Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SELECCIONADAS OITO PRODUTORAS AUDIOVISUAIS

Publicadas as 237 empresas que terán subvencións para novas tecnoloxías

Innovación e Industria repartirá 3,2 millóns de cartos públicos entre proxectos empresariais relacionados coa sociedade da información

Redacción - 11:03 11/09/2007

A Consellería de Innovación e Industria acaba de facer público a listaxe das 237 compañías que recibirán subvencións para actividades relacionadas coa sociedade da información. Son en total 3,2 millóns de euros en axudas públicas.

Segundo Industria, as empresas investirán máis de 10,7 millóns a raíz dos programas presentados á convocatoria, pois a subvención só cubre, como máximo, a metade do investimento subvencionábel.

Na relación de seleccionados destacan as axudas á implantación de aplicacións informáticas, concepto polo que a Xunta repartirá máis de 1,8 millóns entre 131 empresas. No sector audiovisual, serán oito produtoras as que se repartan 151.000 euros.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: