Porén, socialistas e nacionalistas coinciden na necesidade de que compareza canda Touriño.
Fraga por Touriño, esta é a chiscadela que lle fan os populares aos socialistas. A formación conservadora presentou este luns a súa proposta de traballo para a comisión parlamentaria. Pide que se chame a declarar a quince persoas, encabezadas pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o seu predecesor, Xesús Pérez Varela; e o alcalde de Santiago, Xosé Antón Sánchez Bugallo. Ademais, os populares esixen un “principio de reciprocidade”; é dicir, se se chama a un responsábel da anterior administración hai que facer o mesmo co seu homólogo actual.
Pola súa parte, o BNG quere unha investigación moito máis completa. En total son 26 persoas as que os nacionalistas cren que deben dar explicacións, entre as mesmas atópanse tamén o Manuel Fraga, Emilio Pérez Touriño e o ex conselleiro de Economía Xosé Antón Orza. O propio PSdeG coincide na necesidade de que compareza Fraga e non pon obstáculos a que o faga Touriño.
Sexa como for, nas filas socialistas e nacionalistas dase por feito que Manuel Fraga vai ser chamado a declarar. Aínda que están dispostos a negociar unha lista consensuada, a presenza do que fora máximo responsábel da Xunta semella unha cuestión irrenunciábel.
Son o colmo os peperos.... Fan as cousas como se non foran con eles.
Na Transicion amnistiaronse os seus delitos (o sr. Fraga ten nas súas mans a sangue dos obreiros de Vitoria e os carlistas en Montejurra), e pensan que teñen patente de corso.
Ou acabamos coa súa patente de corso, ou eles acaban con nós. Non esquezamos que si algun non perdoa son eles, os da dereita.
A esquerda domesticada ten a mala costumbre de perdoar; e logo pasa o que pasa, que os "amnistiados" convirténse nos administradores das libertades democráticas.
Non esquezamos. Sr. Fraga se cometeu delitos (prevaricacion é máis que evidente), responda por eles. A pena é que xa non ten idade para ir a prision, máis os seus complices, si.
Nin olvido nin perdon, castigo os responsabéis.
Non me estraña nada que non queiran que Fraga compareza nesa comisión parlamentar. A Fraga non hai quen o faga calar e agora que non é o presidente pode largar cousas do máis improcedente para os intereses do PP en Galiza. Eis don Manuel, un fascista malamente reconvertido.
non he de extranar sempre fan o mesmo, tiran a pedra e agacha a man.Nesa comision debe sair todo a a luz coma dixo algun do PEPE
"con luz y taquigrafos".
SEMPRE EN GALIZA
Que veña Fraga! Que cando fala parece que nada teña a ver con el, si, coido que debe crer que ten patente de corso, Ulo, e se cadra a ten nesta monarquía constitucional... Lástima que o bipartito non tivese o valor de parar as obras malia todo o custe administrativo de romper coas contratas previas, que tamén entendo, pero o espectáculo de non ter o valor de parar o proceso e agora tentar lexitimar a continuidade do mausoleo remexendo no pasado, éme penoso. Se non foron capaces de romper, que apanden. Agora queren continar e gardar as formas coma se lles fora unha obriga imposta. Eles tamén teñen responsabilidade na continuación das obras, así que veña Fraga e todos e todas!
A min o do principio de reciprocidade este que se sacan da manga os do PP, paréceme de chiste, segundo esto, no caso de que se solicite a comparecencia dalgún membro do goberno anterior, tamén se ten que chamar ó seu homólogo no goberno actual, se ven Fraga, tamén Touriño, se ven Nuñez Feijoo, tamén Quintana, etc. Pode parecer o correcto se non fora porque nen existen o mesmo reparto de funcións, e polo tanto de responsabilidades en postos homólogos, nen sequera existen hoxe postos que existían no pasado. Outra vez xogando ó despiste.