Lembran que en países como Holanda, Dinamarca ou Alemania demostran a validez deste transporte.
Na Semana Europea da Mobilidade, as organizacións ecoloxistas receitan máis bicicleta para combater a contaminación e os problemas de tráfico nas cidades do país. Asociacións como Adega e Verdegaia alertan de que a masificación de vehículos a motor que sofren as urbes obriga ás institucións a tomar medidas decididas.
Así, por exemplo, Adega publica un artigo na súa web no que lembra as vantaxes deste medio de transporte. No mesmo insístese na rapidez das bicicletas e rebaten a aqueles que din que non é aconsellábel para climas como o noso: “Hoxe en día hai prendas para a auga e frío de suficiente calidade para permitir unha conducción cómoda sa bicicleta nestas condicións. Países como Holanda, Dinamarca ou Alemaña teñen condicións metereolóxicas extremas e acadan cifras de viaxes en bicicleta que centuplican as do noso país”.
O colectivo Verdegaia tamén aproveita a Semana Europea da Mobilidade para anunciar na súa web a I Masa Crítica Galega, unha peculiar manifestación ciclo-lúdica que se celebrará o vindeiro sábado en Compostela. Os participantes queren demostrar así a validez do transporte máis ecolóxico e barato.
Moi ben, pero as cidades europeas mencionadas combinan un bo transporte publico coa alternativa das bicis.
Son as dúas patas para encarar o problema do automobil privado.
Por iso é demagoxico falar só das bicis, pois lle salvan a cara as administracions: vaia en bici, que o bus ou o tren de proximidades, ou o metro lixeiro ou o que se queira queda no esquecemento.
De tan "modernos" que somos, esquecemos o fundamental, a esixencia as administracions de garantir aos cidadans que non queiran ir en bici, poder moverse sen necesidade de ter un automobil privado.
Por que si eu non quero ir en bici, polo sexa, a adminstracion ten que garantir o meu dereito a mobilidade.
Non sustituamos o fascismo de dereitas, cun "autoritarismo" ecoloxista, impoñendo unha solucion individual a un problema colectivo.
O día que vexa a Manolita Besteiro sprintando pola rúa do Hórreo en bicicleta, a Touriño cambiando de piñón para subir a Monte Pío e a Quintana chegando co pantalón remangado a Vicepresidencia daquela si que pensarei que as "chingletas" teñen futuro. Mentres, son un pouco escéptico
Manda carallo!!! Parecemos tan roxos e logo nos poñemos en contra de nós mesmos. No canto de remar todos para o mesmo lado andamos a voltas con estas tonterias.
Se non queredes montar en bici porque sodes moi finos, deixádea na casa, ninguén vos obriga; pero non critiquedes, que nós non só falamos de bicis. O inimigo son os coches, a ver se nos enteramos e imos todos do memso bando, que esta clase de eventos tamén esixe a mellora do trasporte público, que sin el nada tería sentido.
Así que dedicarvos a criticar aos contrarios, que coido que os ciclousuarios non somos inimigos.
Invitamosvos a pasar por Compostela o vindeiro sábado na celebración da 1ª Masa Crítica Galega, e alí poderedes coñecer un pouco máis de preto que cosas son as que esiximos dende esta clase de grupos.
Unha aperta
Vigo no es una ciudad muy aconsejable para la bici, tanto por sus cuestas como por la peligrosidad que supone incluso ir en coche ante tanto analfabeto al volante.
Ninhada de ratos!!!
Mas concordo que há muito... ao volante. Arzar per esempio!!!!!!
Cuñaaaaooo!!!!!
ubaldinho, non é certo que estemos no mesmo bando; a vosa loxica é a dos finos "modernos" invididualistas que non pulan como central por un transporte publico; a "masa critica" a quero ver eu reivindicando que non se pague a Renfe pola infrautilizacion da liña do camiño de ferro Ferrol Coruña, que se fai dende a Xunta.
A quero ver en primeira liña esixindo, XA, o billete unico e combinado. Etc.
Non é certo, uns apostamos como eixo vertebrador polo transporte publico entre as áreas metropolitanas/comarcas ou como se queira chamar, e a partires de aquí o que sexa necesario para combater o automobil; e outros dades paseiños polas vilas e cidades como se iso resolvero problema: son miles os que van de Compostela a Vilagarcia, de Vilagarcia a Pontevedra de Vigo a Ponte., de Coruña a Compostela, de Coruña a Ferrol, e viceversa, de Betanzos a Coruña, etc. etc., que a dispersión é a norma nesta país; e a solucion non é a Bici, é o transporte publico.
Logo falamos de bicis, pero cando tiñamos un transporte publico e colectivo, non digo bó, porque para ter algo bó, primeiro hai que telo.
Por un transporte publico, colectivo e barato: rememos neste sentido, que aí caben todos menos os coches.
A bici é unha alternativa máis dentro dunha solucion de conxunto. Por iso sodes "modernos" finos, porque perdeis a perspectiva, co que a Xunta tan contenta.
XA non me critican.
Por certo, o sabado na Coruña hai unha manifestacion contra o paso do AVE pola fraga de Cecebre, e por un tren de proximidades Xa, porque se se fai o AVE, as vías de Ferrol Coruña poden ser levantadas, co que o tren de proximidades vaise a merda.
A isa manifestacion moitos iremos. Non séi se a "masa critica" vai baixar do seu medio de transporte individual, e se sumara aos que non sabemos/queremos ou podemos ir en bici, pero queremos un transporte colectivo de verdade.
Coido que o de modernos finos serán os que a súa finura non lles deixa suar montado nunha bici.
Totalmente dacordo coa imperiosa necesidade de dar un salto enorme na infraestruturas de transporte público, e moito máis entre núcleos de poboación que nas propias cidades, por suposto. Pero é que a masa crítica nace na cidade, nace para darlle unha solución a un problema concreto de rúa, non de estrada (aínda que con bos carriles ao carón das estradas poería ser unha solucion magnifica)
Por suposto que que dende colectivos coma este a necesidade do transpore público cobra unha importancia vital, ou non ves que nos sen un tren decente non podemos saír da cidade. Por suposto que o "cercanías" galaico é muito máis necesario que a promoción do uso da bici como transporte individual, pero hai que lembrar que o uso individual do coche é o inimigo, nós non, home, nós non.
ulo, molesta-te em ler o texto completo do artigo de Xan Duro http://www.verdegaia.org/conte... e em botar um olho à secçom de Mobilidade e Transporte do web de Verdegaia http://www.verdegaia.org/conte... , nom vaia ser que resulte que quem defende a bicicleta tamém defende um bom transporte público colectivo.
É cuestion de prioridades, nin máis nin menos. E se eu polemizo con vos é porque séi que estades polo tte publico.
Os govieteiros, os psoeiros e os novos neoliberiais do BNG -ainda que as súas bases pensen o contrario- non merecen nin siquer a polémica; eles estan a outra.
E se falamos de prioridades, hoxe, na Galiza actual, non é a de sacar moitas bicis a rúa, polo carril bici -desvia o obxectivo-, senon sacar a milleiros de persoas, con bici ou non, que queira un transporte colectivo. Xuntemos forzas polo Transporte publico, colectivo e barato, que é o que nos une; e logo que cada quén defenda a maneira de suar que lle pete (uns en bici, pois moi ben, outros andando, que as beirarrúas son trampas moitas veces, outros correndo, pois perfecto).
Esta é a prioridade. Non falar de todo, e non concretar nada.
Se falamos de todo, falamos do capitalismo, da alternativa que ha que construir, que o mellor non é nin a bici, ...
De onde se tira o suposto AVE A Coruña Ferrol?.
A ver, non vai haber "páxaro" ningún no Eixo Atlántico Vigo-Ferrol. Non chegará nin aos 200. O único tramo rápido será o Ourense-Santiago, e veremos o ramal de Cerdedo. E nin se sabe ainda como será a saída sur de Vigo á Portugal.
Non inventemos, que o tren nos vai chegar será útil para o tránsito interior, o que demanda todo o mundo.
