Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
XXX romaxe de crentes galegos

Oración da tarde: UNHA PAISAXE, UNHA PALABRA, UN...

Aínda que para moitos esta fose unha romaxe máis, para min foi a primeira, de moitas outras, espero. Despois dun agradable día no campo, que mellor maneira de pechalo que cunha breve oración. Pareceume curioso o feito de que houbese un cambio espacial. Vaia unhas vistas! A oración tivo como decorado de fondo un miradoiro dende onde se podía gozar da nosa terra en todo o seu esplendor.

Mar - 17:22 11/09/2007

Comezamos e dinnos que imos dedicarlle uns minutos a facer unha panorámica do día que acabamos de vivir.
Nese intre sentinme moi a gusto, porque tiña toda unha serie de sensacións e recordos agradables que non quería esquecer por nada do mundo.
Sentei e collín a folla que nos deran de guión, sen abrila, para deixarme sorprender en cada instante.
De súpeto, invítannos a pensar nunha paisaxe... Non vale rirse, pero o primeiro que me veu á mente foi unha silveira onde estiven a coller amoras. Non tanto polo lugar en si, senón pola conversa que mantiven cuns nenos que estaban a facer o mesmo ca min. Porque que saibades que as amoras saen en agosto pola zona de Pontevedra, outros temos que agardar un pouquiño máis para comelas.
Unha palabra... Pois quedo co silencio, que moitas veces é a mellor palabra que podes escoitar.
Un rostro... A ledicia de moitos que nesta romaxe estaban a celebrar a súa fe dunha maneira que os enche profundamente.
E, finalmente, unha man... Aquí tedes as miñas mans para axudar no posible a que recordedes ou saibades o que unha moza da Coruña xunto con outros viviu e sentiu na oración do serán da XXX Romaxe de Crentes Galegos.
Porque, ao fin e ao cabo... “Señor, que ben estamos aquí...!” Un biquiño.


4,88/5 (8 votos)



Oración da tarde
Oración da tarde
Oración da tarde
Oración da tarde
Oración da tarde
Oración da tarde