Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

Ezequiel Mosquera, terceiro na primeira etapa pirenaica

Tan só 16 segundos o afastaron dos protagonistas da xornada: Leonardo Piepoli, que consegue a súa primeira etapa, e a Denis Menchov, de Rabobank, novo xersei de ouro na súa chegada a Cerler.

Redacción - 18:21 09/09/2007
Ezequiel Mosquera na contrarreloxo de onte

Ezequiel Mosquera na contrarreloxo de onte

O ruso lidera tamén a combinada e remonta na clasificación por puntos, malia non quitarlle o liderado ao galego Óscar Freire. Pola contra, foi un día crítico para Pereiro, quen finalmente abandonou. A montaña e a doenza que sofre dende onte derrotárono, e, xunto con Bradley McGee, do Française Des Jeux, Francesco Chicchi, do Liquigas, e Arkaitz Durán, do Saunier Duval, houbo de retirarse.

E o Karpin queda cuarto na clasificación por equipos da xornada, a dous minutos do líder, o Caisse d'Epargne, por baixo do Predictor e o Euskaltel, polo cal sobre até a oitava posición da xeral, que segue liderando o Caisse. En canto á montaña, Serafín Martínez mantense de primeiro.

A xornada de hoxe era especialmente dura, cunha subida final de 12 quilómetros, dun total de 167,6 que separan Huesca da estación de esquí de Cerler. Mañá, na que xa é a décima etapa da Vuelta, son nada menos que 214 quilómetros os que toca percorrer, dende Benasque até Andorra (Vallnord, a 2.200 metros). Polo medio, retos como o Collo de Fadas (1.420 metros) ou o Porto do Cantó (1.720 metros) agardan polos ciclistas.


3/5 (4 votos)


Comentarios (2)

El_pastorrr #1 10/Setembro/2007 El_pastorrr

EIN??, pero se de terceiro entrou Ezequiel Mosquera, Serafín Martínez o que fixo foi conseguir puntos nos portos de montaña anteriores ó último e seguir de maillot da montaña... so tedes que mirar a web da volta ho!!

E si, o Ezequiel é un fanómeno!

dumiense #2 10/Setembro/2007 dumiense

Quen carallo é o ignorante que escribe as crónicas de ciclismo en Vieiros. Coido que nunca na súa vida viu unha etapa de ciclismo. Xogámonos algo?

Os xornais e os medios de comunicación deberían aprender que por ter o título de xornalista non quere dicir que os xornalistas saiban escribir de todo. Así despois saen crónicas tan penosas como as de Vieiros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: