Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presupostos Xerais do Estado

O Estado propón 1.800 millóns para Galiza, mais o BNG quere chegar a 2.000

Francisco Rodríguez desvelou que o proxecto que presentará o goberno español prevé "máis de 1.800 millóns para o noso pais, un punto de partida positivo para negociar".

Redacción - 14:01 12/09/2007
Pedro Solbes e Francisco Rodríguez reuníronse esta cuarta feira

Pedro Solbes e Francisco Rodríguez reuníronse esta cuarta feira

O portavoz do BNG no parlamento español, Francisco Rodríguez, amosouse confiado despois da entrevista mantida co Ministro de Economía, Pedro Solbes, para negociar as partidas que serán destinadas a Galiza nos Presupostos Xerais do Estado para 2008. "Teño a confianza de que imos conseguir chegar aos 2.000 millóns de euros", afirmou.

O voceiro nacionalista explicou en rolda de prensa que o encontro resultou positivo porque "se cumpren algúns dos requisitos fundamentais para o BNG: o 8%, do total a investir no Estado, para as infraestruturas ferroviarias, viarias e ambientais, unha das condicións que lle puxemos ao goberno para comezar o diálogo", explicou.

"O punto de partida xa é aceptábel para poder negociar. Non hai dificultades insalvábeis, o proceso está ben encarrilado, o punto de partida é positivo", aseverou, e engadiu que "de inicio xa vai aparecer unha cifra superior ao aprobado o pasado ano para Galiza".

Obxectivo: 2.000 millóns
Nos Presupostos Xerais do Estado anteriores destináronse 1.754 millóns de euros tras as negociacións co BNG. Mais nos deste ano -que previsibelmente serán presentados por Solbes o 21 de setembro en Consello de Ministros- a cifra de partida é superior, algo máis de 1.800 millóns de euros.

"Temos a vontade de acadar finalmente os 2.000 millóns de euros. Unha cantidade que consideramos necesaria para cubrir as demandas que plantexamos", afirmou Francisco Rodríguez.

O BNG condiciona o seu apoio ás contas do Estado ao obxectivo de conseguir os 2.000 millóns para Galiza, que se materializarán nas emendas presentadas ao proxecto de lei nos quince días posteriores ao inicio da tramitación na Cámara Baixa, na última semana do mes de setembro.

En anos anteriores estas emendas, é dicir, a consecución do acordo entre os nacionalistas e o goberno de Zapatero, foron presentadas conxuntamente polo BNG e o PSOE pouco antes de finalizar o prazo de quince días.

Infraestruturas ferroviarias

Francisco Rodríguez indicou que dende o punto de vista das infraestruturas ferroviarias, tiñamos tres obxectivos básicos: o tramo Lubián-Ourense, o tramo Ferrol-A Coruña e a liña Vigo-Porto.

"O noso propósito neste senso é que o goberno asuma o inicio das obras do tramo de alta velocidade Lubián-Ourense no 2008 para que estea operativo no 2012. Xa sabemos que o goberno vai comezar as obras o próximo ano, o que era unha condición indispensábel para nós. Hai garantías sobre isto", anunciou. Ademais, sinalou que "faremos todo o posíbel para que se inicien as obras do tramo Ferrol-A Coruña no 2008, así como que comecen as obras da saída sur de Vigo".

Tamén salientou que está enriba da mesa a cuestión relativa á rede ferroviaria de proximidades ferroviarias: "Estamos inmersos nunha negociación política para que Galiza teña tren de proximidades. Adicamos unha parte substancias das conversas a este tema. Aquí é moi importante a vontade política e a implicación da Xunta".

Por último, explicou que as demandas do BNG na negociación das partidas para o país xiran en torno á mellora da depuración e abastecemento de augas, á rehabilitación do patrimonio cultural en mans do Estado, á mellora das infraestruturas en todas as cidades galegas, á aplicación da lei de dependencia, ao desenvolvemento do agro e á innovación tecnolóxica no naval.


5/5 (7 votos)

Comentarios (15)

Brais #1 12/Setembro/2007 Brais

Cando se fala de Paco Rodríguez sempre corren ríos de tinta. Del pódese escoitar que é sectario, que manipula con man de ferro o BNG por medio da UPG, que é cadriculado...Mais, digan o que digan, non teño dúbida que é o mellor parlamentario que ten tido Galiza en Madrid dende Castelao. É de xustiza recoñecelo.

BonKarallan #2 12/Setembro/2007 BonKarallan

Iso, iso a regatear. Pois que non se fale máis e deixámolo en 1.900 €

carlosroca #3 12/Setembro/2007 carlosroca

Se temos tren será grazas ao BNG...

xacataca #4 12/Setembro/2007 xacataca

Carallo Brais, quedaches a ghusto

El_pastorrr #5 12/Setembro/2007 El_pastorrr

Inda menos mal que están preí os bloqueiros, que si non, nin medio patacón nos daban....

Gaviotero #6 12/Setembro/2007 Gaviotero

Bueno, esto es el teatrillo de siempre con los nacionalistas-alfombrilla, de los cuales el carpetovetónico Paco Rodríguez es un fiel representante.

Van a darnos 2.000, pero para ganarse el voto bloqueiro, más seguro que el del propio grupo sociata, porque si no Quintana se queda sin coche oficial y secretaria, pues los sociatas dan primero 1.800 que en el último instante cuando parezca que los bloqueiros no van a apoyar los presupuestos, subirán a 2.000

De esta forma, el PSOE logra su objetivo de que le apoyen los presupuestos todos sus apéndices regionales (esto es, el BNG), y Paco Rodríguez podrá sacar pecho haciendo como que se lo ha currado...

¡Cuánto teatrillo!

El_pastorrr #7 12/Setembro/2007 El_pastorrr

E os sociatas daranlle máis diñeiro ca nunca (moito máis que durante o goberno amigo de Pepe Mari) a Galicia, e o Bloque demostrará unha vez máis a utilidade que ten no Parlamento español, por moito que lle pique a algúns...

afonsoriscos #8 13/Setembro/2007 afonsoriscos

hai un dato incontestábel, nestes derradeiros anos de zp no goberno a cantidade de cartos destinados a galiza é inconparábel coa merda que nos daban ata entón, máis boa parte do mérito é de francisco rodriguez e da súa teimosía nas negociacións. este ano o nazonalismo galego élle imprescindíbel ó zp para aprobar os presupostos, polo que creo sinceiramente que non haberá serias dificultades para acadar os 2000 millóns, que dende logo é unha cifra bastante sustanciosa. pena non ter tido máis forza durante os derradeiros anos, outro galo tería cantado, nembargantes este tipo de negociacións amosan ben as claras a importancia de que galiza sexa condicionante no congreso, e iso, non nos engañemos, non ocorre grazas precisamente ós deputados galegos do psoe e do pp, que deben de andar por alí a rañala.

carlosroca #9 13/Setembro/2007 carlosroca

Corrixo, estes do PP e PSOE polo menos teñen que disimular e fcer cousas desde que o BNG anda pola Carrera de San Xerome.

Será "teatrillo" pero ben útil para o País, e iso é indiscutíbel, igual que os número para investimentos en infraestruturas e nomeadamente no tren, e cada ano que pase con esta situación de non maioría absoluta e utilidade do voto do BNG os investimentos se consolidarán.
Haberá quen non o queira ver, pois que siga chosc@....

Xabi1 #10 13/Setembro/2007 Xabi1

Paco será o mellor parlamentar desde Castelao, pois vale. Comparado con outros, pois case que sí.
Este ano serán moi necesarios os votos do BNG para aprobar os orzamentos. Veremos despois das vindeiras elecións, cando Paco no repita, a ver cántos escanos obtén o BNG. Pra min, que baixa un.
Tamén sería de xustiza recoñecer que o sempre falso PSOE esta-se a portar ben con Galiza, noon hai que esquecer que Touriño é sociata e preside a Xunta, convén non esquecelo, non por nada nen por sacar méritos ao noso Paco, máis ben por situar a xogada no seu xuxto punto.

xacataca #11 13/Setembro/2007 xacataca

Concordo en parte contigo Xabi1. Mais ten en conta que Touriño non vota no Congreso, e si que o fai o BNG por medio do "Coronel" Paco Rodríguez. Por certo, os votos nacionalistas galegos son máis necesarios ca nunca (e máis que poderían ser).

carlosroca #12 13/Setembro/2007 carlosroca

Ai ai ai como nos gusta poñer peros para desmerecer o bo labor, a maximización de dous escanos no congreso. En fin, Pais, ao BNG nunca se lle recoñece con xustiza o seu labor. Seguirá sendo así no futuro?

Xabi1 #13 13/Setembro/2007 Xabi1

Tes razón. Touriño non vota no Congreso.
E, Carlosroca, ser crítico significa exactamente iso, exercer o parecer sobre actuacións determinadas dos políticos, neste caso nacionatas. E exercer ese dereito non significa estar nas posicións do PP nen colaborar co PP. Fique claro. Mellor estaría de tivera fe acrítica, se crera irracionalmente. Ao BNG babará dque recoñecer-lle o que lle corresponda, o bon e o menos bon, pero instalar-se na crenza pachada de que só así e con estes estamos no bo camiño, qué queres que che diga.

carlosroca #14 13/Setembro/2007 carlosroca

Temos todo o dereito a dicir o que queiramos cada quen...claro...eh?
Fé acrítica? quen falou de crer sen ver e sen criticar?

Non, se non hai xeito de que se recoñeza nada bon. Sempre "peros" ainda que se logren os obxectivos que ninguén acreditaba.
A cousa ven de non querer acreditar no nacionalismo organizado e no compromiso co País a través del.

carlosroca #15 13/Setembro/2007 carlosroca

Axencias:

"Rodríguez recomenda ao PP "a mínima prudencia e honestidade" cando fale do papel do BNG para negociar os Orzamentos do Estado

Madrid, 13 Setembro 07. O portavoz do BNG no Congreso lembra aos populares que “mentras gobernaron Galiza e o Estado, o noso pais só recibiu entre o 3% e o 4% do investimento total do Estado”

O portavoz do BNG, Francisco Rodríguez, respostou este mediodía ás críticas efectuadas por dirixentes do PP pola negociación que o BNG mantén co Goberno a respeito dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2008. O deputado nacionalista lembroulle ao PP que “é mellor que cale a boca e razone, cun mínimo de lóxica e coherencia”, ao que engadiu a recomendación de aplicar “a mínima prudencia e honestidade nas súas manifestacións”.

Cos gobernos do PP Galiza só recibía entre o 3% e o 4% dos investimentos totais

Francisco Rodríguez aseverou que “mentras estiveron gobernando Galiza e o Estado, o noso pais só recibiu entre o 3% e o 4% do investimento total do Estado, e iso contando con abultadas partidas en gastos militares que atribuían a Galiza. Pero é máis, mesmo nos seus planos propagandísticos como o famoso Plano Galiza, contemplaban, sempre en teoría, un investimento de 13.000 millóns de euros entre 2003 e 2015. Isto é, en doce anos”.

Agora, puntualizou o parlamentar nacionalista, “grazas á actuación e presenza do BNG nas Cortes e a posibilidade de dialogar, e mantendo a cifra dos Orzamentos de 2007 (1.754 milllóns de euros), serían máis de 21.000 millóns e por riba, non se reducen só a promesas”.

O deputado do BNG subliñou que “ademáis o BNG ten como obxectivo conseguir para o 2008 a cifra de 2.000 millóns de euros, cantidade que sabe moi ben o PP que é producto do tesón dos nacionalistas galegos nun contexto apropiado e acorde ás necesidades de Galiza. Nen a Xunta do PP nen o Goberno do PP en España, foron quen de posibilitar estes logros. Son máis de 320.000 millóns das antigas pesetas. A partir de que se aproban hai que vixiar que se invistan na súa totalidade”.

Só un “cego interesado pode negar que estamos nun camiño distinto”

Francisco Rodríguez precisou que “Galiza necesita un investimento sostido durante anos. Neste empeño está o BNG e só un cego interesado ou un demagogo descarado pode negar que estamos iniciando un camiño distinto. Haberá que esforzarse moito para mantelo na mesma dirección”. Rodríguez remite ao PP aos dados contundentes desde o ano 1997 para que o contraste o faga enrubecer e asuma, en todo caso, unha actitude crítica máis ponderada."

Ala a poñer "peros"...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: