Quintana lembra ao PP o seu historial de manipulación da CRTVG, pero concorda en que o novo director sexa consensuado no Parlamento.
A polémica sobre o control dos medios públicos galegos entra nunha nova fase. E é o que o Partido Popular presentará esta semana unha proposta no Parlamento para que o director da CRTVG sexa elixido por maioría cualificada. E dicir, por dous terzos dos deputados, o que de feito obriga a un pacto entre os tres partidos.
A proposta obrigará ao bipartito a pronunciarse na Cámara sobre unhas das promesas do seu acordo de goberno, “o nomeamento do director xeral por maioría cualificada do Parlamento”. No debate deste mércores, Anxo Quintana mostrouse a prol da designación parlamentaria, pero dixo que os conservadores “están a contradicirse co que fixeron durante 16 anos no poder”.
As sospeitas do PP
Pola súa banda, o deputado popular Diego Calvo lembra que o bipartito leva dous anos no poder sen “facer nada” para modificar a Lei da CRTVG. Os populares sospeitan que o PSdG é non modificará a Lei ata os últimos meses da lexislatura, para así manter o máximo tempo posíbel na dirección a Benigno Sánchez, nomeado por Touriño.
PSdG e BNG rexeitaron este verán unha proposta popular para que o director sexa escollido polo Parlamento, co argumento de que cómpre a reforma completa da Lei, e non a simple modificación do proceso de elección do director, como pide o PP.
Filtración da conversa de Losada
A recente filtración dunha conversa entre un profesional dos informativos da TVG e o ex-man dereita de Quintana , Antón Losada, é outra das razóns que esgrimen os populares para pedir o cesamento de Sánchez. Socialistas e nacionalistas votaron onte en contra de que Sánchez explicase esta filtración no Parlamento, como pedían os conservadores.
Touriño sae cinco veces máis
No duro cruce de acusacións, Calvo fixo referencia a un informe, supostamente elaborado por encargo da Vicepresidencia, sobre a presencia dos líderes nos telexornais. No documento móstrase que entre o 1 de maio e o 31 de xullo Touriño apareceu 626 veces, Quintana 161 e Feijóo 135, informa Europa Press.
Neste tema ahi que facerlle caso ao que din os do P.P., pois teñen unha grande experiencia no que é a manipulación dos medios de comunicación.
Isto podía ser un mostra da distancia que media entre as mensaxes electorais e as realidades prácticas da política. E da imposibilidade de rexenerar desde dentro certas parcelas da vida política. A ver, qué goberno estaría disposto a renunciar a un "ente" como é a televisión, renunciar a súa utilización partidaria?. Seguramente, trátase de que a cidadanía perciba que os seu están manipulando a televisión e, como somos ásí (aquí e en Albacete, non é un sinal propio de identidade diferencial, etc.), esa parte feliz e contenta, sen entrarmos no debate de fondo: o uso caciquil dos medios de comunicación, incluídos os escritos e privados mediante o uso da publicidade institucional.
Ai, cánto minten estes políticos durante as campañas electorais!!!
O BNG é o único que di e fai o mesmo na oposición e no goberno....
Por exemplo, Carlosroca, no caso da Cidade da Cultura...
Repasemos as declaracións de antes e de onte de Néstor Rego.
Os poderes deixan de manipular os medios cando deixan de temer a DEMOCRACIA, mentres artellan no posible para seguir mentindo sobre a realidade e sobre os seus intereses.
De que me falas, da liña editorial da Voz?, ben caracterizada pola coerencia neste tema... eis o sitio de onde se tira a información a respeito das posicións do BNG?, homeee ;-)))
Que medios manipular o BNG? Esta o BNG niso de "poderes", desde logooo ;-)))