Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
outra mobolidade é posibel!!

O sábado 22 de setembro celébrase a primeira Masa Crítica Galega

O vindeiro sábado 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, terá lugar a 1ª masa Crítica Galega. Sairá ás 12:30 da Alameda de Santiago de Compostela, realizando un percorrido polas rúas da cidade. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia. Posteriormente terán un xantar colectivo no Parque de Bonaval completándose o programa de actividades coa proxección do documental “Return of the Scorcher” ás 17:00 no centro social O Pichel na rúa Sta. Clara. Este documental describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco. Ao remate da proxección desenvolverase unha mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia e o seu futuro.

Verdegaia - 14:23 20/09/2007
Tags:

Que é a Masa Crítica?

A Masa Crítica é unha “coincidencia organizada” de ciclousuarios/as na que se realiza un paseo colectivo pola cidade. O movemento tivo a súa orixe en San Francisco no ano 1992 estendéndose rapidamente a outras cidades. Actualmente hai máis de 350 cidades celebrando a Masa Crítica. En Galicia hai catro masas críticas en actividade:

A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita.

Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia (xunto á caseta de turismo)

Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América

Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios



Porqué o nome de Masa Crítica?

O nome ven dun fenómeno que acontece en China, no que os ciclistas adoitan non poder cruzar as intersecións debido ao tráfico de automóbiles e a ausencia de semáforos. Así, amoreanse cada vez máis ciclousuarios/as no cruce ate que chegan a un número suficiente (Masa Crítica) que permita, pola forza do número, parar o tráfico mentres pasan pola interseción.


Con este evento os ciclousuarios e ciclousuarias de Galicia pretendemos desenvolver uha xornada lúdico-reivindicativa chamando a atención sobre a necesidade de rehumanizar as cidades, hoxe en día couto privado dos automóbiles. Un elemento fundamental nesa humanización é a bicicleta. A bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. É o instrumento fundamental para dar un xiro radical as políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas e, integrada co transporte público colectivo, solucionar os problemas que o automóbil particular está a ocasionar na nosa sociedade. Supón unha actitude vital, de respecto ao medio ambiente e ás persoas. E como tal debe ter un papel central na mobilidade urbana e interurbana.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: