Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVA VERSIÓN DE 'TRADUCÍNDOTE'

Xa se poden traducir ao galego arquivos de Word en castelán

O estudante de Marín autor deste programa pide tolerancia ante os comentarios ofensivos que recibiu por non traballar coa combinación inglés-español

Redacción - 16:25 20/09/2007

O programador de Traducíndote, Oscar Hermida, acaba de lanzar unha nova versión deste eficaz tradutor automático de software libre. Por vez primeira unha ferramenta deste tipo é quen de traballar con arquivos de Microsoft Word, o editor de textos máis popular, na língua do país.

Traducíndote verte do galego, o portugués e o catalán ao español, e viceversa. En realidade funciona coa base lingüística creada pola iniciativa pública Apertium, tamén de software libre.

A facilidade coa que calquera pode engadir novas funcionalidades a Apertium -como neste caso a tradución de arquivos “.doc”- é unha proba das vantaxes que o uso de código aberto aporta á creación de programas informáticos en galego

Ataques polas linguas empregadas
Por último, cómpre sinalar que na súa web, Oscar Hermida laméntase de ter “tido que aguantar todo tipo de comentarios, algúns deles ofensivos, e correos a raíz dos pares de idiomas que permite traducir”.

O autor -que é alumno do Instituto Chan do Monte de Marín- defende que se invistan máis cartos públicos en ampliar o abano de idiomas de Apertium. “Cantos máis idiomas se traduzan automaticamente mellor, e de todas as combinacións posíbeis, como se existe un tradutor do élfico ao español, si unha asociación de frikis quere… ¿porque non?” preguntase o informático, quen tamén pide “tolerancia” aos usuarios.


4,92/5 (24 votos)

Comentarios (10)

guillerme #1 20/Setembro/2007 guillerme

Sinceramente, estou moi orgulloso de pertencer a unha patria onde segue a haber homes como Oscar Hermida; con accións coma esta o país avanzará cara a normalización do galego, aínda que queda moito por facer.

BonKarallan #2 20/Setembro/2007 BonKarallan

Parabens a Oscar Hermida. Un tradutor mellor que o da Voz de Galicia: "Máis samba e menos criticar".

http://sli.uvigo.es/tradutor/

O_Castrexo #3 21/Setembro/2007 O_Castrexo

Vaia. Lamento moito que tivese que aturar vexacións. Imaxino que virían por parte dos sectores lusistas e españolazos xa que parece que traballa con galego, portugués, español e catalán.

En fin, a seguir traballando! Grazas inmensas Oscar Hermida por loitar pola nosa lingua! ;)

A miña solidariedade porque eu tamén son vítima dos seus ataques constantes. É de gratísss?

antonmoura #4 21/Setembro/2007 antonmoura

Ola a todos, en primeiro lugar felicitacións a Óscar polo seu traballo. Solo queria aportar un pouco de información dado que percebo algunha confusión. Si visitades a páxina de Traducíndote, veredes que está baseado no motor de tradución Opentrad-Apertium. Traducíndote aporta plug-ins sobre ese motor de tradución, como son a posibilidade de traducir documentos odt, latex e agora documentos word, pero non é un motor de tradución en si. O motor de tradución automática Opentrad-Apertium é o mesmo que utiliza a Voz de Galicia. Antes de soltar esloganes seria mellor informarse un pouco mais.

maraghota #5 21/Setembro/2007 maraghota

pode-se saber em que parte da página da Voz de Galicia se diz com que motor de tradução automática está feita a sua verão em galego?

eliweb #6 21/Setembro/2007 eliweb

os galegos precisamos traductores ou tradutores porque ningún galego sabe escribir galego, con todos eses linguistas ilustres, cursis e repunantes estudiando os fenómenos rurais que fixeron posible a supervivencia do noso idioma durante séculos, agora estes linguistas arroutados saben maís do galego ca nós mesmos. sen embargo, perdón, porén, o maraghota, non consinto que ningun galego me diga como teño que falar ou escribir galego, e se non che gusta vaite para portugal ou senón cando queiras ver mundo subeté a un outeiro, capisci?, mensch! Nie Jachu

Gaviotero #7 21/Setembro/2007 Gaviotero

Grandioso...:)

BonKarallan #8 21/Setembro/2007 BonKarallan

:-X

teixugo #9 21/Setembro/2007 teixugo

Ninhada de ratos!!!!!!!!

Simplesmente: OPOSIÇÃO!

O PSOE e o BNG são socios de go-ver-no!

Dias #10 25/Setembro/2007 Dias

Já se podia... bastava aplicar a opçom de traduçom do castelhano ao português. Agora o que temos é mais um programa de traduçom castelhano-castelhano, onde as diferenças som mínimas (como convém).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: