Porén, o castelán seguirá a ser o idioma "prioritario" como até o de agora.
A Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) anunciou esta quinta feira que na nova versión da súa web corrixirá todos os topónimos galegos errados na antiga edición anterior e que non concordan coa normativa lingüística vixente.
Segundo informou o Ministerio de Medio Ambiente español, "a reforma cumprirá todos os requisitos legais estabelecidos pola lexislación dos idiomas cooficiais" do Estado español.
A CHN lamentou os "inconvintes" que esta situación puidese ter causado e atribuíulle as incorreccións á utilización de documentación histórica "propia do organismo", que está "próximo a cumprir 50 anos" de existencia.
Ademais, alegou que os erros tamén derivan do "uso material alleo ao organismo", como documentación xeográfica e topográfica que "non foron obxecto dunha axeitada revisión" polos seus autores.
Por último, a CHN recordou que o español seguirá a ser o idioma "prioritario" da nova web como até o de agora, mais que isto "non entrará en contradición" coa "rigorosidade" da toponimia oficial, que se coidará "ao máximo".
O que hai que facer é xa construír a Confederación Hidrográfica do Miño e perder de vista a esta Confederación, con sede en Oviedo, onde están os sectores ultramontanos españois que non aceptan a nosa lingua, cultura e toponimia. É así de sinxelo.
Pues claro que el castellano seguirá siendo el idioma principal, porque es la ÚNICA lengua oficial de todos los territorios de la Confederación.
Ninhada de ratos!!!!!!!!
Simplesmente: OPOSIÇÃO!
O PSOE e o BNG são socios de go-ver-no!
Queremos cunca hidrográfica propia e independente, tamén!
Que o corrixan non vaia ser que, como no embalse de Caldas, só hai un par de anos, volvan a por os topónimos -e tamén a flora e a fauna- do Mediterráneo!
Hoxe é a Confederación Hidrográfica, onte foi calquera ministerio e maña será calquera outro organismo da administración central. Imos camiño das tres décadas en que a única forma oficial dos topónimos do noso país é a galega e semella que en España aínda non o saben. Tanto incumprimento reiterado da legalidade dá que pensar respecto da incapacidade do estado español para aceptar a realidade galega que mesmo non cumpren algunhas das leis dese estado (A Xunta de Galicia tamén é estado)
"ADEMAIS, Francisco Jorquera TAMÉN critica que a web da Confederación hidrográfica do Norte careza de versións nas outras linguas propias dos territorios sobre os que estende o seu ámbito de actuación: galego, asturiano e basco" (as maiúsculas son miñas).
E pregunto: se a portada da CHN estivera nas linguas propias dos territorios ós que estende a súa actuación aparecerían os topónimos e hidrónimos en formas deturpadas?
E respondo: probabelmente NON!
O problema dos nomes de lugares, ríos, encoros ou outros espazos évos un problema accesorio ó da lingua usada. Isto é, v.g. falando en galego na Coruña, ...na Galiza, a ninguén se lle ocorre dicir *La Coruña. Só se lles ocorre dicir *La Coruña ós que falan en castelán ou coñecen ese topónimo desde lingua distinta á propia da Galiza.
Daquela, o problema non é de topónimos e hidrónimos como problema principal e o da portada da CHN en galego como problema secundario senón precisamente ó revés: o problema principal évos a carencia de portada da CHN nas linguas propias dos territorios ós que estende a súa actuación, e secundario ou accesorio o dos nomes de lugares, ríos ou outros elementos espaciais!!
Polo que xa se ve o Ministerio ten intención de que a portada da CHN estexa correctamente (cos topónimos legais e oficiais!) EN CASTELÁN! Mais, infrinxindo o art. 14 CE.
Cabe salientar a estratexia do BNG consistente en pedir como principal o que si están dispostos a darlle e, por outra banda, obviar o esencial, poñéndoo como secundario porque sabe que non llo van conceder.
Esta será unha estratexia útil desde a óptica electoralista; mais, absolutamente antigalega ou galegoexterminadora: non persigue o uso do galego, senón simplemente o uso correcto do castelán.