A bici é unha alternativa ao coche particular nas áreas urbanas e vilas medias, e hai que facer o posíbel en cada cidade para facilitala e fomentala. Cada xeito de desprazamento é útil para un lugar e unha distancia determinada, sempre o último ten que ser o coche e o primeiro o transporte público, sexa de superficie ou soterrado.
En Vigo, por exemplo, é evidente que ten dificutades para o emprego da bici. Pero está ben demostrado, mesmo cun estudo do valedor do cidadá, que é posíbel axeitar traxectos para os desprazamentos este-oeste, e co rodeos son posibeis desprazamentos norte-sur. Desde logo máis rápido que no coche e sen problemas de aparcamento. Complexo pero posíbel, e canto melloraria a mobilidade na cidade.
Coruña non ten máis dificultades, Lugo menos ainda, Santiago non che conto, Pontevedra ......sigo?
Ou sexa que deixemonos de maximalismos, demagóxias. As solucións simples non existen para problemas complexos.
Ala a pedalear, anda ou correr que non ensuxa, e é moi san;-)
Obrigado compañeiro polo teu caracter democrático, "Anden ou pedaleen, coño", o digo eu e basta. E si non quero mancharme, que xa esta ben de demagoxia populista. Falemos do que hai que falar.
Acordo que o AVE é o engano dos enganos: para que o AVE colla os 300 km hora necesitanse 25 km, e outros tantos para a freada, polo que entre coruña e compostela só sería AVE uns 10 kms. E isto, electrificado, co gasoleo, nin eso.
Co AVE estan facendo o que fixeron no Estado fai máis de 50 anos, a doble vía (o da electrificacion, ainda non somos maduros para telo, por moito que produzamos enerxia electrica dabondo). Nin máis nin menos. E o venden como si fora o paraíso para o desenvolvemento da Galiza. Andalucía, Sevilla para ser exactos, o ten dende fai moito, e segue a ser, con Galiza e Extremadura, as zonas do estado cunha renda máis baixa. O AVE non elevou a renda dos andaluces.
A Coruña non ten problemas... Dis. A qué Coruña che refires; a de Paco Vazquez que vai de Catro Camiños ata Porta Real. Nesa, dacordo, non hai problemas para ir en bici ou andando. Mais, A Coruña real, a de Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carral, Abegondo, Sada, Betanzos, é dicer, a que cubre hoxe, por exemplo, o Consorcio das Mariñas, pois a verdade, como entrenamento para volta ciclista a Galiza estaría ben; pero para ir a traballar todos os días de Culleredo ao poligono de Sabon (Arteixo, por si non o sabes), de Arteixo a Grela (A Coruña) ou de A Coruña a Piadela (Betanzos) ou Iñás (Oleiros), penso co da bici non teria moito predicamento.
A realidade é a realidade, e Coruña non é Coruña, é o área. Por exemplo (non falo de Ferrol-Pontedeume) ou de Vigo-Porriño-Pontevedra.
E no caso de A Coruña ha unha vía, a que vai de Coruña a Betanzos e Ferrol (e Lugo), que hoxe esta infrautilizada, porque a Xunta de Fraga e ista, a suposta do progreso, segue pagando a Renfe pola súa infrautilizacion.
Unha vía que vai: Coruña, Universidade, AS Xubias Materno, Fonteculler, O Burgo, Cambre, Cecebre, Betanzos, e aquí desdoblase, para Ferrol, por Miño e Pontedeume e Fene, ou Lugo.
Pois ben, se fan o engano do AVE podemos despedirnos de tren de proximidades ata o seculo XXII, polo menos.
Eso si, quedaría o consuelo de poder ir a traballar en bici ou andando... 12 ou 14 km minimo. Por que isa é a distancia que hai entre os poligonos e as zonas residenciais que mencionei.
E sobre todo, coa idea de xuntar a xente que non ten por que compartir os meus gustos, pero si comparte as miñas necesidades que ten que cubrir o estado, que para iso pago impostos, como ir a traballar ou o lecer descansado.
Porque a proposta da bici pode que para un oficinista este ben; mais penso que un obreiro da construccion, do metal, etc., que xa suda no seu traballo non lle gostará ter que suar máis, en ir o traballo.
Esta é a discusion. O demáis, son gustos persoais absolutamente respetabéis e defendibles.
Mais non eximamos a Xunta e os gobernos das súas responsabilidades: pór un transporte colectivo, publico e barato.
Esta é a prioridade dos que a cotío temos que ir e vir a traballar dende máis aló dos 5 km aos que se refire o artigo, e que, non só somos moitos, senon que cada día somos máis.
Repito: "Cada xeito de desprazamento é útil para un lugar e unha distancia determinada, sempre o último ten que ser o coche e o primeiro o transporte público, sexa de superficie ou soterrado."
Reitero: "Ou sexa que deixemonos de maximalismos, demagóxias. As solucións simples non existen para problemas complexos."
"Ala a pedalear, anda ou correr que non ensuxa, e é moi san;-)" Un chisco de humor oh.
Non é por discutir, mais é importante, pois só se se xunta a forza dos que estamos por un tte publico, máis alo de que usemos bici ou non. Por iso é cuestion de prioridades.
A cousa non é que cada xeito de desprazamento teña unha maneira de transporte. Iso estaria ben se houbera a opcion de escoller; pero non temos. Hoxe non existe ttes publico digno de tal nome, polo que, primeiro, esixamos e loitemos polo que atinge o conxunto da pobacion, non só a que lle gusta a un sector, opine e queira ir en bici.
Pór como prioritaria por exemplo a "masa critica", exclúe os que non temos ou non queremos ter ou ir en bici; mais si queremos un tte publico. Alen máis, desvia as forzas, e a Xunta tan contenta: carril bici, ben poñamos algun por aí, e xa os temos medio contentos. Pero as empresas de tte, Renfe, etc. seguirán a facer o mesmo, ou sexa, gañar diñeiro e non solucionar o ttes.
Pola contra, os que esiximos como prioritario o tte publico non exclue a "masa critica" o inclúe.
É de loxica. Poñamos no centro a esixencia dun transportes publico, mobilicemonos por el, esixamos e loitemos,... os da "masa critica" e os da non "masa critica".
Pero non poñamos como condicion o que hai que "pedalear", pois iso entra nas decisions individuais.
"Na Semana Europea da Mobilidade, as organizacións ecoloxistas receitan máis bicicleta para combater a contaminación e os problemas de tráfico nas cidades do país. Asociacións como Adega e Verdegaia alertan de que a masificación de vehículos a motor que sofren as urbes obriga ás institucións a tomar medidas decididas."
Transporte público, por suposto, máxima prioridade, urbano, metropolitano e intercomarcal.... non vexo a incompatibilidade de pular polo transporte público. Somos os peóns, e son os usuarios de bici os máis interesados.
Fomentar o uso de vehículos que contaminen menos, electricos ou a gas.... Mínimizar a NECESIDADE de uso do coche privado, non significa obrigar a ir en bici.
Non é só esixir as administracións que adiquen os recursos, existe unha parte de responsabilidade individual que esixe usalos cando existen e renunciar ao coche privado cando é posíbel a alternativa colectiva.
Vamos, eu non teño bici... mais estaría encantado de usala se se facilitase minimamente.
Teño coche mais uso o transporte colectivo sempre que é factíbel, ou sexa, no 95% dos desprazamentos.
Todo traxecto menor de 20 minutos o fago andando.
Entre cidades normalmente vou en coche pero estou desexando que o tren tarde polo menos o mesmo que o automóbil para usalo.
A mobilidade é complexa e require unha xestión e solucións diversas, sempre coa prioridade do transporte público e facilitando os sistemas máis simples, nas áreas urbanas camiñar e pedalear, nos desprazamentos máis curtos.
Hai que usar máis os pés, e menos a cabeza, digo o coche.
Ecologistas melones...verdes por fuera, rojos por dentro.
No hay que hacerles ni caso. La última vez que apareció el barquito de "Grinpís" por Vigo salieron a leches...
Ninhada de ratos!!!!!!!!
Simplesmente: OPOSIÇÃO!
O PSOE e o BNG são socios de go-ver-no!
PSOE y BNG son los perdedores de las elecciones municipales y autonómicas, quedando en segundo y tercer lugar muy por detrás del ganador, el Partido Popular.