Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN OUTUBRO

O Consello da Xuventude organiza cursos de perfeccionamento para blogueiros

Os obradoiros serán en Santiago, Vigo, Lugo, Ourense, Vigo, Boiro, Verín e Ribeira, sobre técnicas informativas e tecnolóxicas.

Redacción - 09:35 15/09/2007
Tags: blog curso CXG

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) promoverá entre do 1 ao 4 e do 8 ao 11 de outubro 'Obradorios de Creación informativa que se impartirán de xeito gratuíto por todo o país co obxectivo de brindar técnicas informativas e tecnolóxicas aos blogueiros galegos.

Este programa, que conta cun orzamento de 15.000 euros, é o resultado dun convenio coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual de la Xunta. Os talleres, en horario de 16 a 20 horas, terán lugar en Santiago, Lugo, Ourense, Vigo, Boiro, Verín e Ribeira.

Dende a organización sinalan que a matrícula é gratuíta e que a admisión aos talleres se realizará por orde de inscrición. Non obstante, en caso de que a demanda supere a oferta, unhas 150 prazas, avaliarase o proxecto que cada un pretenda poñer en marcha.


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: