.

O_Castrexo #14 6/Setembro/2007 O_Castrexo

A Torre Eiffel tamén é o espantallo máis grande que hai debaixo do firmamento pero é o emblema de París.

BonKarallan #15 6/Setembro/2007 BonKarallan

Eu estudei en Santiago na década dos 70 e era unha marabilla, a parte antiga, porque a zona das "repúblicas" (Arxentina, Chile, etc.) xa a estragaron as inmobiliarias.

Se eu fose santiagués consideraría que me invadiron e roubado a miña cidade.

Pero claro, agora que xa está empezada a desfeita, o menos malo é que a terminen con algo que valla a pena aínda que sexa feo, pero que sexa grande.

BonKarallan #16 6/Setembro/2007 BonKarallan

Na Coruña xa hai varios espantallos que comezan a ser símbolos da cidade. A domus, o milenium...

Ith #17 6/Setembro/2007 Ith

Home, a tore Eiffel supuxo un cambio na "moda" da época, persoalmente creo que ten [aquí saltome un bo paragrafo] algo belo. A C. da Cultura... esta sen rematar, esperaría que estivese rematada, pero non quero arruina-lo pais invirtindo en ciultura se a xente non ten estradas para chegar a ese panteon. Por outra banda a Tour Eiffel financiouna o señor Eiffel, ou os seus socios, ou quen corresponda, non os franceses (creo, corrixanme) e o concello/estado/ou o organo competente colocouna alí.
Non son de Santiago, pero teño familia alí, espero estuda-lo ano que ven na USC e gustame vivir nun espazo... legalmente decorado, aínda que vaia en contra dos meus gustos artísticos.
Non sabería que facer, se acaba-la obra e destinalo ao que ía ser destinado, ou se parar iso e estragar definitivamente os cartos invertidos. Creo que me quedaría co que hai, faria algo útil (a saber, sacar o IGAEM e demais institucións da xunta de alí arriba e metelas xuntiñas nos edificios...)
Decepcionoume bastante Sanchez Bugallo posando como a Preysler, xunto a Conde Roa... A ver que vos sacan de ahi...

charino #18 6/Setembro/2007 charino

Home Castrexo, seguindo o teu razonamento, como explicarías que agora no Guggenheim de Bilbao teñan unha retrospectiva de !Durero¡, pois acabaouselles a modernidade?

Non é un problema de facer obras estéticamente maravillosas, senón: a) do custe que teñen.
b) dos compromisos adquiridos polos políticos cando os votaron. Temos que recordar que a nosa conselleira Bugallo, prometera dicir a minuta do arquitecto da Tumba, e tivemos que esperar para sabela ó informe do Consello.

Logo, non hai que ir máis a modo?

Para qué rematar os edificios que faltan?

anacleto #19 6/Setembro/2007 anacleto

A Cidade da Cultura (que nin é cidade nin se sabe qué cultura vai albergar -concepto xa anticultural, o de "gardar" a cultura)ten unha grande virtude: é un proxecto que, visto por calquera lado, prisma ou recuncho, non hai por donde collelo nen se albisca solución racional algunha para a súa existencia.
E non se trata só da súa faraónica e carísima construcción, senón no seu mantemento, ainda máis caro probablemente.Nos seus accesos (está nun monte desabrido, non á beira dun río nen no medio da cidade), e na súa ubicación (está nun monte donde predomina o mal tempo, o vento, unha zona umbría, na parte de Santiago menos abrigada).
E o BNG local, dubidoso, súmase ao carro presuntamente cidadán (porque non vexo eu que os santiagueses queiran maioritariamente a súa construcción), liderado polo Bugallo, nunha cuestión que excede o localismo, pois son cartos de todos os galegos/as.
Que a dixen como está, que expliquen esto a cidadanía, que paguen as indemnizacións, e co que se aforran aínda, que fagan unha grande churrascada no Gaiás, e amén.

charino #20 6/Setembro/2007 charino

Home Castrexo, sáeche o autoodio por todas partes. ¿para que queres ser París? ¿non te chega con ser Santiago?

O_Castrexo #21 7/Setembro/2007 O_Castrexo

A min non me sae o auto-odio por ningures. Hahah. Eu quero o mellor para a miña cidade.

Unha vez que a cidade da cultura estea rematada daralle de comer a boa parte de Galicia da mesma maneira que a catedral lle deu de comer durante séculos. Se os composteláns e galegos en xeral das épocas románica e barroca se tivesen posto coma vós hoxe non habería catedral.

Que conste que Santiago non é a única cidade galega que adoro. Se Santiago é o París galego, Ferrol é Nova Orléans en pequeno. É o reflexo do século XIX na revolución industrial. O malo que ten é que eses balcóns de ferro e esas fachadas das rúas ferrolás habería que restauralos.

A Coruña soubo tamén reinventarse a si mesma. Vigo pola contra é unha urbe-espantallo (igual có ensanche de Santiago que falabades aí arriba)

Oxalá se continúen as obras e que acabe TODO ben feito.

charino #22 7/Setembro/2007 charino

Castrexo, Chámasme Paleto e vexo que ti nada máis queres o teu campanario. Viaxa un pouco! Ademáis, parece que tí es dos que din que queren e aman a Cultura cando en realidade o único que queren e o Negocio.

Anxo #23 7/Setembro/2007 Anxo

Castrexo, que eu saiba o Milenium de A Coruña ou a Domus ninguen nesta cidade di que sexan feos nin crearon polémica, a única polémica que houbo foi cos custes do Milenium, pero che direi que ambos foron construidos cos cartos das arcas municipais, que a Domus funciona como museo con bos resultados (e tiñan un proxecto para o edificio antes de facelo) e o Milenium xunto coa apertura de paseo maritimo revitalizou o barrio de Labañou. A cidade de cultura sigo decindo non ten proxecto, é caro, está nunha ubicación mala por non decir pésima, os custes de mantemento serán costosísimos (espero que non teña que sufragalos o concello, senón estaredes hipotecados de por vida), e iso de facer cousas ainda que sexan feas e espantosas pero que as fagan é de auténticos páletos e como se compras un ferrari para tirar do arado, quedará moi bonito, pero a parte de non servir de nada será caro.

Anxo #24 7/Setembro/2007 Anxo

Eso si quizais consigas que vaian ver o arado tirado por un ferrari, pero o faran sinxelamente para poder rirse de semellante pailanada.

Anxo #25 7/Setembro/2007 Anxo

Eso si sempre haberá alguén que o considere unha obra de arte, pero lembroche que non todo o considerado obra de arte, chega a tal.

pikolote #26 7/Setembro/2007 pikolote

Coido que a Cidade da Cultura xa ten proxecto. Teno ademais despois dun proceso de participación onde todos os críticos puideron expoñer as súas propostas e tiveron canles para facelo. Poderá ser máis ou menos acertado, pero agora existe. Así que agora o debate debe ser outro: ¿Hai que botar abaixo a obra despois de que fose redefinida polo actual goberno? Creo que non.

Anxo #27 7/Setembro/2007 Anxo

Non ten proxecto definido os seus edificios non saben para que serven se lles troca de nome e contido catro veces en menos de un mes. Non saben se adicalo á cultura, a museos, a ponte con Latinoameria, non teñen nin idea, din cousas por non estar calados e punto, eu non digo que se tiren nin moito menos digo que se construa o que xa esta feito e o que queda por construir que se paralice, que os edificios revirtan na sociedade adicandoos a instalacións de organismos públicos tanto da Xunta coma do propio Concello. Non vale eso de agora que empezamos o acabamos custe o que custe ainda que teñamos que hipotecar os orzamentos de cultura, sanidade, etc. É unha chafallada que o admitan e xa está, e se non o queren admitir polo menos que non sigan dilapidando os cartos de todos os galegos, e se o concello, hosteleiros, cámara, empresarios queren acabalo, pois que o fagan cos seus cartos, ah pero eso non que o fagan co dos demáis.

