Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CIDADE DA CULTURA

O ex conselleiro Pérez Varela bótalle a culpa dos cambios no Gaiás ás "manías" de Einsenman

O que fora máximo responsábel da Consellaría de Cultura, di que a anterior Xunta tivo que apandar porque as obras podían pararse.

Redacción - 18:45 23/09/2007

O ex conselleiro de Cultura non ten dúbida, sabido o sabido, volvería apostar pola Cidade da Cultura tal e como fixo no seu momento. Nunha entrevista na Radio Galega, sostivo que o executivo popular tivo que "tourear co arquitecto que, como todos os artistas, teñen as súas manías". Con estas sorprendentes palabras explicou a razón pola que un proxecto que contemplaba 72.000 metros cadrados acabou en 105.000. Referíndose a Einsenman afirmou que "o Goberno non tivo máis remedio que aceptar algúns dos reaxustes que pediu porque, se non, como é o dono intelectual da obra, é quen de parala"

Xesús Pérez Varela asegurou ter a conciencia moi tranquila e dixo non temer enfrontarse á comisión parlamentaria que investigará as posíbeis irregularidades no Gaiás. O ex conselleiro cre que non se fai xustiza cun proxecto que considera que está chamado a converterse nun dos emblemas culturais máis importantes de Europa.


5/5 (1 votos)


Comentarios (5)

DanielErreCe #1 23/Setembro/2007 DanielErreCe

Se non che gustan as noticias: mata o mensaxeiro.

Algúns non cambiarán nunca. Madía levan. Os malversadores deberían estar no cárcere.

norberto #2 24/Setembro/2007 norberto

Pobriño arquitecto,claro se non facia o que queria collia unha perrencha. Pero vamos a ver,se ese tipo non estaba contento k fose lavantar o mausoleo á Antartida. O peor e que os fraguianos nos sigan tomando por parvos,¿non irian mellor invertidos os cartos en calquera tipo de obra social(sanidade,atencion os maiores.....)? Se manoliño queria un panteon que o mercase na sua parroquia. Que deixen de rompelo collon e se vaian dunha pu.. vez joder. Galiza non se rende,galiza non se vende.

felipin #3 24/Setembro/2007 felipin

¿Este non era o que "tiña a manía" de chamarlle Carmiña Burana os Cármina Burana?
Moito rebumbio para pouca cousa.
Se fomos quen de montar unha planta de gas dentro dunha ría có acceso condicionado polas mareas. Se non houbo problema en pasar de non ter un porto exterior a ter dous a menos de 30 millas un do outro. ¿Qué son uns millóns de mais nun centro cultural?
¿Caprichos do arquitecto? Se fora polo protágonista do artigo tíñamos un xigantesco hórreo central con pallozas periféricas, todo adornado con gnomos de xardin ... ¡e contentos!

carlosroca #4 24/Setembro/2007 carlosroca

Proposta de plano de traballo do BNG feita no Rexistro do Parlamento:
http://www.gznacion.com/web/no...

carlosroca #5 24/Setembro/2007 carlosroca

Pero que rostriño ten, se xa no momento da adxudicación do proxecto se falaba de que o custe sería moi superior....
Por outra banda había o empeño de que o mausoleo de Fraga o asinase o arquitecto máis prestixioso e Eiseman era ese home.
Outra cousa é que a Voz pouco falaba disto, ainda recibian os cartos do propio Pérez Varela, que curioso!!??
Por outra banda sempre está presente a pelexa localista entre Santiago como capital de Galiza e os poderes coruñesistas que non queren perder influenza, eis unha das razóns da posición deste grupo de comunicación....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: