Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Díaz Pardo e Ramonet son algúns dos que apoian a petición do Comité Cidadán.
Os colectivos que se opoñen á planta de gas de Reganosa fixeron público este sábado o nome de máis de 150 intelectuais e artistas que apoian as súas reivindicacións. Nun acto celebrado na Facultade de Humanidades de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol volveu pedirlle ás administracións deneguen a autorización definitiva para o funcionamento comercial da planta.
O voceiro do colectivo, Eliseo Zahera, lembrou que a polémica planta aínda se atopa en fase de probas e esixen que se lle denegue o permiso último. Ademais pídenlle á Xuta que “reoriente a súa política enerxética”; ao Concello de Ferrol que reclame ao Tribunal Suprema que faga firme a sentenza de 2004 que anulaba a tramitación ambiental de Reganosa; e ao Concello de Mugardos que revise os permisos das instalacións.
Segue o peche de veciños
Este domingo cumpriranse dous meses de peche no consistorio de Mugardos. Os veciños reclaman unha entrevista co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e co ministro de Industria, Joan Clos. Cantantes como María Manuela, escritores como Lino Braxe e actrices como Mabel Ribera participan este sábado en actividades de apoio aos pechados.
¿Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Díaz Pardo e Ignacio Ramonet INTELECTUALES? ¡¡¡JAJAJAJAJA!!!
Gavioteiro, non che pases!! Non insultes ós galegos e a Galicia.
Eso digo yo...¿en nombre de quién hablas tú? A mí esa banda de mediocres sectarios, autodenominados intelectuales, me parecen como a la mayoría de los gallegos, una desgracia para nuestra sociedad.
Estos y no otros son los que callaron durante los incendios del año pasado, cuando debían haber estado con la sociedad gallega.
Intelixente medida!! Trasladar unha planta recen inagurada... Para colaborar suxiro que con unha nave espacial (poden pedirlla os nacionalistas marcianos) levanten as toneladas de formigon e a leven a outro sitio! De paso tamen poderían levar os empregados o PIB que xenera reganosa para Galicia.
!Hai que falar con xeito e antes de que se fagan as cousas!
Tam inteligente como paralizar o enterra dinheiro de Monte Gaias. Tanto o lugar de Reganosa como o mausoléu fraghiano som mostra do depotismo e a corrupçom do P.P. e da continuidade com o mesmo dos cuitados e covardes do P.S.O.E. e BLOQUE
Outro colaborante máis entre medio ambente e empresa (non é ningunha industria): acaso non ten nada a ver a localización? Pódese colocar na tua casa, na tua finca e no teu pobo calqueira tipo de instalación comercial7industrial7residual, etc. sin ningunha outra consideración?
Dinos onde vives que firmaremos para alí as maravillosas ubicacións que desbotamos. Por certo: tí alí tamén, sin largarse, eh? Éso que ti practicas chámase tamén ncionalismo? Vaites, vaites!
O de reganosa é de vergoña. Sobre todo porque o estemos discutindo ¡cando a planta xa está feita e non catro anos atrás!
O atraso no debate é só cousa da Xustiza e dos políticos, non dun movimento que xa leva protestando desde 1999. Deixa de o argumento do "tarde piastes" e comezade a esixir legalidade nas actuacións e transparencia nas decisións, que a vós si que se vos ve "o plumero".
Qué pode importar cando se recciona ou non -nunha sociedade paralisada, na ética e no pensamento- cando os organismos competentes asaltan as suas propias normas, qsue como moi sabido é, só están para cumprimentar os demáis que non son goberno ou empresariado, claro está, só para acataren as maiorías`populares. Aqueles están POR RIBA da lei.
A veces conviría reflexionar un chisco anque nada máis fora.
"A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate."
todo o que está a suceder ca planta de mugardos é unha vergoña. dende a súa ubicación até a teima, por parte dos seus xestores, por facer entrar polo ollo da agulla ó camello.
non me vou pronunciar eu acerca de seu futuro, acerca da súa prohibición ou non; doutores terá a igrexa cobrando do erario público para solventalo entorto, pero coido que sí debemos remexer no pasado, coñecer as responsabilidades de que se tope donde se topa e non no porto exterior, coñecer por que foi artellada entre silencios e prebendas e saber con exactitude ó alcance da inversión. non se pode centrar todo na suposta teoría de que é unha planta estratéxica para a nosa economía e listo. coido que irregularidades está claro que houbo; terá que sela xustiza, tan alonxada case sempre do pobo, a que terá a obriga de discernir si houbo delitos neses procederes. e mentras tanto está ben que a xente se posicione, que uns e outros saquen a cara.
e por moito que lle pese a gavioteiro, eses exemplos que saen arriba sí so os nosos intelectuais. e non soio eso, son unha boa parte dos alicerces nos que se asenta a nosa nazón. pode ter razón en que non foron apagalos lumes do verán pasado, pero coido que se equivoca gravemente si non é capaz de recoñecer a estas e outras figuras como exemplos a seguir.