compostelanio #28 7/Setembro/2007 compostelanio

Eu non teño ningunha información privilexiada e fai meses que lin na prensa sobre os usos que iban ter estes edificios. Hai proxecto definido, e antes non o había. Outra cousa é que a alguén non lle guste ese proxecto. O da ponte con Latinoamérica foi un engadido posterior, e probablemente mal vendido e mal explicado.

charino #29 7/Setembro/2007 charino

Se Quintana e Anxela Bugallo din que hai proxecto, a calar. Todos firmes. E que o panteón vaia a diante.

emigrado #30 7/Setembro/2007 emigrado

O_Castrexo, un par de aclaracións ditas con todo o respeito do mundo:
1- paréceme moi ben que adores o minimalismo e ata podo entender que che pareza unha xoia da arquitectura o CGAC. Eu o que critico é que planten o CGAC diante dunha obra artística que tamén ten o seu valor, e que sobre todo ten moitos anos enriba. Non me parece o lugar adecuado.
2- falas como experto en arte, pero dicir que Compostela é capital mundial da arte ou que "sodes o París ibérico" non di moito a favor de ti.
3- a túa comparación de cidades galegas con outras tipo Compostela-París ou Ferrol-New Orleans é impagable.
4- o que si que non te permito é dicir que Vigo é unha urbe espantallo porque Vigo é unha cidade maravillosa. Alén dos encantos urbanos, que os ten, posúe unha personalidade fascinante desde o meu punto de vista.

charino #31 7/Setembro/2007 charino

Pikolote, pode ser que o panteón teña proxecto pero: a) é o de Don Manuel. b)ten tamén orzamentos para persoal, mantemento, etc... c)de que partida se detraen? ¿dos médicos que non teñen de garda pola noite en ningún dos pobos da montana lucense? ¿para que lles sirve a eles enterrar tantos cartos?

BonKarallan #32 7/Setembro/2007 BonKarallan

Todas as cidades galegas son marabillosas, porque son nosas, a pesar de como as afean algúns construtores co permiso dos concellos.

O_Castrexo #33 8/Setembro/2007 O_Castrexo

Hahaha.

O emigrado é de Vigo. Se a cidade da cultura se construíse en Vigo pensaría de outro xeito. O que pasa é que os localismos en Galiza fanvos pensar así. Cando hai que contribuír para Santiago mandádesnos á merda pero cando os fondos de cohesión europeos van para o porto exterior da Coruña aquí ninguén di nin mu.

Eu non son experto en arte. Só é unha afección. Gústame a arquitectura e as cidades bonitas. Vívese a gusto nelas.

E o CGAC é maravilloso. A ubicación incluída. A arte provoca.

BonKarallan #34 8/Setembro/2007 BonKarallan

Ao meu Betanzos non lle toquedes, que está moi ben como está.

O_Castrexo #35 8/Setembro/2007 O_Castrexo

E estou co último comentario do BonKarallan. Todas as cidades galegas son bonitas (ehem... hai boulevards bonitos en Vigo)

En Galiza ata a choiva é arte. Si somos capital mundial da arte, non só senón toda Galiza. Calquer tipo de arte. A arquitectura galega é sinónimo de arte, a nosa literatura é sinónimo de arte, a nosa música é sinónimo de arte. Galiza crea e exporta arte constantemente.
Logo nos chaman paletos ou provincianos... Si somos capital mundial da arte si.

En Galiza ata a choiva é arte.

O_Castrexo #36 8/Setembro/2007 O_Castrexo

Primeira frase do anterior comentario segundo parágrafo logo do punto:

"Si somos capital mundial da arte, non só Santiago, senón toda Galiza"

... ás veces parezo disléxico cando escribo os comentarios a correr, borro, escribo de novo, curto, pego...

O_Castrexo #37 8/Setembro/2007 O_Castrexo

O dito. Cartos para o porto exterior da Coruña si, cartos para as obras para o tren que alta velocidade Vigo-O Porto si, cartos para o metro de Vigo que quería construír a Porro tamén pero para a Cidade da Cultura non queredes nin un patacón.

O_Castrexo #38 8/Setembro/2007 O_Castrexo

Se lle queren dar proxecto á Cidade da Cultura que se inspiren na Ciutat de les Àrtes i les Ciències de València.

Gaviotero #39 9/Setembro/2007 Gaviotero

El BNG está implicado hasta las cachas en los desmanes de la Ciudad de la Cultura...Aunque hay que irse a leer La Voz para enterarse de esto, porque en Vieiros imagino que no nos lo van a contar...

http://www.lavozdegalicia.es/g...

CIDADE DA CULTURA
El bipartito amplió la gestora del Gaiás contratando fijos a cinco altos directivos
Los nuevos cargos, captados por una vía que Contas censura, cobrarán este año 278.510 euros

Entre el otoño del 2005 y el verano siguiente, la conselleira Ánxela Bugallo (BNG), en calidad de presidenta del Padroado da Fundación Cidade da Cultura, incorporó a la plantilla del citado ente público a cinco cargos de confianza. Con todos ellos firmó compromisos «baixo a modalidade laboral especial de alta dirección» y «cunha duración indefinida», como puede leerse, según el caso, en las cláusulas tercera, séptima y octava de cada contrato. A lo largo del presente ejercicio cobrarán del erario gallego sueldos brutos por un importe global de 278.510,05 euros, cantidad que no incluye sus costes sociales (casi 60.000 más).

De esa media decena de plazas de trabajo, tres habían sido creadas por el Gobierno autónomo que presidía Manuel Fraga (PP): la de gerente, la de gobernante del área económico-financiera y la de arquitecto responsable de la oficina técnica. En su informe sobre el Gaiás emitido a finales de julio pasado, el Consello de Contas censuró las formas del gabinete popular a propósito de este asunto. «Consideramos que agás o do xerente, ningún dos outros postos reúne as características necesarias para configurar un suposto persoal de alta dirección, conforme ás prescripcións do Real Decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula esta relación laboral», sentenciaron los miembros del organismo fiscalizador.

Lejos de corregir ese rumbo, el Ejecutivo encabezado por Emilio Pérez Touriño (PSOE) colocó al frente de los tres citados negociados a otros tantos gestores seleccionados sin concurso público. Además, a mayores fichó a dos recurriendo a la misma fórmula de captación. Los movimientos comenzaron con la contratación del gerente, el 6 de octubre del 2005, a cambio de una retribución anual de 53.749,04 euros. De acuerdo con la normativa presupuestaria, a comienzos de enero de los dos ejercicios posteriores esa cantidad fue revisada al alza, un 2 y un 3%, respectivamente. De modo que ahora supera muy levemente los 56.468 euros.
A las ocho semanas de aquello, el 1 de diciembre, el segundo hombre en llegar a la fundación de la mano del bipartito fue el actual director económico-financiero, con un sueldo de 43.193,92 euros (hoy 45.379). Mientras, el 7 de agosto del 2006 arribó su homólogo en el departamento técnico, con 82.000 euros de salario (84.460 en estos momentos). Entre los aterrizajes de uno y de otro se produjeron, el 1 de marzo y el 8 de junio, los de dos ingenieros para ocupar sendas plazas hasta entonces inexistentes: los timones de las áreas tecnológica e infraestructural. Se sumaron al equipo con emolumentos idénticos, de 44.758,18 euros por año (46.100,9 ahora).
Dedicación e incompatibilidad
Los tres últimos contratos rubricados por Bugallo coinciden en una advertencia. «O traballador -rezan- terá [...] dedicación exclusiva á fundación, quedando expresamente prohibido o desenvolvemento de calquera outra actividade, xa sexa gratuíta ou remunerada».
En cambios, los dos documentos que la nacionalista había suscrito inicialmente sólo determinan en su punto cuarto: «O traballador quedará suxeito ás prescricións que sobre incompatibilidades establece a normativa estatal e da comunidade autónoma».

teixugo #40 9/Setembro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS QUE COMESTES À SOPA BOBA DA GENTE HONRADA E ENGANADA DO PAÍS.

AGORA: OPOSIÇÃO!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: