Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entre elas está Ence, na ría de Pontevedra

Grupos ecoloxistas reclaman a reconversión das empresas que usan mercurio

As industrias analizadas, entre as que se atopa Ence, emiten máis de 4 mil nanogramos por metro cúbico de mercurio, a pesar de que o máximo permitido pola OMS é de mil.

Redacción - 19:25 20/09/2007
Logo da campaña internacional 'Mercurio cero'

Logo da campaña internacional 'Mercurio cero'

Ecoloxistas en Acción e Verdegaia reclamaron na quinta feira o peche ou a reconversión das empresas clorocáusticas, aquelas que empregan o mercurio nos seus procesos de produción, debido á súa toxicidade.

Tamén esixiron que se indemnice a todos os afectados polas emisións de mercurio, e que se limpe o chan e a auga que estas empresas contaminaran coa súa actividade. Para propoñer unha alternativa ao mercurio, os ecoloxistas falaron da tecnoloxía de membranas, que é "limpa e máis barata" e que se pode empregar para realizar o mesmo proceso.

Campaña internacional 'Mercurio cero'
A Campaña 'Mercurio Cero', que xa leva dous anos funcionando, ten o obxectivo de reducir os niveis de emisión de mercurio que parten, fundamentalmente, "de industrias de combustión de carbón e de certos procesos industriais e empresas clorocáusticas", segundo indicou a responsábel da área de residuos de Ecoloxistas en Acción, Leticia Baselga.

Apoiados pola Universidade de Castela-A Mancha, realizáronse medicións aleatorias no ámbito de tres empresas fabricantes de cloro: Ercros, en Flix (Tarragona); Elnosa, en Pontevedra; e Solvay, en Martorell (Barcelona).

Ence, a menos contaminante
As mostras recollidas no ámbito aéreo destas industrias sitúan a Elnosa (Ence), situada na ría de Pontevedra, como a menos contaminante, cun valor de 1.244 nanogramos por metro cúbico. Vai seguida de Solvay, con 3.890, e Flix, a máis elevada, con 4.793 nanogramos por metro cúbico.

Na rolda de prensa tamén estaba presente a secretaria de APDR (Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra), María Peón, quen demandou o "peche urxente" da empresa Elnosa, xa que, segundo dixo "non ten sentido dende hai moitos anos, dende que Ence deixou de necesitar cloro para a pasta de papel, que agora branquexa con osíxeno".

Peón tamén solicitou a investigación dos datos de mercurio sedimentados no fondo da ría e nos bancos marisqueiros, debido ás verteduras de Elnosa e lamentou o "silencio administrativo, posto que, tanto Ence como Elnosa, están a funcionar sen licenza, e están a aproveitar ao máximo os prazos administrativos que lle concede a lei".

Os efectos do mercurio
Durante a rolda de prensa, os representantes de ámbalas dúas asociacións ecoloxistas falaron da alta toxicidade do mercurio, xa que se introduce na cadea trófica e causa danos nos riles, no fígado, e no sistema inmunolóxico, e provoca perdas de memoria e visión borrosa, constituíndo un perigo para a formación do cerebro.

Na actualidade, o Ministerio de Medio Ambiente e o sector do cloro teñen un acordo para a reconversión, cun prazo que foi ampliado até 2020.

No estado español hai actualmente 9 empresas clorocáusticas, e só unha delas non emprega mercurio para a súa produción.


4,2/5 (5 votos)

Comentarios (4)

Gaviotero #1 21/Setembro/2007 Gaviotero

Y la sociedad pide la reconversión de los grupos ecologistas, que son una banda de farsantes antiecológicos.

teixugo #2 21/Setembro/2007 teixugo

Ninhada de ratos!!!!!!!!

Simplesmente: OPOSIÇÃO!

O PSOE e o BNG são socios de go-ver-no!

ecoe #3 21/Setembro/2007 ecoe

Tranquilos que con ENCE/ELNOSA temos efectos afrodisíacos nas augas do mar asegurados por xeneracións, convivindo perfectamente -unha amosa máis, a industria e o ambente, que alguén por aquí reclama-, como é o caso, na ZONA DE MARISQUEO do banco de Lourizán, centro dos desagües e do depósito de lodos.

As empresas celulósicas, sempre xenerosas cas poblacións circundantes (don balón, camisetas de fútbol para calquera, o cloro que purifica a auga que bebes...etc), por si tamaño regalo fora cativo, tamén lle poñen o mercurio, para que o sol faga os efectos pertinentes nos degustadores do mexilón e ameixas de Lourizán e Poio.!

ecoe #4 21/Setembro/2007 ecoe

E de paso que reciclen ós extranos voadores carcoma en materia inerte

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: