Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PESE Á MELLORA DA ECONOMÍA

Traballadores galegos e estremeños cobran os salarios máis baixos

Mentres que en Galiza o salario mensual bruto é de 1.382 euros, en Madrid sobrepasa os 2.000 euros e en Cataluña e Euskadi achégase aos 1.900.

Redacción - 18:55 20/09/2007

Un operario galego cobra, como medio, un soldo bruto de 1.382 euros, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), o que significa algo máis de 300 euros cá media estatal. Tan só os estremeños, con 1.336 euros teñen pagas máis baixas. Pola contra, os mellores salarios seguen a concentrarse en Madrid (2.004 euros), Cataluña (1.879) e Euskadi (1.872).

Os salarios medraron en Galiza un 3,5%, un aumento a todas luces escaso xa que en 2006 a economía do país medrou un 4,1%, dúas décimas por riba da media española.


5/5 (2 votos)


Comentarios (5)

OBSERVADOR #1 20/Setembro/2007 OBSERVADOR

E qual é a notícia?

BonKarallan #2 20/Setembro/2007 BonKarallan

Pois que está xustificado que se suban o soldo os da Xunta.

ulo #3 21/Setembro/2007 ulo

A suba dos 15 mil euros aprobada polos grupos no parlamento galego é para compensar a diferenza.
Un traballador de a pé madrileño ou de donde sexa non cobra moito máis cun galego-nalgun caso bastante menos, segun convenio colectivo-, a cousa esta en que na Galiza non ha executivos, executivillos, etc., que teñen os seus salarios inflados polo papel que cubren nas empresas (os yuppies dos anos 80/90). Pois istos suben a media. Porque, normalmente cobra bastante máis o "yuppie" da empresa que non fai ren, que o traballador da fábrica ou o comercio.
A Xunta, para equilibralo, e en vez de potenciar a suba dos salarios dos traballadores, non vaia ser cos "nosos" empresarios collan e se vaian a outros lugares con baixos salarios, vai e sube os dos "executivos".
Pidamoslle a Xunta que si quere, que suba a todos os traballadores da administracion, non só os que voluntariamente van a un cargo politico, os 15 mil euros, creando un "efecto chamada", que diría o PP, na privada; e na privada os tralladores e as traballadoras do textil, da conserva, da hosteleria, etc., vaian nese camiño.
Asi resolveríase a fenda entre os traballadores galegos e os demáis.

ecoe #4 21/Setembro/2007 ecoe

E a fenda achícase tamén autosubíndose o seu salario as suas di(s)putadas señorías por riba do IPC, dando así exempro de saída para as subidas salariais dos convenios!

Agora, no entestado da noticia, falas SÓ de traballadores!

Fíxense que brutos son os salarios que a maioría dos traballadores non son nin mil€uri$tas, pero sumados cos que din que traballan, dá unha media de case 1400 OUROS!

Tamén se pode tirar de ahí que por diversos mecanismos (seguridade social, renda, accidentes -!!-) case se evaporan 400 de media. Non estaremos a aguantar das gañancias da minoría máis rica do sistema?

ecoe #5 21/Setembro/2007 ecoe

Por certo: unha mostra máis e ben doada de que as milloras da economía NON MILLORAN ÓS TRABALLADORES! (A burguesía empresarial é marxista, pero do revés, xa o era o Ramilo, o seu chefe na Patronal!)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: