A metade dos lumes que se rexistran no Estado teñen lugar en Galiza.
Galiza rexistrou no que vai de 2007 ao redor de mil incendios, unha cantidade seis veces inferior á do ano pasado e até doce, ca en 2005, segundo informou este sábado o fiscal de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Álvaro García.
Nunhas xornadas organizadas pola Fundación Xermán Estévez para a Protección da Natureza e a Defensa do Medio, García informou de que no noso país teñen lugar a metade dos lumes que se dan no Estado, e que estes xeran uns 12.000 delitos ao ano.
Porén, recordou que as liñas de investigación son "moi difíciles" porque as lapas queiman grande parte das probas. Ademais, en moitas ocasións rematan como unha falta administrativa debido á ausencia de indicios.
Con todo, valorou a "grande coordinación" entre o Seprona, a Policía Autonómica e as propias autoridades municipais, se ben considerou necesaria unha "maior especialización", así como un incremento da colaboración transfronteiriza.
Propoño o seguinte titular:
"Galiza vai ben. Medio Rural fai que chova coma cando eran mozos nosos pais!"
O descenso en número de lumes de 2006 debeuse a que a superficie queimada e a masa arbórea aumentou tanto que simplemente quedaba menos superficie para prender novos focos.
O descenso último debeuse ás chuvias, que dificultan a extensión dos lumes.
Nada cambiou, só a sorte que tivo a Xunta co tempo.
E un 100% de petroleiros afundidos, menos que co Goberno da Xunta anterior.
Por presumir que non sexa. A ver se vos vai a arder o cu, por soberbios.
Con razón. O que tiña o sr. fiscal que ter valorado como factor DECISIVO son as chuvas, desde logo, e o período entre elas mesmo o desexable. Ése é o primeiro factor en calquera caso.