Adega pregúntanse por que a consellaría non expropia terreos de interese público do mesmo xeito que o fai para favorecer intereses privados.
Sálvora vista dende Aguiño / Foto: Luís M. Bugallo
O Ministerio de Medio Ambiente anunciou a compra da illa de Sálvora por 8,5 millóns de euros. O terreo, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, fora adquirido polo mesmo importe por Caixa Galicia ao seu propietario, o marqués de Revilla. O ministerio exerceu o dereito de retracto para devolver a illa ao patrimonio público.
O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, criticou a pasividade da Administración do país á hora de facer pública a illa de Sálvora, situada á entrada da ría de Arousa: “Se houbese vontade, a Xunta tería iniciado un procedemento de adquisición por expropiación, retracto, ou outra modalidade”. Pero deixou que fose Caixa Galicia a que mercase a área protexida e que agora o ministerio faga o propio. “Estou certo de que a Consellaría de Medio Ambiente coñecía o propósito da caixa de adquirila. A intención da consellaría era aforrar os 8 millóns de euros”.
Tampouco lle pareceu correcto a Fins Eirexas o procedemento de devolución de Sálvora á titularidade pública. Para el, o ideal sería facer o mesmo ca con Cortegada, que a consellaría mercou por 1,8 millóns de euros. “A Administración ten todos os ases na man á hora de presionar os concellos e as empresas. Criticamos o agravio comparativo de trato a Caixa Galicia e ao marquesado, mentres non se cortan un pelo ao expropiar terreos para as obras do AVE”.
Investimento a medio prazo
Segundo Eirexas, tería sido “sanísimo” cortar a operación da caixa e expropiar a illa, para compensar dalgún xeito o que se lles fai aos pequenos propietarios para destinar os seus terreos á construción de infraestruturas ou mesmo a favor de intereses privados, como as piscifactorías. “Hai distintas varas de medir”, asegurou. Tamén lle resultou sospeitoso o feito de que a caixa mercase unha illa onde non se pode construír: “Non imos ser tan inxenuos para crer que Caixa Galicia o fixo de xeito filantrópico. Nun medio prazo, espazos protexidos poden deixar de selo, e as empresas sábeno. A Administración pode chegar a descatalogar terreos, como xa fixo no Courel, en Cabo Vilán ou no Suído para a especulación urbanística, industrial ou eólica”.
Adega preguntaralle ao conselleiro no próximo Consello Galego de Medio Ambiente, previsto para este mes, cal é a política da Administración do país na adquisición de terreos para a súa protección, como si está a facer o goberno español. Ademais, reclamará que se inclúan no Parque Nacional, ou polo menos se lle dea unha protección semellante, ás illas Sisargas: “Queremos saber cales son as intencións da Xunta coas Sisargas, se vai pasar como con Cortegada ou como con Sálvora”.
Visualizar o mapa ampliado
Tranquilidade, que agora que xa a mercou o rateiro Méndez -xa está en mans amigas- e por unha ben módica coima e unha boa taxa de gañancia xa pode ser pública, que non de mancomún.
Xa é ben sabido que ó capital non se lle pode "acosar" desde a sua propia administración, pois non sería natural. Sobnos moi sentidsos os capitalistas e os seus xestores (o seu millor nome sería executores!).
Teño que dicir que quedei alucinado. Hoxe pola mañán lin por riba, na Voz de Galicia, que se exercera o dereito ao retracto. Pero pensaba que o fixera a Xunta de Galicia e non, a Illa de Sálvaora mercouna o Ministerio de Medio Ambiente. ¿Estes da Xunta a que xogan? Como ben di Fins Eirexas, en Galicia exprópianse terreos particulares para beneficio de empresas privadas, e cando se trata de conseguir terreos para beneficio de todos os galegos, miran para outro lado. Que vaian enganar a outro.
Torpiño está esperando a que se acerquen un poco más las elecciones para hacerse la foto con Zapatero, Otegui, De Juana Chaos, Castro (si llega vivo para entonces...), Chávez...en fin, la morralla que les suele acompañar.
NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!
hoje está conmosco o "faltón" rajoiniano!!!
Ti gaviotero non tes dous dedos de fronte. Danche igual as ideas e obxectivos, o conto é criticar porque claro, como Franco está morto segundo ti todo vai mal. Eu, en cambio, creo que como Franco está morto todo vai mellor e mellor irá.
Ultimamente hai uns negocios de gran altura nos que intervén Caixa Galicia que che cagas.
Méndez compra Sálvora e véndella á Xunta. Amancio Ortega compra o edificio do cine Avenida da Coruña e véndello a Méndez.
Estase comerciando con mercancías perigosas. Armas de destrución "mas-IVA" que diría Bush.