Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
8 de setembro, Día do Cooperante

Máis de 600 galegos traballan na cooperación ao desenvolvemento

Espállanse por 70 países de América, África e Asia, predominan as mulleres e o 93% son relixiosos. Son datos do primeiro censo elaborado en Galicia pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Redacción - 10:00 08/09/2007
Unha misioneira

Unha misioneira

O primeiro dos destinos dos cooperantes galegos é Latinoamérica: un 82% traballan en América do Sur e Central, un 15% en África e o 2% restante en Asia. En canto a países, Venezuela, Brasil e Perú son os principais receptores de cooperantes.

Ademais, os misioneiros integran case o total do corpo de cooperantes galegos: 576 son relixiosos, dos que 98 pertencen á Diocese de Lugo, 66 á de Vigo, 223 á de Ourense, 143 á de Santiago e 46 á de Mondoñedo-Ferrol. E en canto ao ámbito de actuación, a maioría traballan no desenvolvemento de programas económicos, educativos e sociais e na mellora das condicións hixiénico-sanitarias.

O Día do Cooperante foi aprobado polo Consello de Ministros o 28 de abril do 2006. Entre outras iniciativas, o comité organizador propuxera aprobar mocións de recoñecemento da actividad dos cooperantes. É unha xornada para lembrar e pór en valor esta actividade.

No día previo a esta conmemoración, a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, defendeu a necesidade de recoñecer o "grande esforzo" deste colectivo, e sinalou a dificultade e risco que ás veces supón por traballaren en países en conflito ou en situacións moi difíciles. A Dirección Xeral duplicou no último ano as bolsas de formación, tanto para traballar en Oficinas Técnicas de Cooperación (OTC) da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e na Dirección Xeral de Cooperación Exterior como en proxectos sobre o terreo.


3/5 (3 votos)


Comentarios (4)

O_Castrexo #1 8/Setembro/2007 O_Castrexo

Ben! Pero se hai cristiáns que se preocupan polos seres humanos de "segunda" e de "terceira"! Eu cría que eles só pensaban en si mesmos e nos beneficios das súas empresas, guerras ilegais, enfrontamentos con outras relixións, etc. Deberían aprender os "cristiáns" do PP...

Xiurisma #2 8/Setembro/2007 Xiurisma

Se tiverades unha visión menos sesgada da realidade ben poderíades ter usado o feminino. Por maioría, digo eu. Desas 600 persoas 550 son/somos mulleres e o medio cento restante homes. É de rigor chamarlle ás cousas polo seu nome.

felipin #3 10/Setembro/2007 felipin

Habería que comezar a poñer un pouco de orde nesto das ongs e a cooperación. Todos crean ongs á súa medida sexa para o fin que sexa ó amparo do paraugas da cooperación. Se a cada misioneiro/a que ten por interés espalla-la súa fe polo mundo seguindo o mandato do seu deus lle chamamos cooperante porque consigue recaudar fondos ou porque contribúe a organización do lugar onde se atopan, mesmo que discrimine a súa axuda entre os que sí son da súa igrexa e os que non ..., mal. Se lle chamamos ongds as que montan estas asociacións conservadoras made in usa no leste de europa para criar revolucións á medida dos intereses das súas empresas, mal. E ¡que dicir da definición de AOD e do dubidoso papel das axencias gubernamentais de desenvolvemento nos diferentes países nos que se atopan!

ecoe #4 10/Setembro/2007 ecoe

Primeiro tíranselle as riquezas e os dereitos ás poblacións -de onde emanan as obrigas dos €stados, e por tanto as necesidades de facer eses traballos-, e logo faise a Cooperación ou VOLUNTARIADO, enviándolles as misioneiras.

Viva o señor Marqués de Montalbán, que primeiro fixo a pobreza e despois a Caridá! (ou algo así era)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: