Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOLUCIÓN SEN PRECEDENTES

O PPdeG pide que unha das súas deputadas vote por internet

Por mor do embarazo da parlamentaria por Ourense, Amparo González. A outra vía, máis complicada, é que delegue o sufraxio en Núñez Feijoo.

M. V. - 12:25 24/09/2007
A deputada popular Amparo González

A deputada popular Amparo González

O Partido Popular de Galicia (PPdG) anda a busca de alternativas para a que súa deputada Amparo González exerza o seu voto cando estea de baixa polo seu actual embarazo. Os conservadores barallan dúas opcións, que González delegue o voto en Alberto Núñez Feijoo, ou que a parlamentaria vote a través de internet; solución sen precedentes no sistema parlamentario galego e estatal.

Con todo, a opción do sufraxio en liña ten posibilidades de saír adiante. E é que o Regulamento do Parlamento de Galicia non recolle que se poida delegar o voto. O sufraxio dos deputados é persoal e intransferíbel, mesmo cando abandonan o seu grupo parlamentario.


Precedente en Cataluña
Fontes parlamentarias explican que, para que o líder dos populares poida pronunciarse no lugar da deputada, sería necesario unha modificación do Regulamento. Dende o Grupo Parlamentario Parlamentario sinalan que xa existe un precedente no Regulamento Parlament de Cataluña, que admite a delegación especificamente para casos de baixas por maternidade.

En todo caso, a proposta aínda non foi presentada de xeito oficial á mesa da Cámara, aínda que a intención do PPdG é facelo durante esta semana.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (5)

jujolor #1 24/Setembro/2007 jujolor

nos cando esteamos de baixa no traballo, o faremos por internet o senon delegamos nun compañeiro pra que fago a seu tramallo a mais o meu, ve pra creer.Craro si non o conquiren sera unha persecucion cara a eles.


SEMPRE EN GALIZA.

sanquera #2 24/Setembro/2007 sanquera

non será o PP o que copie as iniciativas dos separatistas catalans ou agora xa non son diaños que rompen españa

carlosroca #3 24/Setembro/2007 carlosroca

Pois tenvos toda a razón, hai que buscar unha solución para que unha parlamentaria de baixa por maternidade poida exercer o seu voto, e isto non é unha baixa calquera polo tanto ten que entrar inmediatamente a conciliación, ou é que os homes temos que coller unha baixa por paternidade, non, verdade?, é un permiso....

Que diriamos se fose do BNG ou PSOE?. Que pasará cando sexa unha muller do BNG ou PSOE a que teña a baixa por maternidade, imos dicir o mesmo. Non verdade?

O que si lamento é que PP leve a dianteira nisto, da moito que reflexionar e da necesidade de poñernos as pilas, non é?

Pois ala a refomar os regulamentos para que a maternidade non sexa un atranco da participación das mulleres nas política, e compartamos todos a responsabilidades e conscuencias que isto leva.

Ith #4 26/Setembro/2007 Ith

E verdade, e ten razón no que di CarlosRoca, sexa PP, PSOE ou BNG, no tocante á igualdade non debería haber divisións políticas... aínda que sempre se manexarán intereses.
Sorprendeume ve-lo PP levando a cabo unha proposta social, e dicir, que non favoreza tan só a neoburguesía, pero non todo vai ser malo...

carlosroca #5 26/Setembro/2007 carlosroca

Malo é cando non o PP leva a dianteira nisto, é para facérnolo mirar...:-(

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: