Finalmente os xuíces pecharon o caso Landis. O vindeiro sábado saberase se o estadounidense é sancionado, e se o galego é declarado -oficialmente- campión da ronda gala.
O vindeiro 22 de setembro saberase se o ciclista americano Floyd Landis é sancionado pola aparición de testosterona nos seus ouriños. Os xuíces deron por "oficialmente pechado" o caso e fixaron esta data para anunciar o seu fallo.
O campión oficioso do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro, podería selo, ao fin, oficialmente a partir do vindeiro sábado.
Máis que anunciar o seu fallo, mellor é que o recoñezan. "Un fallo garrafal".
Oscar Pereiro é o gañador, pero non poderá subir ao podio, de novo en París a recibir o premio.