Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Inauguración do curso 2007-2008

Quintana di que as galescolas serán "ante todo e sobre todo, boas escolas"

Afirma que os que as cualifican de "centros de adoutrinamento nacionalista" son os mesmos que "desprezan a Rosalía de Castro" e que "non son deste mundo".

Redacción - 18:57 07/09/2007
Tags: galescolas
O proxecto das galescolas bota a andar con 48 centros

O proxecto das galescolas bota a andar con 48 centros

O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, abriu este venres en Vilaboa (Pontevedra) o curso 2007-2008 na Rede Galega de Escolas Infantís ou galescolas. O mandatario salientou a posta en marcha dos primeiros centros desta rede como "exemplo do cambio galego" e opinou que é un proxecto "cargado de futuro".

Durante o acto en Vilaboa, ao que tamén asistiu a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, Quintana explicou que 3.000 nenos comezan a encher de vida ao proxecto Galescola, "que bota a andar con 48 centros en todo o país". Quintana afirmou que as galescolas "simbolizan unha auténtica forza para o cambio e unha esperanza para o futuro do país".

Un milleiro de novas prazas

En total 23 novas galescolas abren por primeira vez as súas portas neste trimestre, o que supón a creación de 1.000 prazas na educación infantil pública de 0 a 3 anos. A estes centros hai que sumar as 25 escolas infantís que xa xestionaba a Vicepresidencia da Xunta, que acollen 2.079 cativos.

Quintana explicou que as galescolas serán "ante todo e sobre todo, boas escolas" e que o respecto á identidade será o segundo pivote. Asegurou que se trata dunha "iniciativa pensada para Galiza e en clave galega".

Así, afirmou que as Galescolas van proxectar unha educación "sen complexos, respectuosa coa nosa cultura e orgullosa da nosa lingua, para educar ás xeracións do futuro no respecto e na coherencia co que somos".

Neste senso, o vicepresidente criticou os que afirman que as Galescolas "son centros de adoutrinamento nacionalista", dos que dixo "son os mesmos que desprezan a Rosalía de Castro". "Non podo pensar outra cousa máis que son extraterrestres, non son xente deste mundo", engadiu.

Plan de excelencia

Para a excelencia das galescolas, os centros contan cunha completa oferta educativa e pedagóxica para os máis pequenos, que vén avalada polo Plan de Calidade e Mellora Pedagóxica 2006-2009.

Ao respecto, a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, detallou que o citado plan desenvolverá un proxecto educativo para cada centro e potenciará a participación dos usuarios.

De aquí ao final da lexislatura, a Rede de galescolas sumará un total de 121 centros, cun investimento total de 33 millóns de euros, que suporán a creación de máis de 6.000 novas prazas e a xeración de 1.200 postos de traballo.


5/5 (10 votos)


Comentarios (7)

OBSERVADOR #1 8/Setembro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

XUNTAESCOLAS!!!!

LOIS_DE_SILAN #2 8/Setembro/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais, que significa "boas escolas"? Imaxinádesvos que dixese "malas escolas"? Con esta precisión definitoria aínda habemos acertar ben veces! Agora si que xa non podemos saber o que son/serán as galescolas! Con tal de falar calquera ambigüidade vale!

manelon #3 8/Setembro/2007 manelon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nin legalidade nin lexitimidade nin utilidade:

1. A ter en conta cando se fala das galescolas:

"Segundo o disposto no artigo 13.3º da Lei de normalización lingüística, os alumnos e as alumnas NON PODERÁN SER SEPARADOS EN CENTROS NIN AULAS DIFERENTES POR RAZÓN DA LÍNGUA". (Artigo 7, Decreto 247/1995 do emprego do galego no ensino)

"Os alumnos NON PODERÁN SER SEPARADOS EN CENTROS DIFERENTES POR RAZÓN DA LINGUA. Tamén se evitará, a non ser que con carácter excepcional as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes". (Lei 3/1983, do 15 de xuño de Normalización Lingüística (D.O.G.: 14/7/83)).

2. Calquera sistema educativo decente debe destacar en primeiro plano a conciencia da pertenza á humanidade. Do contrario, impón ás mentes dos educandos unha identidade cultural particularista e pechada, está sometendo a esas mentes a un fraude moral e a un engano intelectual, se e que non está contribuíndo directamente a unha sementa do sectarismo. En tal sentido tense falado de “identidades asasinas” (Amin Maalouf).

3. Dous idiomas poden vivir man a man nun mesmo lugar e coexistir sen confundirse (Saussure, Cours de linguistique générale, páx. 235). Poderiamos admitir que na Antigüidade, no Mediterráneo, os países unilingües eran excepción (ibid., 237).

4. Non se poden establecer fronteiras entre linguas mellor ca entre dialectos, a extensión do territorio é indiferente (ibid., 248).

5. O límite que se cre separa dúas linguas só pode ser convencional (ibid., 249).

6. A lingüística sincrónica non admite máis ca unha soa perspectiva, a dos suxeitos falantes (ibid., 258).

7. A consanguinidade (raza, etnia) e a comunidade lingüística non parecen ter ningunha conexión necesaria, e é imposible deducir unha da outra (ibid., 269).

8. Unha Galicia, e o mesmo vale para Europa, de xente que fale varias linguas, só vai ser posible sobre a base da intercomprensión e non do monolingüismo (sexa en inglés, español ou galego).

3. A intercomprensión é o feito de comprender diversas linguas sen falalas: cada un fala e escribe na súa lingua, e comprende e le as dos outros. A intercomprensión baséase na capacidade dos falantes de encontrarse falando cada un a súa lingua propia e entendendo a do outro, a pesar de non falala fluidamente.

Tarelo #4 8/Setembro/2007 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min este run-run dos "centros de adoutrinamento nacionalista" xa sexa para críticalo ou afirmalo, de se se vai ensinar o hinno da nación, etc., pareceme desviar a atención da opinión pública, por unha ou otra parte, por que para mín a cuestión realmente importante, é que se camiña hacia a privatización da ensinanza, e por riba se promove ou fomenta con cartos públicos. Tamén me preocupa que se creen xeracións de galegos de "galeescola" e de "nongaleescola", en función de que ideoloxía política é o alcalde da túa vila, e de si entra ou non polo aro.

Por outra banda, o igual que ca empresa semiprivada SOGAMA, ou entras polo aro, ou non tes servicio, non hai subvencións para outras alternativas e tes serios problemas.

Sen esquecer resaltar que o persoal das galescolas non son funcionarios, o seu emprego é precario, pois non terán dereitos de trababalladores públicos, o criterio de selección non será público, non cobraran coma traballadores públicos, a súa xornada de traballo non ten porque ser igual a dun traballador público, a duración do seu contrato non ten porque ser igual a dun traballador público, ...... se trata dunha "iniciativa pensada para Galiza e en clave galega" (¿galego/a = parvo/a, escravo/a, man de obra barata, inferior, distinto? é esta a definición de galego/a do BNG? Coido que si. Galego/a querete, vales máis do precio que che impón o BNG (e os outros galeguistas e nacionalistas españois/galegos)

Gaias #5 8/Setembro/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chamame a atencion coma Rajoy e Feijoo desprezan o noso hino.Pero non teñen reparos en impoñer a bandeira española(esa bandeira que nos deixou a dictadura franquista) ,mesmo no pais vasco.
Os simbolos galegos NON (no nome da liberdade), pero os espanhois SI. Asi e a dobre cara das xentes do PP e tamen Psoe.
Viva Galiza ceive!

Gaviotero #6 9/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La bandera española, Gaias, es muy anterior a la dictadura franquista...sí, hombre, sí, ese periodo durante el cual tú cantabas el "Cara al Sol" y gritabas eso de "¡Franco, Franco, Franco!"

teixugo #7 9/Setembro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS QUE COMESTES À SOPA BOBA DA GENTE HONRADA E ENGANADA DO PAÍS.

AGORA: OPOSIÇÃO!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: