Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS FEITOS SUCEDERON NUNHA MANIFESTACIÓN DE AMI

Dez persoas presentan denuncia polas cargas policiais do pasado 24 de xullo

O colectivo Ceivar colgou na rede un vídeo no que se poden ver as imaxes da controvertida actuación policial nas vésperas do Día da Patria.

Redacción - 14:05 11/09/2007

A policía cargou con forza contra os mozos e mozas que estaban a participar na Rondalha da Mocidade independentista, unha manifestación que cada ano convoca AMI en Compostela, na noite de véspera do 25 de xullo. Algúns dos participantes tiveron que recibir asistencia médica. Agora, o colectivo Ceivar anuncia que dez dos agredidos xa presentaron denuncia contra aos axentes.

O vídeo está composto por imaxes gravadas nas celebracións do 24 de xullo e fotografías da carga, así como imaxes do día a seguir, o 25 de xullo e das contusións e feridas que sufrían algúns dos presentes nas manifestacións dese día.

O material gráfico, moito del aínda inédito, pode verse no YouTube en dous pedazos, ou en Google, onde se ve o vídeo enteiro, como aquí, a seguir:


4,64/5 (14 votos)

Comentarios (5)

Gaviotero #1 12/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Jajaja! Represión política, dicen...estos pipiolos, niñatos de papá, que juegan a revolucionarios, y que no saben ni de lejos lo que es la represión política.

Por cierto...si tan inocentes son...¿por qué muchos ocultan sus rostros? ¿O será para que no les vean sus papás y sus mamás?

Una pena que la Policía no se empleara a fondo con estos mamarrachos. Gracias en todo caso a las Fuerzas de Seguridad del Estado por protegernos a los gallegos de estos delincuentes.

Pero no hay que darle más vueltas al asunto...estos de AMI son cuatro gatos mal contados. No hay más que ver su propio video...

PD: Por cierto, chicos de AMI, intentad que al menos los que se ponen delante de un micrófono sepan expresarse...¡que dan pena! Y la estética...que es lo más parecido al KukuxKlan.

Pablinho #2 12/Setembro/2007 Pablinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia co Gaviotero revolucionario que coñece de preto a represión política. Juas!!!

Non tes nin idea (as usual) do que falas, tan só escrebes para buscar a provocación burda e parcial propia dos comunicadores da dereita, utilizando frases absurdas como: "porqué muchos ocultan sus rostros?. Gracias a las FSE por protegernos de estos delincuentes"

Como ves non re-escribo o de "a los gallegos" porque para min non eres nin galego nin sequera español, eres un depredador apátrida, un nostálxico dos tempos que para ti, sen dúbida, eran mellores e que te aferras a unha vana esperanza para que se repitan; eres unha especie, por sorte, en extinción, que ante o avanzo da sociedade non soubo adaptarse e que está abocada ao fracaso como membro dunha sociedade que cada día avanza un pouco máis grazas a evolución e conseguinte extinción de suxeitos coma ti.

Como depredador, eres un oportunista que se agocha detras dunha mensaxe demagoga e desinformativa a cal, nun foro deste tipo o único que provoca é o total rexeitamento e xenreira (aínda máis do que xa lle provoca a algúns) a todo o que cheire a españa, ou sexa que fraco favor lle fas á consecución dos teus fins últimos, máis ben todo o contrario, a non ser que os teus fins sexan radicalizar e tentar que na Galiza ocorran cousas que nunca existiron no noso País; nese caso, ten coidado coas tuas afirmacións xa que poden facer que moita xente faga cousas das que despois te teñas que arrepentir.

A mais ver.

BonKarallan #3 12/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que ten o home da fotografía, fíxollo unha mulher-poli cos fociños. Unha vampiresa amiga de Gaviotero.

baltar69 #4 12/Setembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e logo que esperábades da policía? eu teño visto tanto a este como outros corpos de segurirdade do estado mallando en obreiros en folga, en labregos movilizados ou en inmigrantes que reclaman papeis. pero nunca vín a ningún de estes santos varóns fillos da democracia quentándolle a badana a un banqueiro, que a postre son os seus xefes. eu non quero dar ideas, pero quizás para outros anos e esperando estas visitas, compre estar xa un pouco preparados, que non se ganen o salario de forma tan sinxela e que reducirnos non sexa tan doado coma matar pescadeiras.

zus #5 13/Setembro/2007 zus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

qen che dera ser poli e javota??? a estes o único q lles importa é mallar,son coma animais..TÚZAROS!!...
canta razón ten Pablinho...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: