Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Traíñas

Os de Tirán van loitar polo ascenso, mentres os de Meira quedaron a nada de o lograr

Na fin de semana remaban polo ascenso á liga ACT, a primeira das augas do norte, en dúas probas en Bermeu que gañaron os de Moaña.

Redacción - 13:05 17/09/2007
Os de Samertolameu, nunha regata da Liga Galega

Os de Samertolameu, nunha regata da Liga Galega

A SD Tirán terá que loitar a fin de semana que vén por unha praza na Liga ACT de traíñas tras terminar primeira nas probas de ascenso que se disputaron esta fin de semana en Euskadi.

Os de Moaña foron os mellores de entre as catro participantes nesta repesca, onde estaban as dúas embarcacións máis destacadas da Liga Noroeste -a galega-, e as dúas mellores da Liga do Cantábrico.

A outra tripulación galega nesta importante regata era a de Samertolaméu, e as vascas a de Getaria e Koxtape, completaban a participación nunha proba que se fixo a contrarreloxo.

Os outros clasificados, os remeiros do Getaria
A traíña de Getaria tamén conseguiu clasificarse para o play off de ascenso, quedando os de Meira xusto ás portas de pasar á seguinte fase, xa que a xornada do sábado non foi das mellores para o equipo galego, que quedou cuarto na proba. Na xornada do sábado fixeron o mellor tempo, mais, ao empatar a puntos con Getania, tiveron que ficar fóra por tempos.

O ascenso ao que vai a SD Tirán
Celebrarase a vindeira fin de semana en dúas regatas. O sábado será en Bilbao, onde remarán os de Tirán contra Getaria e as dúas últimas traíñas da ACT, os galegos do Cabo da Cruz e os vascos de Arkote.

Cabo da Cruz e Tirán van ter, daquela, a oportunidade de aumentar a presenza galega na ACT a próxima tempada.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os remeiros da SD Tirán coa IV Bandeira do Concello de Ferrol, que lles deu o título de campións da Liga Galega de Traíñas
Os remeiros da SD Tirán coa IV Bandeira do Concello de Ferrol, que lles deu o título de campións da Liga Galega de Traíñas