Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Pronto será o Día Internacional sen Coche

Preparados, listos... A polo bus!

Este martes 18 de setembro ás 19.30, dá comezo unha competición ben orixinal en Vigo: Verdegaia organiza a I Carreira dos medios de transporte.

Redacción - 18:25 17/09/2007

As seis persoas participantes saen do I.E.S. Castelao (Instituto do Calvario), e aí comezan un itinerario urbano en diferentes medios de transporte (cunha persoa por cada medio de transporte que participe) simultaneamente. Deste xeito realizarán paradas en determinados puntos, simulando que paran para faceren alí un recado, e o tempo que tarde en chegar a cada un dos puntos será cronometrado.

A iniciativa, segundo explican dende Verdegaia, partiu da Masa Crítica da Coruña (que celebra este sábado 22, Día Internacional sen Coche cunha ruta en bici en Compostela). Non só será cronometrado o tempo, senón que tamén se terán en conta os cartos gastados (gasolina, taxis, etc.) e as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. A iniciativa realízase tamén nos outros núcleos comarcais de Verdegaia: Pontevedra, Ferrol, Ourense e Compostela. Vigo é, con todo, paradigmática nos problemas de tránsito.

Os traxectos faranse en bici, en coche, en taxi, en moto, en autobús urbano e mesmo a pé, e a ruta sae do Instituto, pasa pola rotonda de Jenaro de la Fuente con Travesía de Vigo, despois pola Praza de España, e remata no Concello de Vigo.


4,2/5 (5 votos)


Comentarios (2)

BonKarallan #1 17/Setembro/2007 BonKarallan

Logo do que recoñece Greenspan e que saíu no Telediario de TVE1 hoxe ao mediodía, pois todos a polo "Bush"

http://www.negociame.com/?sear...

Gaviotero #2 18/Setembro/2007 Gaviotero

Vaya, ¿y van a dejar a Quintana sin su Audi?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: