Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preséntanse ante o Ministerio de Cultura

Catro candidaturas galegas a Patrimonio da Humanidade

Cultura vai presentar a Torre de Hércules e o Ferrol da Ilustración, e a Fundación Germán Estévez apoia, con 3.000 sinaturas, a Ribeira Sacra e Os Ancares.

Redacción - 10:46 17/09/2007
Unha imaxe diferente da Torre de Hércules, tirada do Flickr de Bernt Rostad

Unha imaxe diferente da Torre de Hércules, tirada do Flickr de Bernt Rostad

Na segunda feira preséntanse ante a Comisión de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura as candidaturas das distintas comunidades a Patrimonio da Humanidade. Dende o Goberno Galego escolleron o símbolo da Coruña, o faro romano da Torre de Hércules, e o Ferrol da Ilustración -que inclúe os castelos da Palma e San Felipe e o arsenal militar-, para presentalos ante o goberno español como posíbeis candidatos galegos.

O alcalde da Coruña, Javier Losada, amosou a súa "satisfacción" porque a consellaría "cumprira coa súa obriga", aínda que lembrou que vai ser "un camiño longo". Porén, Losada asegurou que "se hai un monumento en Galiza que teña as bases e sinais de identidade para ser patrimonio da humanidade esa é a Torre de Hércules", por tratarse do "único faro romano en activo" e, ademais, sinal de identidade dunha cidade.

Para apoiar a súa candidatura, o Concello da Coruña está preparando "un acto multitudinario coa presenza das novas tecnoloxías".

Paraxes "únicos no mundo" e candidatos ante a Unesco
Dende a Fundación Germán Estévez tamén queren presentar as candidaturas da Ribeira Sacra e Os Ancares e para isto levan recollidas case 3.000 sinaturas por todo o país, ademais de faceren un chamamento á Xunta para que se sume a esta aposta e se centre na defensa dos valores madioambientais e culturais destes dous lugares de Galiza.

Esta fin de semana desenvolvéronse varias conferencias sobre este tema no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense), no que se contou co apoio dos veciños e alcaldes das vilas da zona.

Dende a Fundación promotora das candidaturas consideraron que o bipartito debería apostar por "paraxes únicas no mundo" e facer un "esforzo de conservación" no marco do asentamento da poboación rural e a compatibilidade coas actividades agroforestais de cada un dos núcleos.

Coas candidaturas presentadas, o goberno español decide
Vai ser o Ministerio de Cultura o que decida, a partir do Consello de Patrimonio Histórico Español, as súas candidaturas de entre unha lista de máis de 20 aspirantes que se presentan no ámbito estatal co obxectivo de obteren o apoio institucional español para concorrer ante a Unesco.


5/5 (6 votos)


Comentarios (11)

BonKarallan #1 17/Setembro/2007 BonKarallan

E eu votaría tamén unhas candidaturas para cualificalas como "atentado contra a humanidade":
- O vertedoiro de Bens da Coruña
- A cidade da cultura de Santiago no estado actual.
- A factoría de ENCE en Pontevedra.
- Os ferrocarrís e as vías férreas que "nos separan" da península e que separan as cidades galegas.
- As estradas que nos separan de Asturias.
- As estradas que separan Lugo e Pedrafita de Santiago e Lugo de Ourense.
... (Admítense suxestións)

xoelcampos #2 17/Setembro/2007 xoelcampos

O vertedoiro de Bens???????? Pois si que estás ti ben informado. como para facerche caso, ¿onde estará o pobriño xa?.

BonKarallan #4 17/Setembro/2007 BonKarallan

Non se onde estará, mais non moi ben enterrado, porque de cando en vez fede.

BonKarallan #6 17/Setembro/2007 BonKarallan

Non só estou "mal informado", senón que moitas veces teño que soportalos.

O_Fartura #7 18/Setembro/2007 O_Fartura

Opinión sobre a Candidatura da Torre de Hércules a patrimonio da humanidade en:

http://singraduradarelinga.blo...

Unha aperta mariñeira

Gaviotero #8 18/Setembro/2007 Gaviotero

Podían proponer también a Méndez Ferrín, ya que el tío no logra ser Nobel de Literatura ni a la de tres...

De hecho, debe tener incluso más años que la Torre de Hércules, ¿no

teixugo #9 18/Setembro/2007 teixugo

Ninhada de ratos!!!!!!

teixugo #10 18/Setembro/2007 teixugo

Ninhada de raTos!!

santiagon #11 19/Setembro/2007 santiagon

la candidatura de Ferrol hace tiempo que se cuestiona.
http://www.fucobuxan.com/index...

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vista dos canóns do Sil dende o mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil, na Ribeira Sacra / Flickr: oteo
Vista dos canóns do Sil dende o mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil, na Ribeira Sacra / Flickr: oteo
O Castelo de San Felipe, do Ferrol da Ilustración, visto dende Montefero / Flick: xaimex
O Castelo de San Felipe, do Ferrol da Ilustración, visto dende Montefero / Flick: xaimex
Os Ancares /Flickr: FreeCat
Os Ancares /Flickr: FreeCat