Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reganosa

A directora xeral de Interior xustifica a carga policial contra os mariscadores de Ferrol

Nunha resposta a unha pregunta de Bieito Lobeira, Isabel Durántez considerou a acción como "a última opción nunha situación de conflito".

Redacción - 19:09 17/09/2007

A directora xeral de Interior, Isabel Durántez, xustificou a carga policial acontecida o 30 de maio contra os mariscadores da Ría de Ferrol que se manifestaron contra Reganosa, por se tratar da “última opción nunha situación de conflito prolongada”, malia que asegurou que o Goberno aposta pola vía do diálogo e da negociación. Durántez non valorou actuación da policía e só deu datos sobre o despregamento de medios humanos na zona.

O autor da pregunta oral, o parlamentario do BNG Bieito Lobeira, cualificou de “desafortunada” e “desproporcionada” a carga contra os mariscadores, que rematou coa detención do patrón maior da confraría ferrolá, que pasou un tempo na prisión de Teixeiro. O deputado nacionalista considera que se tratou dunha “actuación unilateral por parte da Delegación do Goberno” español.

Lobeira levou o debate á Comisión Primeira do Parlamento e dixo que o BNG “aínda defendendo o carácter estratéxico dunha instalación enerxética destas características no noso país, foi a única forza política que presentou no seu día alegacións nas que se cuestionaban o emprazamento da pranta en Mugardos”. O parlamentario recoñeceu que “o debate agora é quen pode sufragar o traslado destas instalacións”.


5/5 (2 votos)

Comentarios (17)

Dordo #1 17/Setembro/2007 Dordo

E dalle cas alegacións ... Góstavos moito ter o bocadillo e mailos cinco pesos, pero hai que asumir responsabilidades, meus e coller o boi de Reganosa polos cornos. Que paguen o traslado os inversores, que sabían e presionaron para a instalación. E os que deron os permisos, ao cárcere.

xoelcampos #2 17/Setembro/2007 xoelcampos

Ou mellor: que REGANOSA siga onde xa está, que se acelere a chegada do gas ós polígonos xa existentes e máis ós novos, e que isto se convirta nun paraíso industrial ben regulado. ¿Por qué hai que mover REGANOSA?, e logo os oleoductos que atravesan a cidade da Coruña??,ou a refinería, ou mil exemplos máis de convivencia exemplar da industria co medioambente. Ó carcere que vaian Bastida, Gabarri e toda esa manchea de ignorantes.... Un dez ós promotores da planta mugardesa, unha pregunta indiscreta para os do NON: ¿por qué arrasou en Mugardos un partido que está a prol da instalacion normalizada e regulada de REGANOSA?.

conghustononproe #3 17/Setembro/2007 conghustononproe

por ignorancia crónica...?

conghustononproe #4 17/Setembro/2007 conghustononproe

Paraiso industrial... Convivencia Iexemplar... Pertinaz sequia... bla, bla, bli, blo, blu...

conghustononproe #5 17/Setembro/2007 conghustononproe

falabarato, falabarato... fala pra un menos

ulo #6 18/Setembro/2007 ulo

En Mugardos arrasou un partido que esta pola presenza regulada de Reganosa porque a xente, loxicamente, quere traballo e traballo na terra. E ista é a unica oportunidade que se lle ofrece, traballar en Reganosa ou nas auxiliares que leve. E polo tanto fan ben e defendelo, ou non estamos por ter traballo, ... non só os mariscadores, que os demáis tamen temos dereito.
Mais, o problema é o da ubicacion, e o caciquismo coa que foi posta: Reganosa ten que estar onde esta o porto exterior, e o traslado teñenno que pagar quenes fixeron a desfeita, o sr Tojeiro, a Caixa Galicia e os do PP que lle deron o visto bó.
Mentras, que Reganosa funcione cun controis, non do 100%, senon do 150 por cento.
Por certo, un fai mencion a Refinaría, que non é que sexa unha promesa de perigro, senon que é un perigro (Urquiola, Mar Egeo, explosion sistemáticas nos bidons), atopase nun barrio perto, non de uns centos habitantes, senon de milleiros (Meicente, Pastoriza, Ventorrillo), mais ninguen fala do seu peche: miles de postos de traballo directos e indirectos dependen da Refinaria: a cuestion, que non se construa o seu pé como se fai, que a controlen o 150%, como non se fai, etc.
E que falar de Ferroatlantica en Sabon, ou da Termica de Sabon, ou da planta de Aluminios da Grela.... Esta é a industria de A Coruña -que ten industria, por si alguen o esquece-, e a ninguen se lle ocurre, pechemola: o problema é que baixo o rexime do lucro empresarial, os controis non existen, e polo tanto pasa o que pasa moitas veces.
Outra cuestion é a de abrir un debate sobre o tipo de desenvolvemento que se quere para Galiza, mais esa é unha discusion da alternativa social que se lle quera dar. Mais baixo o capitalismo, o rexime do lucro empresarial, facer ista discusion é metafisica, pois a xente quere traballar e non emigrar, sexa donde sexa, sexa Reganosa, a Refinaría ou a Planta de Aluminios.

ulo #7 18/Setembro/2007 ulo

E, por certo, o do BNG é o colmo da hipocresia.... Que se saiba non é oposición, é goberno; polo tanto ten parte da responsabilidade nas cargas policiais. Eso de "estou pero non estou" no goberno non vale.
Se o goberno é responsable da carga o é o mesmo que pregunta, Lobeira, o é Quintana, o é Blanco, etc.... Que resposte eles a porque estan nun goberno que ordena unha carga policial.
E sino que se vaian do goberno. O demáis, é hipocresia pura e dura.

Gaviotero #8 18/Setembro/2007 Gaviotero

Ulo, has dado en el clavo. No se puede consentir que estos señores del BNG sigan con su esquizofrenia de hacerle oposición al gobierno.

Porque ellos son los que sustentan y mantienen a ese mismo gobierno del que forman parte.

ulo #9 18/Setembro/2007 ulo

Gaviotero cada quén le o que lle interesa; eu digo, si, que o BNG ten que deixar de facer o xogo a un goberno que fai a mesma politica co PP, é dicer, a Gaivota.
Se fixera outra politica, por exemplo, meter na prision aos responsabéis do Prestige ("hilillos" Rajoy), das Cidades de Cultura Fragas e demáis... Os que prenderon lume a media Galiza o ano pasado e andan libres polas rúas, a pesares do seu terrorismo; e digo os que prenderon lume, non só os que que o fixeron mal como o PSOE BNG; os que prenderon lumes os da Gaivota ben saben quenes son.
E digo, sobre Reganosa, que os responsabéis da cacicada teñen que pagalo dos seus petos e coa prision por prevaricacion.
Por iso digo que o BNG é hipocrita, porque dende o goberno fai a mesma política co PP (Porto exterior de A Coruña, cidade da Cultura, AVE, Reganosa, etc. etc.), pero xoga a contentar a súa base de esquerdas con preguntas o seu mesmo goberno. Esta é a hipocresia do BNG.
Ao PP habería que ilegalizalo por apoiar, sen ir máis lonxe, un delicto contra a humanidade que é o xenocidio no Iraq, baixo mentiras que todos sabíamos que o eran, salvo Aznar, Bush e os que as aceptabaís como boas. Que era mentira, Gaviotero, que non era contra "terrorismo", era polo petroleo, o mesmo Bush o dixo.
Se non o condena como terrorismo, habería que aplicarlle ao PP a súa Lei de Partidos.

ecoe #10 18/Setembro/2007 ecoe

Non podo máis: convivencia EXEMPRAR da industria co meio ambente. Por aquí andan ratos da pequena burguesía galega...incrustada no partido?

ecoe #11 18/Setembro/2007 ecoe

Non é Durantez que é TIRÁNTEZ!

Gaviotero #12 18/Setembro/2007 Gaviotero

Bueno, ulo, dices tú que si metiera en la cárcel a los responsables del Prestige...y tú ya nos das nombres. Así, porque el BNG en su día decidió que sus rivales políticos eran los culpables. Al más puro estilo chequista.

Entonces siguiendo tu argumentación yo te digo: "¿Metemos también en la cárcel a Suárez Canal y a Quintana como responsables de los incendios del año pasado?" Porque en este caso, a diferencia de los sucedido con el Prestige, tenemos incluso un informe de la Fiscalía que acusa en particular a Suárez Canal.

Los que "prendieron" fuego el año pasado claro que los conozco bien. No tienes más que leerte el informe de la Fiscalía para identificarlos: Suárez Canal y compañía, con la inestimable participación de la Ministra de Fomento. Todo lo demás, conspiraciones paranoicas y alucinatorias fruto de tantos años de nacionalismo.

A ti, Ulo, te gustaría "ilegalizar" el PP porque si no no sabéis como hacer para que deje de ser el partido de Galicia por antonomasia, el único que supera el 40% de los votos, frente al escasito 15% del nacionalismo.

Delito contra la humanidad, y contra la inteligencia, el de los racistas que desde el nacionalismo practican a diario la exclusión y el odio.

Lo de Irak, querido ulo, no fue terrorismo. Terrorismo es lo que hacen los amigos del BNG.

teixugo #13 18/Setembro/2007 teixugo

Ninhadas de ratos!!!

Oposição!!! Acabou-se a "comichón".

zus #14 19/Setembro/2007 zus

mimadriñaaaa oes javiotero q t metes ??? xq debe ser bó..jajajaja ti coma o alcalde de Negreira ..."os q prenderon o lume o monte foron os ecoloxistaaaass!!!!!para acabar coa eucaliptos" jaajaj cuán chistosos sodes as javotas..jajaja de verdade q cada dia alucino + cos teus estupendos comentarios jajajaja...miña nai..
Respecto o de irak,pero en q mundo vives???
en fin de onde non hai..

Gaviotero #15 20/Setembro/2007 Gaviotero

Y cuantas drogas tomáis algunos que os creéis vuestras propias alucinaciones fruto del odio fascistoide a los que no piensan como vosotros y que encima os triplican en votos...

zus #16 20/Setembro/2007 zus

O q acabas de dicir é o teu mesmo retrato !!!abre os ollos alma cándida..q todos os da túa calaña dicides as mesmas chorradas,encántavos provocar..e ti non es máis ca iso ,un provocador q di tonterias e non ten outra cousa mellor q facer q meterse aqui ,a meterte coa xente q non pensa coma ti!! e un pouco triste non crees?nun sitio no q está máis q claro cales son as ideoloxias...fai vida por fora home,non sei ..metete nun club de golf,vai a piscina,fai kárate,xoga o mus ou o chinchón ..pero non perdas o tempo xq se pensas q vas conseguir algo vas de carallo...alma cándida...jejejej

BonKarallan #17 20/Setembro/2007 BonKarallan

A esta tía saíronlle caros os percebes e víngase cos mariscadores.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: