O martes comezará un auténtico calvario para os condutores e, sobre todo, para os veciños das poboacións que viven a carón da comarcal AC-305.
As obras de conversión en autovía da estrada de alta capacidade do Barbanza desviarán até 10.000 vehículos por unha comarcal que ficou convertida nunha auténtica travesía urbana que comunica a oitenta mil persoas de seis concellos. A Xunta, a través da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (CPTOPT) non deu unha data de finalización do desvío, polo que se esperan meses de problemas circulatorios até o remate das obras previsto a fins de 2008. Mentres, o Partido Popular tenta sementar dúbidas sobre o proceso de adxudicación desta obra ligando á Conselleira coa empresa que se encargou dun informe que avaliou un incremento de trinta millóns de euros na proposta gañadora do concurso, Itinere Infraestructuras, S. A. (do grupo Sacyr Vallehermoso), e Corporación Caixa Galicia S. A.
En todo caso a argumentación do PP no que atinxe esta estrada resulta cando menos arriscada. Móvense os populares no gume da navalla por canto eles son os responsábeis durante o seu mandato en que esta estrada nacese eivada desde a orixe, colapsada polo intenso tráfico ao pouco tempo de se inaugurar e o que é pior, cunha altísima sinistralidade nun trazado sinuoso, especialmente na alternativa tomada nas chamadas curvas de Vilas en Rianxo, onde se teñen producido boa parte dos acidentes mortais, como ben saben as familias afectadas.
Tamén resulta arriscada a campaña do PP por canto a empresa Sacyr Vallehermoso se dalgo tamén se beneficiou foi da regalía da privatización polo governo Aznar e da ampliación da concesión da Autoestrada do Atlántico vintecinco anos máis (2023-2048). Esta autoestrada estimase estaría amortizada xa no 2023 e xera constantes beneficios para a empresa a costa dunhas peaxes que, de non mediar a privatización, poderían ser substancialmente rebaixadas para todos os galegos e galegas. Que agora o PP acuse á Conselleira Caride de beneficiar á mesma empresa beneficiada por Aznar pola privatización non deixa de ser sorprendente. Mais xa se sabe, estamos instalados na política do todo vale.
O PP "regalou" a Sacyr a ampliación da autopista do Atlantico.O PSOE+BNG regalaron a Sacyr (por 30 millons de euros a maiores) a autovía do Barbanza..... E vostedes pensaran, estes politicos, tanto regalar, non será que non regalan. A min dame máis por que algo han de sacar a cambio. De iso tanto PSOE (Filesa e outros) coma PP (Naseiro) teñen alta experiencia, e o Bloque, ¿será un alumno aventaxado?
Moita razón. O que regalan é o noso concurso a apoiar as suas regalías para as empresas/partidos mediante votos, cartos, subvencións!
Moita razón. O que regalan é o noso concurso a apoiar as suas regalías para as empresas/partidos mediante votos, cartos/peaxes, subvencións, etc.!
Os meus máis sentidas condolencias aos veciños do Barbanza. Toca aguantar e agardar.
As miñas máis sentidas condolencias aos veciños do Barbanza. Toca aguantar e agardar.
Magnífica la noticia de la ampliación de esta vía que sin duda alguna facilitará un mayor flujo turístico (madrileño, por supuesto) hacia toda la zona del Barbanza.
Enhorabuena al BNG por facilitar con su gestión la españolización cada vez mayor de una región tradicionalmente abanderada del españolismo como es Galicia.