Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investiranse 650 millóns

Todas as rías do país contarán con sistema de depuración terciario en 2010

Medio Ambiente presenta un informe sobre as actuacións de saneamento realizadas nos últimos dous anos.

Redacción - 17:46 13/09/2007
Ría de Vigo / Foto: vilaboa.org

Ría de Vigo / Foto: vilaboa.org

A Consellaría de Medio Ambiente presentou esta quinta feira no Consello de Goberno o informe sobre as actuacións de depuración e de saneamento levadas a cabo nas rías do país, que terán unha incidencia directa na calidade das augas para a cría de moluscos.

En total, está previsto un investimento de 650 millóns de euros (do que participa en ocasións a Confederación Hidrográfica do Norte), dos cal 226 xa están en execución, co obxectivo de que no ano 2010 todas as rías galegas conten cun sistema de depuración terciario, é dicir, cun sistema de desinfección axeitado para tratar os coliformes, responsábeis directos das oscilacións na calidade das augas para o marisqueo.

Segundo se desprende do informe, no ano 2005 a situación era totalmente deficitaria, xa que ningunha das rías contaba cun mecanismo de depuración adecuado. Actualmente, están en construción dez depuradoras, mentres que xa foron aprobadas polo Consello de Goberno seis máis, das cal cinco foron licitadas (Bergondo, Muros, Baiona, Catoira e Xove) e unha, adxudicada (Fisterra).

No que resta de ano, a Consellaría de Medio Ambiente licitará outras sete estacións depuradoras máis en diferentes localidades das rías galegas (dentro das vinte que licitará en toda a Demarcación Galiza-Costa). A estas hailles que engadir a de Vigo, que terá un custe de 180 millóns de euros.

O departamento que dirixe Manuel Vázquez considera que está actuación corrixe un "déficit histórico e insostíbel" dalgunhas das poboacións máis importantes e poboadas do país que estaban a verter as súas augas residuais directamente ao mar sen tratamento algún.


4,67/5 (3 votos)

Comentarios (4)

sozinho #1 14/Setembro/2007 sozinho

Por fin! Algo que se fai ben neste país, pero xa era hora. Isto é o progreso de verdade! Agora si que podemos concienciar para non contaminar. Antes era inútil.

ecoe #2 14/Setembro/2007 ecoe

Polo intre seguimos igoal....ata 2010, SEICA!

sozinho #3 15/Setembro/2007 sozinho

Nova depuradora en Melide, todas esas en construción ou licitación. Creme, sigo o tema un mínimo. E tamén sei le-los números. Cando digo que isto é progreso refírome ás depuradoras, nada máis. Logo hai unha longa lista de falso progreso e demagoxias. Na depuración de augas estamos case no terceiro mundo. Se avanzamos para ter unha por ría, non chega, pero a couas marcha.

xoelcampos #4 15/Setembro/2007 xoelcampos

Moi boa nova, sí señor. Iso sí que é progreso, a megadepuradra de Bens xa está en boa marcha e agardemos que non se quede pequena para a prevista invasión industrial dos arredores de Punta Lagosteira a partires de 2012.
¡Vaia investimento: 650 milio € en 5 anos, moi por riba da CC, casi o doble!. Así sí que se gastan os cartos de todos, MUITO BOM.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: