Garante que a comisión que investigará a Cidade da Cultura vai discutir calquera responsabilidade política no proxecto.
A presidenta do Parlamento referiuse este luns ás discrepancias entre as dúas forzas que substentan o Goberno. Dolores Villarino subliñou que é evidente que socialistas e nacionalistas teñen un modelo de país diferente e que esa é a causa das diverxencias internas. A isto engádalle a proximidade dos próximos comicios estatais. Porén, afirmou que chegados ao ecuador da lexislatura é evidente que hai “estabilidade” no executivo e que se están a cumprir os compromisos de goberno.
Nunha entrevista concedida a Europa Press, Villarino garantiu que o Parlamento vai investigar até o final calquera posíbel responsabilidade política nas obras da Cidade da Cultura. A este respecto, lembrou que o Consello de Contas non depurou ningunha responsabilidade política e que isto será a función da Cámara. A presidenta reiterou que a comisión que se constitúe este martes analizará o comportamento do executivo popular e tamén o do bipartito: “vai servir para que ninguén quede coa idea de que quedan cousas por coñecer”.
A min gostariame que tamén se investigue o Porto Exterior de A Coruña e Reganosa.
la comisión de investigación es un fraude pues no se puede ser juez y parte.
No capitalismo tódalas institucións son xuíz e parte ó tempo
Villarino...¡ay, Villarino! ¿Cuántas obras que aprobaste en tu época de concejala en Vigo han sido declaradas ilegales?
Menos mal que te encontraron acomodo en la Presidencia del Parlamento, para fortuna de todos los vigueses a los que tu actividad allí nos resulta intrascendente...